ÚLTIMAS ENTRADAS : " "DANAKIL IV: DALLOL: A EXCEPCIÓN" "OS AFAR" "A RUTA 6 (I)"
gadgets para blogger
XORNADA DE REFLEXIÓN

Encántanme os mercados, gústame moito facer retratos en mercados, cando a xente está traballando e, ás veces… folgando. Subirei moitas fotos de mercados ao blog seguramente, así que terei que ir pensando que vou contar cando as amoxe.
 
Me encantan los mercados, me gusta mucho hacer retratos en mercados, cuando la gente está trabajando y, a veces…descansando. Subiré muchas fotos de mercados al blog seguramente, así que tendré que ir pensando que voy a contar cuando las muestre.
O mercado dos sábados en Santiago de Compostela representa unha amálgama de persoas (que venden, que mercan, turistas, etc.) que lle dá unha vitalidade e dinamismo que, incluídos nun marco arquitectónico, se manifesta en todo o seu esplendor e, cando se pechan os enreixados, cando remata a actividade, dá paso a una lus e gamas de grises distintos, que lle confire a pedra na que se albergan os distintos postos da mercadoría.


El mercado de los sábados en Santiago de Compostela representa una amalgama de personas (que venden, que compran, turistas, etc.) que le da una vitalidad y dinamismo que, incluidos en un marco arquitectónico, se manifiesta en todo su esplendor y, cuando se cierran las verjas, cuando remata la actividad, da paso la unha lus y gamas de grises distintos, que le confiere la piedra en la que se albergan los distintos puestos de la mercancía.

As miñas testemuñas gráficas céntranse no solpor da actividade, a partir do ecuador dun día de traballo no que as vendedoras e os vendedores quedan na compaña da mercadoría que aínda agarda ser vendida.

A gama de grises que amosa a plena actividade no mercado resulta abraiante, se ben paga a pena unha nova visita.
 
As fotos que decidín compartir con vós, están creadas sempre dende o máis profundo respecto a todas as persoas que aparecen nelas e as súas dignas profesións, e tamén, dende os meus agradecementos a eses produtos de excelente calidade, dignos da mellor tenda “gourmet”… semana tras semana. 

Mis testimonios gráficos se centran en el solpor de la actividad, a partir del ecuador de un día de trabajo en el que las vendedoras y los vendedores quedan en compañía  de la mercancía que aún espera ser vendida.
 
La gama de grises que muestra la plena actividad en el mercado resulta pasmoso, si bien merece la pena una nueva visita.
 
Las fotos que decidí compartir con vosotros, están creadas siempre desde el más profundo respeto a todas las personas que aparecen en ellas y sus dignas profesiones, y también, desde mis agradecimientos a esos productos de excelente calidade, dignos de la mejor tienda gourmet… semana tras semana.





Rematada a xornada de traballo, dende o amencer ata ben pasadas as 3 da tarde, o silencio fai acto de presenza e albiscas pequenos carteis que denotan que ALGO VAI MAL.
 
Como non, A CRISE; a crise na que estamos metidos grazas aos nosos amigos políticos, entre outros colectivos, que conseguen trocar toda esa sinfonía de grises que percibe o meu obxectivo, nun negro profundo que ameaza ao futuro desta xente que día tras día ilumina o seu mercado co seu espírito animoso e traballador.
 

Rematada la jornada de trabajo, desde el amanecer hasta bien pasadas las 3 de la tarde, el silencio hace acto de presencia y vislumbras pequeños carteles que denotan que ALGO VA MAL.
 
Cómo no, LA CRISIS; la crisis en la que estamos metidos gracias a nuestros amigos políticos, entre otros colectivos, que consiguen cambiar toda esa sinfonía de grises que percibe mi objetivo, en un negro profundo que amenaza al futuro de esta gente que día tras día ilumina su mercado con su espíritu animoso y trabajador. Que contraste¡¡¡. Una gente que representa el ánimo vivo para hijos y nietos, y una clase política, a todos los niveles enquistada y que nos impide ver un futuro claro y esperanzador.



Que contraste¡¡¡. Unha xente que representa o ánimo vivo para futuras xeracións, e unha clase política, a todos os niveis enquistada e que nos impide ver un futuro claro e esperanzador.
 
As persoas, o edificio, Santiago de Compostela... ninguén sabemos de política  agás, claro está, os políticos e esoutros colectivos e algún outro beneficiario que se vai arrimando, ou xa está arrimado hai anos.
 
Esta xente non, esta xente só entende de traballar, de traballar a reo e de preocuparse polo porvir para os seus fillos-fillas e netas-netos, sen esquecer o seu presente.
 
Así que, que o meu voto vai para… ah¡ non que, agora que me fixo no letreiro non é unha convocatoria electoral, é unha convocatoria de FOLGA XERAL PARA O DÍA 29 DE MARZO.

Qué contraste,¡¡¡ Una gente que representa el ánimo vivo para futuras generaciones, y una clase política, a todos los niveles enquistada y que nos impide ver un futuro claro y esperanzador.
 
Las personas, el edificio, Santiago de Compostela... nadie sabemos de política excepto, claro está, los políticos y esos otros colectivos y alguno otro beneficiario que se va arrimando, o ya está arrimado hace años.
 
Esta gente no, esta gente sólo entiende de trabajar, de trabajar a reo y de preocuparse por el porvenir de sus hijos-hijas y nietas-nietos, sin olvidar su presente.
 
Así que que mi voto va para… !ah, no¡ que, ahora que me fijo en el letrero no es una convocatoria electoral, es una convocatoria de HUELGA GENERAL PARA El  DÍA 29 DE MARZO.
 
Reflexiona, sempre REFLEXIONA.
Reflexiona, siempre REFLEXIONA
 
O curioso é cando se coñecen os resultados; tanto ten que sexa convocatoria electoral ou de folga xeral, sempre aparece algún culpable de que o outro gañe ou perda, …

Lo curioso es cuando se conocen los resultados;  es igual que sea convocatoria electoral o de huelga general, siempre aparece algún culpable de que el otro gane o pierda…
Aí está a miña xornada de reflexión, sinxela pero sincera.
Logo seguirei coas fotos da India.
 
REFLEXIONA


Ahí  está mi jornada de reflexión, sencilla pero sincera.
Seguiré con las fotos de la India.
 
REFLEXIONA

Viaxar permítenos achegarnos a outros costumes e crenzas, outras formas de organización social, de interpretar a relixión e a sexualidade; outras arquitecturas e artes, outras músicas, outras gastronomías.
 Ábrenos a coñecer outras culturas e a aprender delas, enriquecéndonos de formas distintas de pensar; a recoñecer ao OUTRO do que podes aprender e co que podes compartir experiencias.

Axúdannos a asimilar outros xeitos distintos de vivir que veñen determinados pola cultura da súa sociedade, polas súas tradicións, e a valorar a importancia de todas as culturas e non só da nosa.

Criticamos e non estamos dispostos a admitir que unha muller musulmá poña un pano na cabeza, sen ter en conta que é un costume, ou que o fai por estética, por cuestión relixiosa ou, o máis importante, porque é unha forma de poder acceder aos espazos públicos, que doutra forma estarían reservados só aos homes.

Todo iso dános o mesmo. Iso si, asumimos e admitimos o sometemento a distintos tipos de dietas alimentarias, aínda que vaian acompañadas de fármacos, ou as diversas operacións de cirurxía estética que se fan cada vez en idades máis tempranas, aínda que ás veces impliquen riscos serios contra a saúde. Tamén temos asumidas enfermidades sociais como a anorexia ou a bulimia.

Parécenos que o punto de vista da nosa cultura ten que ser válido para toda a humanidade, sen ter en moitas ocasións nin o máis mínimo respecto polas demais.

Por exemplo, baixo o pensamento euroamericán consideramos un atentado aos dereitos humanos universais que sexa legal seccionar a man dun ladrón (como ocorre nalgúns países árabes), mentres nos ámbitos académicos discútese se é máis humana a descarga eléctrica, a inxección letal ou o gas na pena capital.

Cando visitei a India, concretamente o Rajastán (viaxe enriquecedora e impactante máis que nada polo contraste social e cultural) ademais das súas cidades (Jaisalmer, Varanasi, Jaipur, Calcuta…), do Taj Mahal ou dos templos hinduístas de Khajuraho, chamoume a atención  o seu  exotismo, a xente, a gran cantidade de relixións que poden convivir no mesmo territorio. É asombroso vivir ao límite da supervivencia e ter semellante sentido da relixiosidade.

Tamén choca coa mentalidade occidental propia deste noso "primeiro mundo" que se prohiba a matanza e a inxestión de carne das vacas mentres unha gran parte da súa poboación está infraalimentada; semella absurdo.

Pero cando te decatas que as vacas se alimentan  de produtos marxinais en absoluto útiles para o ser humano e que, polo tanto, non compiten cos homes polo alimento; que os seus excrementos se utilízan na construción dos chans das casas e tamén como combustible para cociñar, porque producen un lume lento que lle permite á muller dedicarse a outras tarefas; que son animais absolutamente necesarios para a tracción e o traballo dos terreos brandos polas choivas monzónicas... Cando tes en conta todos estes datos, non semella tan irracional nin absurda a devandita prohibición. Seica no noso "primeiro mundo euroamericán a eficacia enerxética da vaca é maior que a da India?; máis ben eu diría que todo o contrario.

 Desde a nosa cultura occidental e etnocéntrica, desde o noso "primeiro mundo", e en definitiva, desde a nosa ignorancia, permitímonos o luxo de xulgar sen considerar que as condicións económicas, políticas e sociais doutros países son radicalmente distintas das nosas.

Viajar nos permite acercarnos a otras costumbres y creencias, otras formas de organización social, de interpretar la religión y la sexualidad; otras arquitecturas y artes, otras músicas, otras gastronomías. Nos abren a conocer otras culturas y a aprender de ellas, enriqueciéndonos de formas distintas de pensar; a reconocer al OTRO del que puedes aprender y con el que puedes compartir experiencias.

Nos ayudan a asimilar otras maneras distintas de vivir que vienen determinadas por la cultura de su sociedad, por sus tradiciones, y a valorar la importancia de todas las culturas y no sólo de la nuestra.

Criticamos y no estamos dispuestos a admitir que una mujer musulmana ponga un paño en la cabeza, sin tener en cuenta que es una costumbre, o que lo hace por estética, por cuestión religiosa o, lo más importante, porque es una forma de poder acceder a los espacios públicos, que de otra forma estarían reservados sólo a los hombres. Todo eso nos da lo mismo. Eso sí, asumimos y admitimos el sometimiento a distintos tipos de dietas alimenticias, aunque vayan acompañadas de fármacos, o las diversas operaciones de cirugía estética cada vez en edades más tempranas, aunque a veces impliquen riesgos serios contra la salud. También tenemos asumidas enfermedades sociales como la anorexia o la bulimia.

Nos parece que el punto de vista de nuestra cultura tiene que ser válido para toda la humanidad, sin tener en muchas ocasiones ni el más mínimo respeto por las demás.

Por ejemplo, bajo el pensamiento euroamericano consideramos un atentado a los derechos humanos universales que sea legal seccionar la mano de un ladrón (cómo ocurre en algunos países árabes), mientras en los ámbitos académicos se discute si es más humana la descarga eléctrica, la inyección letal o el gas  en la pena capital.

Cuando visité la India, concretamente el Rajastán (viaje enriquecedor e impactante más que nada por el contraste social y cultural) además de sus ciudades (Jaisalmer, Varanasi, Jaipur, Calcuta…), del Taj Mahal o de los templos hinduístas de Khajuraho, me llamó la atención su exotismo, la gente, la gran cantidad de religiones que pueden convivir en el mismo territorio. Es asombroso vivir al límite de la supervivencia y tener semejante sentido de la religiosidad.

También choca con la mentalidad occidental propia de este nuestro "primero mundo" que se prohíba la matanza y la ingestión de carne de las vacas mientras una gran parte de su población está infraalimentada; parece absurdo.

Pero cuando te enteras que las vacas se alimentan de productos marginales en absoluto útiles para el ser humano y que, por lo tanto, no compiten con los hombres por el alimento; que sus excrementos se utilizan en la construcción de los suelos de las casas y también como combustible para cocinar, porque producen un fuego lento que le permite a la mujer dedicarse la otras tareas; que son animales absolutamente necesarios para la tracción y el trabajo de los terrenos blandos por las lluvias monzónicas... Cuando tienes en cuenta todo estos datos, no parece tan irracional ni absurda dicha prohibición. Acaso en nuestro "primer mundo” euroamericano la eficacia energética de la vaca es mayor que la de la India?; más bien yo diría que todo el contrario.


Desde nuestra cultura occidental y etnocéntrica, desde nuestro "primer mundo", y en definitiva, desde nuestra ignorancia, nos permitimos el lujo de juzgar sin considerar que las condiciones económicas, políticas y sociales de otros países son radicalmente distintas de las nuestras.

TAJ MAHAL (A INSPIRACIÓN DO AMOR)

Dende a cordilleira do Himalaia, o río Yamuna, considerado un dos máis importantes ríos sagrados da India, fai o seu percorrido por distintos estados do norte do país, ata desembocar no Ganges. Antes, ao seu paso polo estado de Uttar Pradesch, deixa o poderoso reflexo da beleza dun monumento construído á súa beira, o edificio máis emblemático da India, que non é outro que o Taj Mahal de Agra, unha das Sete Marabillas do Mundo, que a Unesco considerou Patrimonio da Humanidade no 1983.

Aínda que o mausoleo de mármore branco é o edificio máis coñecido, o Taj Mahal é un conxunto de edificios e xardíns dispostos nun espazo rectangular, que está delimitado (agás pola parte que dá ao río), por unha muralla onde se combina a pedra de cor vermella co mármore branco. O mausoleo está flanqueado por dúas mesquitas de pedra de gra vermella idénticas, unha delas construída para manter a simetría do conxunto.

Sen dúbida, o Taj Mahal é unha impresionante obra de arquitectura, enxeñería e xardinaría, pero hai algo máis dentro das frías paredes de mármore branco do seu mausoleo, detrás desa sinxeleza e suntuosidade, hai unha alma que transmite paz, harmonía, sentimento e un profundo amor.

A lenda di que o príncipe Shah Jahan (que logo sería emperador) coñeceu a Arjumand Banu, á que el chamaría Mumtaz Mahal, nun bazar onde as mulleres de nobreza vendían obxectos de valor e no que os únicos compradores masculinos eran o rei e os príncipes. Segundo esta lenda, un día o príncipe mercoulle un enorme cristal de azucre que ela lle vendeu coma o único brillante que lle quedaba; ese día ademais de perder os cartos, perdeu tamén o corazón.

Foi a súa segunda esposa, a súa favorita e conselleira persoal, esa gran muller que din que hai sempre detrás dun gran home. Viviron un grande amor ata que Mumtaz Mahal finaba, logo de dar a luz o seu décimo cuarto fillo. Dise que a fonda tristura do emperador fixo que se lle tornaran brancos os cabelos dun día para outro. Antes de morrer, Mumtaz pedíralle ao seu esposo que lle construíse a súa tumba.

Shah Jahan, na honra da súa dona, erixía así o Taj Mahal, ao que Tagore cualificaría como "unha bágoa na meixela do tempo", unha bágoa que comezou a esvarar cando un home quedaba sen a súa idolatrada esposa.


TAJ MAHAL (LA INSPIRACIÓN DEL AMOR)

Desde la cordillera del Himalaya, el río Yamuna, considerado uno de los más importantes ríos sagrados de la India, hace su recorrido por distintos estados del norte del país, hasta desembocar en el Ganges. Antes, a su paso por el estado de Uttar Pradesch, deja el poderoso reflejo de la belleza de un monumento construido a su orilla, el edificio más emblemático de la India, que no es otro que el Taj Mahal de Agra, una de las Siete Maravillas del Mundo, que la Unesco consideró Patrimonio de la Humanidad en el 1983.

Aunque el mausoleo de mármol blanco es el edificio más conocido, el Taj Mahal es un conjunto de edificios y jardines dispuestos en un espacio rectangular, que está delimitado (excepto por la parte que da al río), por una muralla donde se combina la piedra de color rojo con el mármol blanco. El mausoleo está flanqueado por dos mezquitas de una piedra de grano rojo idénticas, una de ellas construida para mantener la simetría del conjunto.

Sin duda, el Taj Mahal es una impresionante obra de arquitectura, ingeniería y jardinería, pero hay algo más dentro de las frías paredes de mármol blanco de su mausoleo, detrás de esa sencillez y suntuosidad, hay un alma que transmite paz, armonía, sentimiento y un profundo amor.

La leyenda dice que el príncipe Shah Jahan (que luego sería emperador) conoció a Arjumand Banu, a la que él llamaría Mumtaz Mahal, en un bazar donde las mujeres de la nobleza vendían objetos de valor y en el que los únicos compradores masculinos eran el rey y los príncipes. Según esta leyenda, un día el príncipe le compró un enorme cristal de azúcar que ella le vendió como el único brillante que le quedaba; ese día además de perder el dinero, perdió también el corazón.

Fue su segunda esposa, su favorita y consejera personal, esa gran mujer que dicen que hay siempre detrás de un gran hombre. Vivieron un gran amor hasta que Mumtaz Mahal fallecía, después de dar la luz a su decimocuarto hijo. Se dice que la profunda tristeza del emperador hizo que los cabellos se le  volvieran blancos de un día para otro. Antes de morir, Mumtaz le había pedido a su esposo que le construyera su tumba.

Shah Jahan, en honor a su esposa, erigía así el Taj Mahal, a lo que Tagore calificaría como "una lágrima en la mejilla del tiempo", una lágrima que comenzó a resbalar cuando un hombre quedaba sin su idolatrada esposa.