ÚLTIMAS ENTRADAS : " "DANAKIL IV: DALLOL: A EXCEPCIÓN" "OS AFAR" "A RUTA 6 (I)"
gadgets para blogger

TUK TUK

Como unha lóxica evolución dos bicirickshaw, outro dos principais modelos de transporte urbano que abundan no Rajasthan son os autorickshaw (tamén denominados tuk-tuk), unha réplica dos motocarros que Vespa fabricaba nos anos 50, e que tanta aceptación tiveron en España no transporte urbano de mercadorías e de persoas, pola súa dureza, economía e axilidade nas manobras. 

Como una lógica evolución de los bicirickshaw, otro de los principales modelos de transporte urbano que abundan en el Rajasthan son los autorickshaw (también denominados tuk-tuk), una réplica de los motocarros que Vespa fabricaba en los años 50, y que tanta aceptación tuvieron en España en el transporte urbano de mercancías y de personas, por su dureza, economía y agilidad en las maniobras.
 
Consomen practicamente como unha moto, de feito non deixan de ser motos de tres rodas cunha especie de cabina, e a maioría están propulsadas por gas, co fin de ser menos contaminantes.
 
Consumen prácticamente como una moto, de hecho no dejan de ser motos de tres ruedas con una especie de cabina, y la mayoría están propulsadas por gas, con el fin de ser menos contaminantes.

As rúas das principais cidades do Rajasthan están ateigadas de autorickshaws dedicados ao transporte de persoas, ao servizo de taxi; estes, sen portas e cubertos por unha lona fina, están deseñados para aloxar o seu condutor e dous pasaxeiros, aínda que non é difícil ver moitos deles levando seis ou mesmo máis persoas. Os destinados ao transporte de mercadorías teñen unha caixa de chapa cunha capacidade de carga igual ou superior á dun turismo.
 
Las calles de las principales ciudades del Rajasthan están atestadas de autorickshaws dedicados al transporte de personas, al servicio de taxi; éstos, sin puertas y cubiertos por una lona fina, están diseñados para alojar a su conductor y dos pasajeros, aunque no es difícil ver muchos de ellos llevando seis o incluso más personas. Los destinados al transporte de mercancías tienen una caja de chapa con una capacidad de carga igual o superior a la de un turismo.


 
Como acontecemento curioso e digno de salientar, dende hai uns anos organízase na India un proxecto solidario chamado o Rickshaw Run, que consiste en atravesar a India en autoricksaw, dende a zona sur do país e finalizando en Nepal. A travesía lévase a cabo sen ningún tipo de apoio técnico, ao longo de dúas semanas. O obxectivo principal é recadar fondos para axudar a familias necesitadas; un xeito de conxugar a aventura co apoio solidario ao país.
 
Como acontecimiento curioso y digno de destacar, desde hace unos años se organiza en la India un proyecto solidario llamado el Rickshaw Run, que consiste en atravesar la India en autoricksaw, desde la zona sur del país y finalizando en Nepal. La travesía se lleva a cabo sin ningún tipo de apoyo técnico, a lo largo de dos semanas. El objetivo principal es recaudar fondos para ayudar a familias necesitadas; una manera de conjugar la aventura con el apoyo solidario al país.
 



Luang Prabang definiríao como un pobo cativador, pero en realidade trátase dunha pequena cidade, Patrimonio da Humanidade, situada entre o centro e o norte de Laos, nunha zona moi montañosa que só o poderoso río Mekong atravesa de forma solemne, nutrindo de vida aos campos co seu paso, e contrastando coa súa cor marrón o verde dos outeiros selváticos polos que atravesa, algo que podes observar claramente se sobes ao outeiro de Phu Si e observas desde o seu miradoiro.
Luang Prabang lo definiría como un pueblo caurtivador, pero en realidad se trata de una pequeña ciudad, Patrimonio de la Humanidad, situada entre el centro y el norte de Laos, en una zona muy montañosa que sólo el poderoso río Mekong atraviesa de forma solemne, nutriendo de vida a los campos con su paso, y contrastando con su color marrón el verde de las colinas selváticos por los que atraviesa, algo que puedes observar claramente si subes a lo alto de la colina de Phu Sí y observas desde su mirador.

A pesar de ser moi visitada, as súas tranquilas rúas transmiten paz, tranquilidade…espiritualidade, a vida transcorre paseniñamente; incítache a pasar uns días de descanso, lendo, fotografando, observando e saboreando unha fresca Beerlao nunha das súas encantadoras terrazas. Isto aínda o valoras máis cando, como no meu caso, acabas de vivir o caótico tráfico da bulliciosa Bangkok. Agora... a calma, o acougo   que transmiten os tranquilos paseos en bicicleta, principal medio de transporte dos aldeáns.

A pesar de ser muy visitada, sus tranquilas calles transmiten paz, tranquilidad… espiritualidad, la vida transcurre calmadamente; te incita pasar unos días de descanso, leyendo, fotografiando, observando y saboreando una fresca Beerlao en una de sus encantadoras terrazas. Esto aún lo valoras más cuando, como en mi caso, acabas de vivir el caótico tráfico de la bulliciosa Bangkok. Ahora… la calma, el sosiego que transmiten los tranquilos paseos en bicicleta, principal medio de transporte de los lugareños.
A xente é tranquila, amable, sempre regalándoche un bonito e sincero sorriso. Á noitiña a súa rúa principal convértese nun bonito mercado nocturno, no que se respecta ao turista, sentimento que case sempre é recíproco por parte do viaxeiro.
Esa tranquilidade da que falaba tamén se transmite neste mercado. A pesar de ser moi concorrido úsase un ton baixiño nas transaccións comerciais, que non molesta… agradable. As tribos locais dos outeiros que rodean Luang Prabang ofrécenche unha boa variedade de impresionantes téxtiles feitos a man; nunca insistentes, con ese sorriso do que falaba, sempre facéndoche cómplice nun xogo de regateo…no que están dispostos a ceder diante túa… por ti.

É moi agradable mergullarse nel e establecer algunha conversa que sempre estarán dispostos a regalarche, máis aló do ánimo comercial e do interese económico que sempre prima no noso fermoso occidente, curiosamente hoxe rebentado economicamente.
Luang Prabang ten ducias de preciosos templos budistas e a súa arquitectura é unha mestura da tradicional laosiana e a colonial francesa.
La gente es tranquila, amable, siempre regalándote una bonita y sincera sonrisa. Al anochecer su calle principal se convierte en un bonito mercado nocturno, en el que se respeta al turista, sentimiento que casi siempre es recíproco por parte del viajero.
Esa tranquilidad de la que hablaba también se transmite en este mercado. A pesar de ser muy concurrido se utliza un tono bajito en las transacciones comerciales, que no molesta… agradable. Las tribus locales de las colinas que rodean Luang Prabang te ofrecen una buena variedad de impresionantes textiles hechos a mano; nunca insistentes, con esa sonrisa de la que hablaba, siempre haciéndote cómplice en un juego de regateo…en el que están dispuestos a ceder ante ti… por ti.
Es muy agradable sumergirse en él y entablar alguna conversación que siempre estarán dispuestos a regalarte, más allá del ánimo comercial y del interés económico que siempre prima en nuestro hermoso occidente, curiosamente hoy reventado económicamente.
Luang Prabang  tiene docenas de preciosos templos budistas y su arquitectura es una mezcla de la tradicional laosiana y la colonial francesa.
Esa espiritualidade característica ponse de manifesto todos os días cando, entre as cinco e media e as seis da mañá, as súas tranquilas rúas espertan impregnándose da cor azafranada dos hábitos dos monxes que as percorren en perfectas filas e en absoluto silencio.
Esa espiritualidad característica se pone de manifiesto todos los días cuando, entre las cinco y media y las seis de la mañana, sus tranquilas calles despiertan impregnándose del color azafranadao de los hábitos de los monjes que las recorren en perfectas filas y en absoluto silencio.
Trátase dun cerimonial no que a xente do lugar, axeonllada nas beirarrúas e nas portas das súas casas, espera o paso dos monxes para lles dar unha porción de arroz, froitas, doces ou calquera alimento. Non podería aseguralo  pero supoño que estas ofrendas gardarán algunha relación con ter unha boa reencarnación. Se queres participar no acto, tes a posibilidade de comprar as túas propias ofrendas.

Se trata de un ceremonial en el que la gente del lugar, arrodillada en las aceras y en las puertas de sus casas, espera el paso de estos monjes para darles una porción de arroz, frutas, dulces o cualquier alimento. No podría asegurarlo pero supongo que estas ofrendas guardarán alguna relación con tener una buena reencarnación. Si quieres participar en el acto, tienes la posibilidad de comprar tus propias ofrendas.
Esperemos que o apoxeo turístico deste lugar e os flash dos fotógrafos non cheguen a perturbar excesivamente a forma de vida de aldeáns e monxes  nesta parte da súa cultura, neste silencioso e insólito acto.
Esperemos que el apogeo turístico de este lugar y los flash de los fotógrafos no lleguen a perturbar excesivamente la forma de vida de lugareños y monjes en esta parte de su cultura… en este silencioso e insólito acto.
Durante o día podes acceder ao interior das pagodas, pasear polos seus amplos e floridos xardíns e ver a moitos mozos novicios nos seus quefaceres, lendo, xogando, observando...
Durante el día puedes acceder al interior de las pagodas, pasear por sus amplios y floridos jardines y ver a muchos jóvenes novicios en sus quehaceres, leyendo, jugando, observando…

BICIRICKSAW


Cando viaxei polo norte da India no ano 2005, en Calcuta aínda se podían ver moitos homes, algúns deles de avanzada idade, correndo descalzos e tirando, a xeito de cabalos humanos, dunha especie de carruaxe de dúas rodas nos que, en competencia cos taxis da cidade, transportaban pasaxeiros e mercadorías. Unha solución, moi ecolóxica e nada contaminante, para unha superpoboada cidade, pero absolutamente inhumana. Hoxe, despois de que moitas organizacións defensoras dos Dereitos Humanos o demandasen durante varios anos, parece ser que por fin foron prohibidos. Son os rickshaw, cuxo nome provén da palabra xaponesa Jinrikisha, que significa "carruaxe cuxa forza a constitúe o home".

Cuando viajé por el norte de la India en el año 2005, en Calcuta aun se podían ver muchos hombres, algunos de ellos de avanzada edad, corriendo descalzos y tirando, a manera de caballos humanos, de una especie de carruaje de dos ruedas en los que, en competencia con los taxis de la ciudad, transportaban pasajeros y mercancías. Una solución, muy ecológica y nada contaminante, para una superpoblada ciudad, pero absolutamente inhumana. Hoy, después de que muchas organizaciones defensoras de los Derechos Humanos lo demandaran durante varios años, parece ser que por fin fueron prohibidos. Son los rickshaw, cuyo nombre proviene de la palabra japonesa Jinrikisha, que significa "carruaje cuya fuerza la constituye el hombre".
 
Ademais destes rickshaw de Calcuta, en todas as cidades pódense ver os mesmos carriños aos que se lle engadiron unha bicicleta (bicirickshaw), transportando ata máis de catro persoas.

Además de estos rickshaw de Calcuta, en todas las ciudades se pueden ver los mismos carritos a los que se le añadieron una bicicleta (bicirickshaw), transportando hasta más de cuatro personas. 

A gran maioría dos seus condutores alúganas, ao non as poder ter en propiedade por falta de medios, aínda que segundo teño entendido, no ano 2006 púxose en marcha o proxecto Rickshaw Bank, que supuxo importantes innovacións como a utilización de materiais máis lixeiros na súa construción, a posibilidade de instalar publicidade (aumentando así os míseros ingresos que teñen os condutores), ou a concesión de préstamos para a súa compra, pagando a mesma cantidade que entregaban en alugueiro aos seus propietarios, incluíndo ademais uniforme e seguro.

La gran mayoría de sus conductores las alquilan, al no las poder tener en propiedad por falta de medios, aunque según tengo entendido, en el año 2006 se puso en marcha el proyecto Rickshaw Bank, que supuso importantes innovaciones como la utilización de materiales más ligeros en su construcción, la posibilidad de instalar publicidad (aumentando así los míseros ingresos que tienen los conductores), o la concesión de préstamos para su compra, pagando la misma cantidad que entregaban en alquiler a sus propietarios, incluyendo además uniforme y seguro.
Existía ademais un prototipo denominado soleckshaw, cun motor eléctrico cuxa batería tería unha autonomía de 12 horas que se recargaría con enerxía solar, e que sería capaz de acadar unha velocidade de 15 km/h co que se pretende ofrecerlle postos de traballo á xente máis pobre, á vez que unha loita contra o quentamento global. O seu deseño correu a cargo dun equipo de investigadores do Consello de Investigación Científica e Industrial (CSIR), que xa está a traballar en modelos máis avanzados, con melloras estéticas, asentos ergonómicos, etc. Mellorar as condicións dos traballadores, ofrecerlle postos de traballo á xente máis pobre e loitar contra o quentamento global… que máis se pode pedir?

Existía además un prototipo denominado soleckshaw, con un motor eléctrico cuya batería tendría una autonomía de 12 horas que se recargaría con energía solar, y que sería capaz de conseguir una velocidad de 15 km/h con el que se pretende ofrecerle puestos de trabajo a la gente más pobre, al tiempo que una lucha contra el calentamiento global. Su diseño corrió a cargo de un equipo de investigadores del Consejo de Investigación Científica e Industrial (CSIR), que ya está trabajando en modelos más avanzados, con avances estéticos, asientos ergonómicos, etc. Mejorar las condiciones de los trabajadores, ofrecerle puestos de trabajo a la gente más pobre y luchar contra el calentamiento global... ¿que más se puede pedir?