ÚLTIMAS ENTRADAS : " "DANAKIL IV: DALLOL: A EXCEPCIÓN" "OS AFAR" "A RUTA 6 (I)"
gadgets para blogger

DASENECH


Etnia agro-pastoril que ocupa as terras do suroeste do Mago Nacional Park (preto da fronteira con Kenia) e que subsiste principalmente do cultivo de verduras, sorgo, trigo, café e algo de tabaco e algodón, así como rabaños de vacas, ovellas e cabras.
 
Etnia agro-pastoril que ocupa las tierras del sudoeste del Mago Nacional Park (cerca de la frontera con Kenia) y que subsiste principalmente del cultivo de verduras, sorgo, trigo, café y algo de tabaco y algodón, así como rebaños de vacas,ovejas y cabras.

Adoitan decorar o seu corpo pintándoo con moitas cores e adornándoo con moitos abelorios.
 
Suelen decorar su cuerpo pintándolo con muchos colores y adornándolo con muchos abalorios.
Para a construción das súas vivendas fan unhas estruturas con ramas e recóbrenas con coiro, chapas de metal e papiro, moi abundante no delta das ribeiras do lago Turkana.
Para la construcción de sus viviendas hacen unas estructuras con ramas y las recubren con cuero, chapas de metal y papiro, muy abundante en el delta de las riberas del lago Turkana.
Tamén se coñecen co nome de Galeb e cando son nenos, ambos os sexos pasan pola cerimonia da circuncisión, aínda que cada día é maior o número de mulleres que se opón a que se mutile sexualmente as nenas.
También se conocen con el nombre de Galeb y cuando son niños, ambos sexos pasan por la ceremonia de la circuncisión, aunque cada día es mayor el número de mujeres que se opone la que se mutile sexualmente las niñas.
Do mesmo xeito que os Hamer realizan o ritual do salto do touro, aínda que na súa cultura a iniciación (paso á madurez masculina) se realiza a unha idade tardía, preto dos 30 anos. É curioso que estes "iniciados", que na idade adulta chegan a ser guerreiros temidos polos seus adversarios, para o ritual se comporten como as mulleres, vestíndose e adornándose coma elas, mentres o resto da tribo os acolle amablemente, cun trato doce.
 
Al igual que los Hamer realizan el ritual del salto del toro, aunque en su cultura la iniciación (paso a la madurez masculina) se realiza a una edad tardía, cerca de los 30 años. Es curioso que estos "iniciados", que en la edad adulta llegan a ser guerreros temidos por sus contrincantes, para el ritual se comporten como las mujeres, vistiéndose y adornándose como ellas, mientras el resto de la tribu los acoge amablemente, con un trato dulce.
Homes e mulleres aprecian moitísimo a maquillaxe e os adornos corporais como colares, pulseiras, pendentes, contas no pelo, etc.
 
Hombres y mujeres aprecian muchísimo el maquillaje y los adornos corporales como collares, pulseras, pendientes, cuentas en el pelo, etc.
 
DORZE
Pequena etnia (uns 4500) localizada cara ao norte de Arba-Minch, nas montañas Guge, e cuxa actividade principal é a confección de shama, unhas túnicas de cores con debuxos xeométricos que se venden por todo o país.

Pequeña etnia (unos 4500) localizada hacia el norte de Arba-Minch, en las montañas Guge, y cuya actividad principal es la confección de shama, unas túnicas de colores con dibujos geométricos que se venden por todo el país.
Como cada unha das restantes etnias, teñen os seus propios trazos distintivos, destacando as súas características vivendas, totalmente diferentes de calquera que poidas ver no resto do país.
 
Teñen un interior diáfano e moi espazoso, ao que se accede mediante  un recibidor a modo de túnel e o seu teito, abovedado, forma unha cúpula convexa moi consistente.

Como cada una de las restantes etnias, tienen sus propios rasgos distintivos, destacando sus características viviendas, totalmente diferentes de cualquiera que puedas ver en el resto del país.
 
Tienen un interior diáfano y muy espacioso, al que se accede mediante un recibidor a modo de túnel y su techo, abovedado, forma una cúpula convexa muy consistente.
Coñécense co nome de casas elefante, debido a que son unhas enormes estruturas de canas de bambú recubertas con follas secas do falso plátano, que lles dá unha cor e rugosidade similar á pel de elefante.

Se conocen con el nombre de casas elefante, debido la que son unas enormes estructuras de cañas de bambú recubiertas con hojas secas del falso plátano, que les da un color y rugosidad similar a la piel de elefante.

ERBORE, KARO E MURSI



Os Erbore, os Karo e os Mursi.
 
 
Tres etnias diferentes de Etiopía e cada cal máis espectacular, que tiven a ocasión de coñecer. Os Erbore son unha etnia que viven en chozas no extremo suroeste da rexión Omo e dedícanse basicamente á gandería, aínda que a agricultura, aos poucos se foi convertendo nunha actividade primordial. Para facerse co control das terras para o pasto dos seus gandos, mantiveron durante máis de 100 anos constantes enfrontamentos cos pobos veciños.
 
Tres etnias diferentes de Etiopía y cada cual más espectacular, que tuve la ocasión de conocer. Los Erbore son una etnia que viven en chozas en el extremo sudoeste de la región Omo y se dedican básicamente a la ganadería, aunque la agricultura, poco a poco se fue convirtiendo en una actividad primordial. Para hacerse con el control de las tierras para el pasto de sus ganados, mantuvieron durante más de 100 años constantes enfrentamientos con los pueblos vecinos.
Apuntar como algo curioso, un pequeno tallo de madeira chamado karaballe, que portan os homes Erbore de xeito habitual, e serve de repousacabezas ou asento. Antigamente dábaselle un uso ritual e era exclusivo dos homes de máis idade (que representaban a autoridade), así como dos bilita ou autoridades relixiosas. Hoxe en día perdeu ese significado.

Apuntar como algo curioso, un pequeño tallo de madera llamado karaballe, que portan los hombres Erbore de manera habitual, y sirve de reposacabezas o asiento. Antiguamente se le daba un uso ritual y era exclusivo de los hombres de más edad (que representaban la autoridad), así como de los bilita o autoridades religiosas. Hoy en día perdió ese significado.

Os Karo son unha etnia que vive nos arredores do río Omo e estreitamente relacionada cos Hamer. 

Los Karo son una etnia que vive a las afueras del río Omo y estrechamente relacionada con los Hamer.
 
A súa economía baséase sobre todo na agricultura. Os seus ornamentos e pinturas corporais son os seus trazos máis significativos, decorando o seu corpo con xiz e a miúdo imitando o moteado dos pavos reais.
 

Su economía se basa sobre todo en la agricultura. Sus ornamentos y pinturas corporales son sus rasgos más significativos, decorando su cuerpo con tiza y a menudo imitando el moteado de los pavos reales.
Elaboran máscaras con xiz, ferro e diversos minerais. Chama a atención o seu desexo de posuír un Kalashnikov, que portan orgullosamente os que o teñen.

Elaboran máscaras con tiza, hierro y diversos minerales. Llama la atención su deseo de poseer un Kalashnikov, que portan orgullosamente los que lo tienen.

Os Mursi: forman unha das etnias máis espectaculares e coñecidas internacionalmente polas súas decoracións corporais, sobre todo polos grandes pratos que as mulleres levan nos seus beizos e lóbulos das orellas.

Los Mursi: forman una de las etnias más espectaculares y conocidas internacionalmente por sus decoraciones corporales, sobre todo por los grandes platos que las mujeres llevan nos sus labios y lóbulos de las orejas.

Algúns deses pratos labiais son tan grandes que as mulleres teñen que arrincar os incisivos para poder colocalos. Os homes adoitan decorarse con pinturas, aros metálicos, cornos e plumas, ademais do seu inseparable Kalashnikov. Todo iso dálles unha imaxe moi agresiva. Non só a súa imaxe é agresiva, senón que se trata dunha etnia pouco sociable e belicosa cos pobos veciños, cos que adoitan ter bastantes enfrontamentos por cuestións de gando e terras.

Algunos de esos platos labiales son tan grandes que las mujeres tienen que arrancarse los incisivos para poder colocarlos. Los hombres suelen decorarse con pinturas, aros metálicos, cuernos y plumas, además de su inseparable Kalashnikov. Todo eso les da una imagen muy agresiva. No sólo su imagen es agresiva, sino que se trata de una etnia poco sociable y belicosa con los pueblos vecinos, con los que suelen tener bastantes enfrentamientos por cuestiones de ganado y tierras.
Desde logo, cos visitantes estranxeiros son bastante bastos e atafegantes e non fan máis que acosalos para pedirlles que lles fagan unhas fotos a cambio duns bir.
 
Desde luego, con los visitantes extranjeros son bastante bastos y agobiantes y no hacen más que acosarlos para pedirles que les hagan unas fotos a cambio de unos bir.