ÚLTIMAS ENTRADAS : "ALDEAS DE KENGTUNG" "GRAND POPÓ I: A DANZA RITUAL" "GRAND POPÓ II: A CERIMONIA DA PRAIA"
gadgets para blogger

DILAPIDACIÓN


O complexo de superioridade e o narcisismo de moitos monarcas e ditadores, o seu profundo egoísmo e os seus delirios de poder e dominio, facían que o seus intereses se encamiñasen máis cara á súa persoa que cara aos demais. Esa actitude megalómana, esa gran obsesión, é a que hoxe teñen moitos políticos dun e doutro bando ou cor, que se aman a si mesmos de xeito visible e público, e toda esa panda de especimes aspirantes que os rodean, que coidan a súa imaxe e actitude á espera dalgún día herdar algún cargo público, aportando como único currículo a súa lealdade a un partido político.

El complejo de superioridad y el narcisismo de muchos monarcas y dictadores, su profundo egoísmo y sus delirios de poder y dominio, hacían que sus intereses se encaminaran más hacia su persona que hacia los demás. Esa actitud megalómana, esa gran obsesión, es la que hoy tienen muchos políticos de uno y de otro bando o color, que se aman a sí mismo de manera visible y pública, y toda esa panda de especímenes aspirantes que los rodean, que cuidan su imagen y actitud a la espera de algún día heredar algún cargo público, aportando como único currículum su lealtad a un partido político.


Uns e outros, titulares e aspirantes, son persoas que teñen ou adquiren respectivamente, unha capacidade extraordinaria e “envexable” de manipular e demostrar a súa “superioridade” ante os demais, ante os verdadeiros traballadores. Que gran colectivo, que seres superiores que teñen unha gran misión fronte ao mundo¡.

Unos y otros, titulares y aspirantes, son personas que tienen o adquieren respectivamente, una capacidad extraordinaria y "envidiable" de manipular y demostrar su "superioridad" ante los demás, ante los verdaderos trabajadores. Qué gran colectivo, qué seres superiores que tienen una gran misión frente al mundo¡.

Só teñen un pequeno inconveniente na súa loita por demostrar que, eles e non outros, deben ser os elixidos para gobernar na parcela á que teñen acceso, e ese inconveniente é que a súa capacidade para enganar ao pobo debe ser superior á do contrincante político. Pero o verdadeiro problema é a combinación de megalomanía con políticos corruptos e ineptos. Unha bomba explosiva, desde logo!

Sólo tienen un pequeño inconveniente en su lucha por demostrar que, ellos y no otros, deben ser los elegidos para gobernar en la parcela a la que tienen acceso, y ese inconveniente es que su capacidad para engañar al pueblo debe ser superior a la del contrincante político. Pero el verdadero problema es la combinación de megalomanía con políticos corruptos e ineptos. Una bomba explosiva, desde luego!
A tolemia e o malgaste que caracteriza a estes tipos, lévaos a realizar unha serie de obras faraónicas, algunhas veces impresionantes en si mesmas, pola obra en si e, desde logo, sempre impresionantes polas súas consecuencias, inmediatas ou no futuro. Non en balde a maioría delas son custosísimas e na maioría dos casos innecesarias para o interese xeral. Pero meu, que saberán eles do “interese xeral”; non son capaces de abarcar tanto e téñense que quedar no seu interese particular e, como moito, poden compaxinalo co interese do seu partido.

La locura y el derroche que caracteriza a estos tipos, los lleva a realizar una serie de obras faraónicas, algunas veces impresionantes en sí mismas, por la obra en sí y, desde luego, siempre impresionantes por sus consecuencias, inmediatas o futuribles. No en vano la mayoría de ellas son costosísimas y en la mayoría de los casos innecesarias para el interés general. Pero, que sabrán ellos del "interés general"; no son capaces de abarcar tanto y tienen que quedarse en su interés particular y, como mucho, pueden compaginarlo con el interés de su partido.
O problema agrávase cando en casos, como o de España, as parcelas de poder son abundantes e variadas: o Estado Español, as Comunidades Autónomas, os Concellos, as Deputacións Provinciais… e o malgaste megalómano afecta a todas elas…ou case.

El problema se agrava cuando en casos, como el de España, las parcelas de poder son abundantes y variadas: el Estado Español, las Comunidades Autónomas, los Ayuntamientos, las Diputaciones Provinciales ... y el derroche megalómano afecta a todas ellas ... o casi.
É unha mágoa que entre todas estas mentes privilexiadas non apareza algunha que se obsesione con facer un “megaproxectomegalómano” sobre a educación e a cultura, o crecemento intelixente e sostible, a protección do medio ambiente, a integración e a igualdade social e cousas polo estilo. Quen sabe, se cadra se conseguían algunhas cousas como que a mocidade, ademais de ser sobretitulados e estar sobradamente preparados puidesen, ao acabar os seus estudos, atopar no seu país un emprego digno, en lugar de ser pre-parados ou disporse a preparar a súa maleta para emigrar como fixeron os seus bisavós.

Es una lástima que entre todas estas mentes privilegiadas no aparezca alguna que se obsesione con hacer un "megaproxectomegalómano" sobre la educación y la cultura, el crecimiento inteligente y sostenible, la protección del medio ambiente, la integración y la igualdad social y cosas por el estilo. Quién sabe, a lo mejor se conseguían algunas cosas como que la juventud, además de ser sobretitulados y estar sobradamente preparados pudieran, al acabar sus estudios, encontrar en su país un empleo digno, en lugar de ser pre-parados o disponerse a preparar su maleta para emigrar como hicieron sus bisabuelos.
(imaxe obtida de google)
Pero non todo vai ser negativo; así por exemplo, o número de matrículas universitarias irá en aumento nos vindeiros anos, xa que á media actual, haberá que lle engadir un bo número de futuros alumnos de idades comprendidas entre os 30 e pasados os 60; unha mágoa que o motivo sexa porque quedaron ou quedarán sen traballo. Tamén, un número considerable dos actuais universitarios, cando acaben os seus estudos,  decidirán continuar coa súa formación e iso está moi ben, claro que si; lástima que sexa pola falta de oportunidades laborais e que suban tanto as taxas universitarias, aínda que iso a algúns non lles afecte. 

Pero no todo va a ser negativo; así por ejemplo, el número de matrículas universitarias irá en aumento en los años venideros, ya que a la media actual, habrá que añadirle un buen número de futuros alumnos de edades comprendidas entre los 30 y pasados los 60; lástima que el motivo sea porque se quedaron o quedarán sin trabajo. También, un número considerable de los actuales universitarios, cuando acaben sus estudios, decidirán continuar con su formación y eso está muy bien, claro que sí; lástima que sea por la falta de oportunidades laborales y que suban tanto las tasas universitarias, aunque eso a algunos no les afecte.
(Imaxe obtida de google)
Menos mal que España ía ben, ou iso dicían os políticos de quenda;  e nós criámolo, non tiñamos motivos para o contrario, coa cantidade de riqueza xerada. Sen ir máis lonxe, só botar unha ollada ao mapa aeroportuario da península ibérica: un país (ou varios, como se queira) que con 46 millóns de habitantes, 17 autonomías, 50 provincias (máis Ceuta e Melilla) e un número que se me escapa de concellos, poida contar con máis de 50 aeroportos, dos que a gran maioría non son oficialmente rendibles e dos que polo menos 20 están a unha hora ou menos por estrada doutro aeroporto; por exemplo no caso de Galicia que conta con tres, situados en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. O tempo que che leva chegar dunha a outra cidade é superior ao que che leva dunha terminal a outra en máis dun aeroporto internacional doutros países.

Menos mal que España iba bien, o eso decían los políticos de turno; y nosotros lo creíamos, no teníamos motivos para lo contrario, con la cantidad de riqueza generada. Sin ir más lejos, sólo echar una vistazo al mapa aeroportuario de la península ibérica: un país (o varios, como se quiera) que con 46 millones de habitantes, 17 autonomías, 50 provincias (más Ceuta y Melilla) y un número que si me escapa de ayuntamientos, pueda contar con más de 50 aeropuertos, de los que la gran mayoría no son oficialmente rentables y de los que por lo menos 20 están a una hora o menos por carretera de otro aeropuerto; por ejemplo en el caso de Galicia qué cuenta con tres, situados en Santiago de Compostela, A Coruña y Vigo. El tiempo que te lleva llegar de una a otra ciudad es superior al que te lleva de una terminal a otra en más de un aeropuerto internacional de otros países.

Se España non fose ben non se entendería que Alemaña, con case o dobre de poboación, conte só con 39 aeroportos.
 
Detrás de cada un destes aeroportos hai unha historia e sería unha tarefa farto difícil escoller un que levase a medalla de ouro do despropósito; entre o de Cidade Real (tamén chamado Don Quixote), o de Castelló Costa-Azahar, o de Alguaire en LLeida, o de León, o de Badaxoz, os tres de Galicia…

Si España no fuera bien no se entendería que Alemania, con casi el doble de población, cuente sólo con 39 aeropuertos.

Detrás de cada uno de estos aeropuertos hay una historia y sería una tarea harto difícil escoger uno que llevara la medalla de oro del despropósito; entre el de Ciudad Real (también llamado Don Quijote), el de Castellón Costa-Azahar, el de Alguaire en LLeida, el de León, el de Badajoz, los tres de Galicia ...
É unha mágoa que algunhas das terminais destes aeroportos, despois do gasto que supuxeron, convértanse en aeroportos…pois iso…terminais… en cemiterios.

Es una pena que algunas de las terminales de estos aeropuertos, después del gasto que supusieron, se conviertan en aeropuertos ... pues eso ... terminales… en cementerios.

En todo caso, merece unha especial mención o aeroporto pantasma de Castelló, inaugurado pouco antes das eleccións do 22-M polos señores Francisco Camps (imputado por suborno) e Carlos Fabra (imputado por varios delitos de tráfico de influencias, suborno e fraude fiscal), por aquel entón presidentes da Comunidade Valenciana e da Deputación de Castelló, respectivamente. O aeroporto supuxo un gasto de máis de 150 millóns de euros, sen contar as ducias de millóns de euros gastados en publicidade.

En todo caso, merece una especial mención el aeropuerto fantasma de Castellón, inaugurado poco antes de las elecciones del 22-M por los señores Francisco Camps (imputado por soborno) y Carlos Fabra (imputado por varios delitos de tráfico de influencias, soborno y fraude fiscal), por aquel entonces presidentes de la Comunidad Valenciana y de la Diputación de Castellón, respectivamente. El aeropuerto supuso un gasto de más de 150 millones de euros, sin contar las docenas de millones de euros gastados en publicidad.
A aterraxe do explorador Curiosity no planeta Marte supuxo un bombardeo de bromas entre os internautas do Twiter, xa que a día de hoxe hai máis tráfico aéreo nese planeta que no aeroporto de Castelló. Iso si, organízanse visitas guiadas polas súas pistas; e eu pregúntome: non sairía máis económico e saudable facer unhas rutas de sendeirismo por unhas paraxes máis fermosas e con menos formigón e asfalto polas que os habitantes de Castelló puidesen darse os seus paseos e esas ducias de millóns de euros empregados neste aeroporto pantasma foran a parar a outros investimentos, a ser  posible xeradores do emprego que tanta falta fai neste país?

El aterrizaje del explorador Curiosity en el planeta Marte supuso un bombardeo de bromas entre los internautas del Twiter, ya que a día de hoy hay más tráfico aéreo en ese planeta que en el aeropuerto de Castellón. Eso sí, se organizan visitas guiadas por sus pistas; y yo me pregunto: ¿no saldría más económico y saludable hacer unas rutas de senderismo por unos parajes más hermosos y con menos hormigón y asfalto por los que los habitantes de Castellón pudieran darse sus paseos y esas docenas de millones de euros empleados en este aeropuerto fantasma se destinaran a a otras inversiones, a ser posible generadoras del empleo que tanta falta hace en este país?
Se ao final... vai resultar que España non vai tan ben como parecía ou nos facían ver e agora toca adoptar medidas que afectan gravemente a gran parte da poboación: funcionarios, pensionistas e grupos socialmente marxinados, así como aos grupos con niveis de ingresos máis baixos, destinatarios dos servizos sociais públicos.

Si al final... va a resultar que España no va tan bien como parecía o nos hacían ver y ahora toca adoptar medidas que afectan gravemente a gran parte de la población: funcionarios, pensionistas y grupos socialmente marginados, así como a los grupos con niveles de ingresos más bajos, destinatarios de los servicios sociales públicos.

O pasado 11 de xullo de 2012, o presidente do goberno, Mariano Rajoy Brey, anunciaba parte desas duras medidas, das máis duras da historia de España, como a de reducir as prestacións por desemprego. Mentres anunciaba estas medidas, gran parte das deputadas e deputados do seu partido, do Partido Popular, aplaudíano e gabábano; unha delas, Andrea Fabra, filla de Carlos Fabra, ese ex-presidente da Deputación que inaugurou o aeroporto de Castelló. Pois a filla de Fabra esta, non contenta con aplaudir o anuncio dos recortes aos parados deste país, soltou pola súa boquiña o exabrupto “Que se jodan”, aínda que posteriormente aclarou que tal expresión non ía dirixida aos parados senón aos seus colegas deputados do Partido Socialista. Xa ves, iso é unha proposta que non estaría mal: que se fodan uns deputados a outros, como fan eles co resto da poboación. De todos os xeitos non parece unha forma moi correcta e educada de dirixirse uns a outros entre as persoas “seleccionadas” para tomar as rendas deste país, aínda que se temos en conta que para ser deputado, ministro ou conselleiro, director xeral, ou asesor político, o único que se lles esixe é formar parte dun partido político determinado ou compartir os seu intereses… non se lles pode pedir máis.

El pasado 11 de julio de 2012, el presidente del gobierno, Mariano Rajoy Brey, anunciaba parte de esas duras medidas, de las más duras de la historia de España, como la de reducir las prestaciones por desempleo. Mientras anunciaba estas medidas, gran parte de las diputadas y diputados de su partido, del Partido Popular, lo aplaudían y lo alababan; una de ellas, Andrea Fabra, hija de Carlos Fabra, ese ex-presidente de la Diputación que inauguró el aeropuerto de Castellón. Pues la hija de Fabra esta, no contenta con aplaudir el anuncio de los recortes a los parados de este país, soltó por su boquiña el exabrupto "Que si jodan", aunque posteriormente aclaró qué tal expresión no iba dirigida a los parados sino a sus colegas diputados del Partido Socialista. Ya ves, eso es una propuesta que no estaría mal: que se jodan unos diputados a otros, como hacen ellos con el resto de la población. De todas maneras no parece una forma muy correcta y educada de dirigirse unos a otros entre las personas "seleccionadas" para tomar las riendas de este país, aunque si tenemos en cuenta que para ser diputado, ministro o consejero , director general , o asesor político, lo único que se les exige es formar parte de un partido político determinado o compartir sus intereses ... no se les puede pedir más.
É unha mágoa que para desempeñar a súa función non se lles esixa unha titulación e a superación dunhas oposicións polo menos tan duras e competitivas como se lles esixe aos funcionarios públicos, a eses funcionarios aos que eles se permiten o luxo de criticar e recortar os seus salarios e dereitos sociais; así teriamos unhas garantías mínimas de formación pola súa banda e non existiría a posibilidade de que o destino dun país poida estar en mans dalgún que outro analfabeto ou analfabeta integrais.

Es una lástima que para desempeñar su función no se les exija una titulación y la superación de unas oposiciones por lo menos tan duras y competitivas como se les exige a los funcionarios públicos, a esos funcionarios a los que ellos se permiten el lujo de criticar y recortar sus salarios y derechos sociales; así tendríamos unas garantías mínimas de formación por su parte y no existiría la posibilidad de que el destino de un país pueda estar en manos de alguno que otro analfabeto o analfabeta integrales.
Ademais destas ruínas económicas dos aeroportos, hai moitos exemplos desas obras faraónicas ás que facía alusión e que son de gran “interese xeral”. Non vou citar cifras para non volver tolo ao persoal, ademais iso é competencia dos políticos de quenda, que é o que lles gusta: botarse os trastes públicamente uns aos outros, segundo os seus intereses e o lugar que ocupen nun momento determinado (goberno ou oposición) comentando que o seu gasto foi de dous punto cincuenta e cinco menos ou do catro coma seis máis que o do seu adversario, nun alarde de tentar xustificar coas súas estúpidas estatísticas que as súas barbaridades foron ou son inferiores ás feitas polo seu adversario político. En todo caso, todas esas barbaridades megalómanas, moitas delas inservibles, en total abandono ou infrautilizadas porque uns agora e outros antes non alcanzan a darlle o sentido a tales construcións, supuxeron millóns e millóns de euros que, antes sen recortes e agora con eles, custeamos case todos.

Además de estas ruinas económicas de los aeropuertos, hay muchos ejemplos de esas obras faraónicas a las que hacía alusión y que son de gran "interés general". No voy a citar cifras para no volver loco al personal, además eso es competencia de los políticos de turno, que es lo que les gusta: echarse los trastos públicamente unos a otros, según sus intereses y el lugar que ocupen en un momento determinado (gobierno u oposición) comentando que su gasto fue de dos punto cincuenta y cinco menos o del cuatro coma seis más que el de su adversario, en un alarde de intentar justificar con sus estúpidas estadísticas que sus barbaridades fueron o son inferiores a las hechas por su adversario político. En todo caso, todas esas barbaridades megalómanas, muchas de ellas inservibles, en total abandono o infrautilizadas porque unos ahora y otros antes no alcanzan a darle el sentido a tales construcciones, supusieron millones y millones de euros que, antes sin recortes y ahora con ellos, costeamos casi todos.
De todas formas ao que lle interesen os números pode consultar na rede e ir sumando os gastos que supuxeron, por exemplo, o L’Agora en Valencia, o Campus da Xustiza de Madrid, o Business and Art International Center en Vitoria, a remodelación do museo Pablo Serrano (instituto aragonés de Arte e Cultura), a Torre da auga da Expo, a Cidade do Circo de Alcorcón, os cogomelos da Encarnación de Sevilla, o Estadio Olímpico de Madrid, o novo porto deportivo de Laredo, a Casa das Palabras de Vigo, a liña 9 do metro de Barcelona, os tranvías de Xaén,  da Coruña, de Zaragoza, o de Vélez-Málaga, ou o de Parla; a rehabilitación do Pazo de San Telmo (sede da Presidencia da Xunta de Andalucía), as obras do ave e de estacións como as de Requena-Utiel ou a de Cuenca-Fernando Zóbel, o Pazo do sur en Córdoba, a Cidade da Luz, o proxecto e a maqueta das torres de Calatrava concibidas para rematar a Cidade das Artes e as Ciencias de Valencia, e que nunca chegaron a construírse, ou o proxecto e a maqueta do Centro de convencións de Castelló (tamén de Calatrava) que tampouco chegaron a construírse; o Bai Center, que ía ser o Pazo de Congresos e da Música de Vitoria e que se paralizou no medio da súa execución; o Polideportivo de Bakio (Biscaia), o Pazo de Comunicacións de Madrid... Só espero que non se sinta ofendido nengún político por deixar no disco duro algún proxecto parido por el e do que seguramente se sentirá orgulloso.

De todas formas al que le interesen los números puede consultar en la red e ir sumando los gastos que supusieron, por ejemplo, el L'Agora en Valencia, el Campus de la Justicia de Madrid, el Business and Art. International Center en Victoria, la remodelación del museo Pablo Serrano (instituto aragonés de Artes y Cultura), la Torre del agua de la Expo, la Ciudad del Circo de Alcorcón, las setas de la Encarnación de Sevilla, el Estadio Olímpico de Madrid, el nuevo puerto deportivo de Laredo, la Casa de las Palabras de Vigo, a línea 9 del metro de Barcelona, los tranvías de Jaén, de la Coruña, de Zaragoza, el de Vélez-Málaga, o el de Parla; la rehabilitación del Palacio de San Telmo (sede de la Presidencia de la Junta de Andalucía), las obras del ave y de estaciones como las de Requena-Utiel o la de Cuenca-Fernando Zóbel, el Palacio del sur en Córdoba, la Ciudad de la Luz, el proyecto y la maqueta de las torres de Calatrava concebidas para terminar la Ciudad de las Artes y las Ciencias de Valencia, y que nunca llegaron a construirse, o el proyecto y la maqueta del Centro de convenciones de Castellón (también de Calatrava) que tampoco llegaron a construirse; el Bai Center, que iba a ser el Palacio de Congresos y de la Música de Victoria y que se paralizó en medio de su ejecución; el Polideportivo de Bakio (Vizcaya), el Palacio de Comunicaciones de Madrid... Solo espero que no se sienta ofendido algún político por dejar en el disco duro algún proyecto parido por él y del que seguramente se sentirá orgulloso.
É unha mágoa que a falta de plans de viabilidade, de cálculos reais e definitivos de custos, de gastos de mantemento e, en xeral, o malgaste de diñeiro público para satisfacer as necesidades ególatras dos políticos non supoñan ningún tipo de responsabilidade -para empezar, co seu patrimonio persoal- e todo este malgasto voraz de millóns e millóns de euros desemboque en recesión e sufrimento para quen non o merece. E iso sen contar cos euros que se perden no camiño.

Es una lástima que a falta de planes de viabilidad, de cálculos reales y definitivos de costes, de gastos de mantenimiento y, en general, el derroche de dinero público para satisfacer las necesidades ególatras de los políticos no supongan ningún tipo de responsabilidad -para empezar, con su patrimonio personal- y todo este malgaste voraz de millones y millones de euros desemboque en recesión y sufrimiento para quien no lo merece. Y eso sin contar con los euros que se pierden en el camino.



Son tantos millóns tirados por todas partes que esquecín mencionar A Cidade da Cultura do Monte Gaiás, en Santiago de Compostela.

Son tantos millones tirados por todas partes que me olvidé de mencionar La Ciudad de la Cultura del Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, a la que pertenecen las fotografías que aquí espongo.

A Cidade da Cultura de Galicia está situada en Santiago de Compostela e, segundo a súa web oficial http://www.cidadedacultura.org/galego.aspx

 “…concibida como un polo cultural de grande envergadura, dedicado ao coñecemento e a creatividade contemporánea…a Cidade da Cultura de Galicia perfilouse desde as súas orixes como un instrumento que, conxugando pasado e futuro, permitise a Galicia abordar de maneira integral un ámbito estratéxico para o seu desenvolvemento: o da cultura.

Despois de dez anos dun intenso e rico debate e dun coidado proceso construtivo, a Cidade da Cultura de Galicia bota a andar. Coa apertura da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, inauguradas polos Príncipes de Asturias na simbólica data do 11 de xaneiro de 2011 (11/1/11), ábrese unha nova etapa na que este proxecto cobra vida”

La Ciudad de la Cultura de Galicia está situada en Santiago de Compostela y, según su web oficial  http://www.cidadedacultura.org/

"...concebida como un polo cultural de gran envergadura, dedicado al conocimiento y la creatividad contemporánea ... la Ciudad de la Cultura de Galicia se perfiló desde sus orígenes como un instrumento que, conjugando pasado y futuro, permitiera a Galicia abordar de manera integral un ámbito estratégico para su desarrollo: el de la cultura.

Después de diez años de un intenso y rico debate y de un cuidado proceso constructivo, la Ciudad de la Cultura de Galicia echa a andar. Con la apertura de la Biblioteca y del Archivo de Galicia, inauguradas por los Príncipes de Asturias en la simbólica fecha del 11 de enero de 2011 (11/1/11), se abre una nueva etapa en la que este proyecto cobra vida"

“El País” é un diario editado en castelán dende o 4 de maio de 1976. Así pois, naceu en plena transición do franquismo á democracia, logo de poucos meses de finar o ditador Franco, converténdose no xornal da España democrática. Entón España aspiraba a entrar en Europa, hoxe semella que aspira a saír. Na portada do diario de aquel día figuraba o titular “El reconocimiento de los partidos políticos, condición esencial para la integración en Europa”; tamén figuraba na primeira páxina que Areilza, ministro de exteriores por aquel entón, ía visitar Marrocos…de xeito oficial, suponse que para asinar convenios e esas cousas que fan os políticos. Outro titular, desgraciadamente moi habitual por aqueles tempos e, por fortuna, hoxe en “stand by”, era o asasinato dun garda civil por ETA.

"Él País" es un diario editado en castellano desde el 4 de mayo de 1976. Así pues, nació en plena transición del franquismo a la democracia, luego de pocos meses de fallecer el dictador Franco, convirtiéndose en el periódico de la España democrática. Entonces España aspiraba a entrar en Europa, hoy parece que aspira a salir. En la portada del diario de aquel día figuraba el titular "Él reconocimiento de los partidos políticos, condición esencial para la integración en Europa;" también figuraba en la primera página que Areilza, ministro de exteriores por aquél entonces, iba a visitar Marruecos ... de manera oficial, se supone que para firmar convenios y esas cosas que hacen los políticos. Otro titular, desgraciadamente muy habitual por aquellos tiempos y, por fortuna, hoy en "stand by", era el asesinato de un guardia civil por ETA.

Ademais da edición impresa e de pago, ten unha electrónica gratuíta en castelán  http://elpais.com/ e outra en inglés: http://elpais.com/elpais/inenglish.html 

Además de la edición impresa y de pago, tiene una electrónica gratuita en castellano http://elpais.com/y otra en inglés: http://elpais.com/elpais/inenglish.html
Un respetado redactor deste diario, no que leva traballando preto ou máis de vinte anos, é Francisco Peregil que, ademais de obter o premio Ortega e Gasset de Xornalismo no ano 2003, cubriu as Guerras de Irak e Afganistán, o terremoto de Haití, a captura de Gadafi en Libia, etc. Tamén escribiu a biografía de Camarón de la Isla (“El dolor de un príncipe”) e outros libros , como o “Reportero en Bagdad”, no que relata a guerra de Iraq desde a súa experiencia.
 
Quén o desexe pode ollar algúns dos artigos escritos por Francisco Peregil:
Un respetado redactor de este diario, en el que lleva trabajando cerca o más de veinte años, es Francisco Peregil que, además de obtener el premio Ortega y Gasset de Periodismo en el año 2003, cubrió las Guerras de Irak y Afganistán, el terremoto de Haití, la captura de Gadafi en Libia, etc. También escribió la biografía de Camarón de la Isla ("Él dolor de un príncipe") y otros libros, como el "Reportero en Bagdad", en el que relata la guerra de Irak desde su experiencia.

Quién lo desee puede ojear algunos de los artículos escritos por Francisco Peregil
http://elpais.com/autor/francisco_peregil/a/
Un día despois de que os Príncipes de Asturias inaugurasen a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, Francisco Peregil escribía un artígo no País que titulaba “Monumento a la incoherencia”, no que relata dun xeito resumido a historia da Casa da Cultura, e no que Pedro de Llano, prestixioso arquitecto e detractor do proxecto, manifesta as súas opinións. Un artigo enriquecedor, que aporta moita información e que paga a pena ler.




Un día después de que los Príncipes de Asturias inagurasen la Biblioteca y el Archivo de Galicia, Francisco Peregil escribía un artículo en el País que titulaba "Monumento a la incoherencia", en el que relata de una manera resumida la historia de la Casa de la Cultura, y en el que Pedro de Llano, prestigioso arquitecto y detractor del proyecto, manifiesta sus opiniones. Un artículo enriquecedor, que aporta mucha información y que merece la pena leer.

Ademais dos edificios centrais, dentro do complexo se atopan as Torres de John Hejduk.

Además de los edificios centrales, dentro del complejo se encuentran las Torres de John Hejduk.
 

No ano 1992 o arquitecto neoiorquino Hejduk deseñaba estas torres de 25 metros de altura. Seica nun principio o seu destino era o de torres botánicas no parque de Belvís, tamén en Santiago de Compostela.
 
O arquitecto do proxecto da Cidade da Cultura Peter Eisenman, que fora compañeiro de Hejduk no grupo arquitectónico estadounidense “Five Architects”  http://es.wikipedia.org/wiki/Five_Architects decidiu incluír estas torres no proxecto, coma homenaxe ao desaparecido Hejduk. Os seus esqueletos de aceiro están revestidos de xeito distinto: un con vidro e outro con pedra.

En el año 1992 el arquitecto neoyorquino Hejduk diseñaba estas torres de 25 metros de altura, aunque no llegaron a materializar. Al parecer, en un principio su destino era el de torres botánicas en el parque de Belvís, también en Santiago de Compostela.

El arquitecto del proyecto de la Ciudad de la Cultura Peter Eisenman, que había sido compañero de Hejduk en el grupo arquitectónico estadounidense "Five Architects
http://es.wikipedia.org/wiki/Five_Architects decidió incluir estas torres en el proyecto, como homenaje al desaparecido Hejduk. Sus esqueletos de acero están revestidos de manera distinta: uno con vidrio y otro con piedra.

Relacionado con este complexo arquitectónico engado un vídeo do programa Salvados da Sexta Tv, no que o presentador Jordi Evole entrevista ao Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Cando menos, curioso¡
 
Relacionado con este complejo arquitectónico añado  un vídeo del programa Salvado de la Sexta TV, en el que el presentador Jordi Evole entrevista al Secretario General de Cultura de la Xunta de Galicia. Cuando menos, curioso¡




16 comentarios:

  1. Non por máis próximo, menos interesante.

    ResponderEliminar
  2. En qué manos estamos!!! Y cómo nos dejamos!!! Qué derroche enorme de los fondos que tanto nos ha costado ahorrar entre todos. Las fotos muy chulas y me gusta verlas porque no conozco aún la macro-obra.

    ResponderEliminar
  3. Belissimas fotos e projetos arquitetônicos...interessante explanação!
    Heloisa Crosio

    ResponderEliminar
  4. Increíble el post, las fotos y los textos son muy buenos.
    Sill

    ResponderEliminar
  5. Como gallega que vivo a 10 kilómetro de esta barbaridad, corroboro y apoyo absolutamente cada palabra de Carlos. Ni queriendo lo hubiera dicho mejor. Enhorabuena y bikos.

    ResponderEliminar
  6. Em Espanha como em Portugal, estamos entregues à estupidez, ao gasto desmedido e à inconsciencia. Estes tempos são para pensar seriamente para onde nos querem levar e onde queremos nós ir. Belissima reportagem e considerações. Como sempre Carlos, optimo!

    ResponderEliminar
  7. Al terminar tengo una duda ¿Me han gustado más los comentarios o las fotografías?
    Muchas felicidades, dos grandes trabajos.
    El día que te falte material "político" en Galicia ven a Murcia,donde su aeropuerto sigue la estela del de Castellón (entre miles de temas).

    ResponderEliminar
  8. desde luego uno se echa las manos a la cabeza descubriendo las barbaridades que nos cuentas...como siempre tus fotos son espléndidas. Un abrazo, saldremos adelante a pesar de las zancadillas...seguro. La alegría merece que sigamos luchando por ella, un abrazo.

    ResponderEliminar
  9. Hace un mes estuve allí, hice fotos que aún no me he bajado, las tuyas excelentes, dan la impresión del GIGANTISMO FARAÓNICO MINIMALISTA.
    Del mismo arquitecto en Berlín los cubos paralelepípedos grises formando un laberinto del memorial al holocausto. Aquello costó un ojo de cada berlinés, esto ni se ha pagado ni terminado ni se sabe lo que ha costadoooooo. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  10. Iba a decir el chiste de que Cañita Brava lo haría mejor que cualquier político, pero veo que no es un chiste: no haría tantas tonterías.
    Te emplazo a que, dentro de veinticinco años, saques fotos de las ruinas del Gaiás.

    ResponderEliminar
  11. Carlos! Suas lentes tornam nosso mundo ainda mais maravilhoso... Parabéns e obrigado por compartilhar seu trabalho com conosco, "simples mortais".

    ResponderEliminar
  12. Interesantísima entrada. Enhorabuena.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  13. A los dictadores, monarcas, diputados y fascistas, les faltó leer La República de Platón, qué gran tragedia! El poder corrompe, y también es sublime en ignorancia.

    Saludos.

    ResponderEliminar

COMENTARIOS