ÚLTIMAS ENTRADAS : "ACEREDO: FASCINANTE TRISTEZA" "A REPÚBLICA DE GALIZA" "DÍA DA FOTOGRAFÍA" "KONYAKS" "FIN DE ANO". "RUTA 61: I-NASHVILLE"
gadgets para blogger

MÚSICA NA RÚA/MÚSICA EN LA CALLE


A principios dos oitenta, Howard Gardner, psicólogo, investigador e profesor da Universidade de Harvard, escribe Frames of Mind (Intelixencias múltiples: a teoría na práctica), introducindo a idea de que o ser humano ten intelixencias múltiples e, entre elas, a intelixencia musical. Fala da gran capacidade creativa que os bebés manifestan xogando cos sons e da súa predisposición cara á música, citando estudos que demostran como aos dous meses son capaces de repetir co mesmo ton e volume as cancións que lles cantan as súas nais, ou como dous meses despois teñen desenvolvida a capacidade de imitar a escritura rítmica, e manifestan a súa gran capacidade creativa xogando cos sons.



Gardner analiza a etnia nixeriana dos Anang, na que os bebés, a penas unha semana despois de nacer, son introducidos polas súas nais no mundo da música, mentres que os seus pais lles confeccionan pequenos tambores. Con dous anos teñen formados grupos nos que bailan, cantan e tocan instrumentos de percusión e, con cinco, realizan complicados bailes, tocan varios instrumentos de percusión e saben cantar decenas e decenas de cancións. Os antropólogos descubriron estas calidades en todos os nenos Anang que foron obxecto do seu estudo. Pena que cos tempos que corren vai ser moi difícil que os nenos deste mundo occidental no que nos tocou vivir non van ter a oportunidade de escoitar como tocan a percusión os Anang, agás que se despracen a Nixeria e iso porque os nosos queridos "representantes" pouco a pouco, decreto a decreto, están a conseguir que oportunidades como esas cada vez se afasten máis.



A principios de los ochenta, Howard Gardner, psicólogo, investigador y profesor de la Universidad de Harvard, escribe Frames of Mind (Inteligencias múltiples: la teoría en la práctica), introduciendo la idea de que el ser humano tiene inteligencias múltiples y, entre ellas, la inteligencia musical.  Habla de la  gran capacidad creativa que los bebés manifiestan jugando con los sonidos y de su predisposición hacia la música, citando estudios que demuestran como a los dos meses son capaces de repetir con el mismo tono y volumen las canciones que les cantan sus madres, o como dos meses después tienen desarrollada la capacidad de imitar la escritura rítmica, y manifiestan su gran capacidad creativa jugando con los sonidos.

Gardner analiza la etnia nigeriana de los Anang, en la que los bebés, a penas una semana después de haber nacido, son introducidos por sus madres en el mundo de la música, mientras que sus padres les confeccionan pequeños tambores. Con dos años tienen formados grupos en los que bailan, cantan y tocan instrumentos de percusión y con cinco, realizan complicados bailes, tocan varios instrumentos de percusión y saben cantar decenas y decenas de canciones. Los antropólogos descubrieron estas cualidades en todos los niños Anang que fueron objeto de su estudio. Lástima que con los tiempos que corren va a ser muy difícil que los niños de este mundo occidental en el que nos tocó vivir no van a tener la oportunidad de escuchar como tocan la percusión los Anang, salvo que se desplacen a Nigeria, y ello porque nuestros queridos “representantes” poco a poco, decreto a decreto, están consiguiendo que oportunidades como esas cada vez se alejen más.

O 1 de setembro de 2012 o IVE cultural en España pasa dun tipo reducido do 8% ao xeral do 21%, asestando un duro golpe ao sector cultural, un sector machucado por esa crise inventada. Como consecuencia desta medida diminuíron as actividades culturais e artísticas en directo así como o público asistente a estas, perdéndose en competitividade con respecto a outros países e reducíndose o número de empregos directos e todos os indirectos que esta industria xera e, loxicamente, recadándose menos en impostos de IRPF e Sociedades e en seguros sociais.
Centrándonos na música, e por citar algunha desas cifras que adoran os políticos, segundo un informe elaborado pola Asociación de Promotores Musicais (APM) sobre a negativa repercusión que esta suba de impostos tivo no sector da música en directo dende o 1 de setembro de 2012 ao 31 de marzo de 2013, a recadación neta por venda de entradas sufriu un descenso do 24,32% en relación co mesmo período do ano anterior, co consecuente descenso dos dereitos de autor, tarifados nun 10% sobre esa recadación. As principais conclusións recollidas neste informe son as seguintes:


-Unha redución do 27,51% dos ingresos das empresas

-Un 25% das empresas do sector desapareceron ou reduciron o seu número de traballadores.


-Destruíronse uns 500 empregos directos, xeneralizouse a redución de salarios e desapareceron miles de postos de traballo temporais/indirectos.


-Descenso na recadación fiscal de 2.762.826,92 euros.


El 1 de septiembre de 2012 el IVA cultural en España pasa de un tipo reducido del 8% al general del 21%, asestando un duro golpe al sector cultural, un sector machacado por esa crisis inventada. Como consecuencia de esta medida disminuyeron las actividades culturales y artísticas en directo así como el público asistente a las mismas, perdiéndose en competitividad con respecto a otros países y reduciéndose el número de empleos directos y todos los indirectos que esta industria genera y, lógicamente, recaudándose menos en impuestos de IRPF y Sociedades y en seguros sociales.
Centrándonos en la música, y por citar alguna de esas cifras que adoran los políticos, según un informe elaborado por la Asociación de Promotores Musicales (APM) sobre la negativa repercusión que esta subida de impuestos ha tenido en el sector de la música en directo desde el 1 de septiembre de 2012 al 31 de marzo de 2013, la recaudación neta por venta de entradas sufrió un descenso del 24,32% en relación con el mismo período del año anterior, con el consecuente descenso de los derechos de autor, tarifados en un 10% sobre esa recaudación. Las principales conclusiones recogidas en este informe son las siguientes:
-Una reducción del 27,51% de los ingresos de las empresas.

-Un 25% de las empresas del sector han desaparecido o han reducido su número de trabajadores.
-Se han destruido unos 500 empleos directos, se ha generalizado la reducción de salarios y han desaparecido miles de puestos de trabajo temporales/indirectos.
-Descenso en la recaudación fiscal de 2.762.826,92 euros.


Antes podíase tocar libremente nas rúas das distintas cidades de España, ata que en cidades como por exemplo Barcelona ou Madrid, esta actividade cultural empezouse a prohibir mediante limitacións cada vez máis estritas.

O Pleno do Concello de Madrid, con data 26 de setembro de 2012, aprobou a Declaración de Zona de Protección Acústica Especial correspondente ao Distrito Centro, así como o seu Plan Zonal Específico, co fin de alcanzar os obxectivos de calidade acústica, garantir a boa convivencia cidadá e asegurar o respecto ao descanso dos veciños e residentes do distrito.
As últimas prohibicións en relación con este tema regúlaas por decreto o Concello de Madrid, aprobando con data 7 de outubro de 2013 as bases da convocatoria pública para a obtención de autorización para realizar actuacións musicais nas vías ou espazos públicos do Distrito de Centro, o núcleo cultural e de ocio máis visitado de Madrid. Para iso ábrese un prazo de 30 días no que se poderán presentar solicitudes para poder tocar na rúa, indicando o tipo de música, a identificación de cada un dos integrantes do grupo musical, no seu caso, e achegando un currículo. Vamos, como unha oposición en toda regra para poder tocar nalgunhas das rúas de Madrid, xa que noutras moitas que se citan en anexo ao decreto, a música está prohibida con ou sen esta licenza. Establécense tamén unhas limitacións horarias e de duración das actuacións, de separación dunhas actuacións a outras, das terrazas de veladores, etc. Expresamente prohíbese tamén o uso de instrumentos de percusión, amplificadores e reprodutores.

Antes se podía tocar libremente en las calles de las distintas ciudades de España, hasta que en ciudades como por ejemplo Barcelona o Madrid, esta actividad cultural  se empezó a prohibir mediante limitaciones cada vez más estrictas.
El Pleno del Ayuntamiento de Madrid, con fecha 26 de septiembre de 2012, aprobó la Declaración de Zona de Protección Acústica Especial correspondiente al Distrito Centro, así como su Plan Zonal Específico, con el fin de alcanzar los objetivos de calidad acústica, garantizar la buena convivencia ciudadana y asegurar el respeto al descanso de los vecinos y residentes del distrito.
Las últimas prohibiciones en relación con este tema las regula por decreto el Ayuntamiento de Madrid, aprobando con fecha 7 de octubre de 2013 las bases de la convocatoria pública para la obtención de autorización para realizar actuaciones musicales en las vías o espacios públicos del Distrito de Centro, el núcleo cultural y de ocio más visitado de Madrid. Para ello se abre un plazo de 30 días en el que se podrán presentar solicitudes para poder tocar en la calle, indicando el tipo de música, la identificación de cada uno de los integrantes del grupo musical, en su caso, y adjuntando un currículum. Vamos, como una oposición en toda regla para poder tocar en algunas de las calles de Madrid, ya que en otras muchas que se citan en anexo al decreto, la música está prohibida con o sin esta licencia. Se establecen también unas limitaciones horarias y de duración de las actuaciones, de separación de unas actuaciones a otras, de las terrazas de veladores, etc. Expresamente se prohíbe también el uso de instrumentos de percusión, amplificadores y reproductores.




Dende logo que debe existir unha regulación; claro que deben existir unhas normas mínimas de convivencia, pero o que non se pode é prohibir polo mero feito de prohibir, esixir aos de sempre e confundir ruído e música. A rúa é para expresarse libremente, é unha escola de artistas; se non fose así ao mellor nunca chegariamos a coñecer a Macaco ou a Manu Chao, ou o Hallelujah de Leonard Cohen, ou "Blowin ' in the Wind" de Bob Dylan, escoitar o caixón flamenco que acompañaba a Camarón, ou deleitarnos con músicos e versións como estas:
Desde luego que debe existir una regulación; claro que deben existir unas normas mínimas de convivencia, pero lo que no se puede es prohibir por el mero hecho de prohibir, exigir siempre a los mismos y confundir ruido y música. La calle es para expresarse libremente, es una escuela de artistas. Si no fuera así a lo mejor nunca llegaríamos a conocer a Macaco o a Manu Chao, el Hallelujah de Leonard Cohen, el “Blowin' in the Wind” de Bob Dylan,  escuchar el cajón flamenco que acompañaba a Camarón, o deleitarnos con músicos y versiones como estas:

Grazas a este decreto vanse cambiar as rúas de Madrid: haberá menos música, as guitarras eléctricas deixarán de selo, non se poderán escoitar as músicas doutras culturas baseadas fundamentalmente na percusión, moitos músicos perderán a súa, ás veces, única fonte de ingresos para alimentar os seus fillos e veranse obrigados a... non sei, prefiro non o pensar.
Con esta normativa Omara Portuondo tería que deixar na súa casa ao músico que o acompaña coas súas tumbadoras porque, claro, é un instrumento de percusión. Non obstante Carlos Núñez, por exemplo, cumpriría todos os requisitos establecidos nesta normativa poderá tocar a gaita de 10 a 12, de 14 a 15, de 17 a 19 e de 20 a 22 (7 horas/día) diante da casa dun traballador que traballou en quenda de noite e que ás 9 da mañá se dispón a gozar dun soño reparador e necesario. Ben, en calquera caso, Omara e Carlos, Carlos e Omara, terían que superar as "probas de idoneidade". Por certo, como o prazo para a presentación de solicitudes xa finalizou, non sei se terían que esperar a que se convoquen novas oposicións ou se o Concello de Madrid ten pensado elaborar unhas listas de interinos para cubrir eventuais baixas ou para levar a cabo algunha que outra obra ou servizo determinados.
Gracias a este decreto se van a cambiar las calles de Madrid: habrá menos música, las guitarras eléctricas dejarán de serlo, no se podrán escuchar las músicas de otras culturas basadas fundamentalmente en la percusión, muchos músicos perderán su, a veces, única fuente de ingresos para alimentar a sus hijos y se verán obligados a... no sé, prefiero no pensarlo.
Con esta normativa Omara Portuondo tendría que dejar en su casa al músico que le acompaña con sus tumbadoras porque, claro, es un instrumento de percusión. Sin embargo Carlos Núñez, por ejemplo, cumpliría todos los requisitos establecidos en esta normativa podrá tocar la gaita de 10 a 12, de 14 a 15, de 17 a 19 y de 20 a 22  (7 horas/día) delante de la casa de un trabajador que trabajó en turno de noche y que a las 9 de la mañana se dispone a disfrutar de un sueño reparador y necesario. Bueno, en cualquier caso, Omara y Carlos, Carlos y Omara, tendrían que superar las “pruebas de idoneidad”. Por cierto, como el plazo para la presentación de solicitudes ya finalizó, no sé si tendrían que esperar a que se convoquen nuevas oposiciones o si el Ayuntamiento de Madrid tiene pensado elaborar unas listas de interinos para cubrir eventuales bajas o para llevar a cabo alguna que otra obra y servicio determinados.
Por citar uns exemplos, a gaita pode alcanzar uns 120 dB, moi por enriba dun amplificador de por exemplo 65 dB e de moitos instrumentos de percusión; a bucina dun coche uns 90-100 dB., o cal non está nada mal se temos en conta que o tráfico asume case o 80% dos ruídos diarios. Os ruídos que soportan a diario os traballadores non sei que cantidade de decibelios suman. Non sei o que chegarán a molestar aos subalternos, administrativos, cámaras e demais traballadores do Parlamento, as gargalladas, os aplausos ou os asubíos que de dedican os representantes duns grupos a outros, ou cantos decibelios pode alcanzar o ruído que producen os seus tacóns ao baixar pola escalinata correndo para abandonar o recinto ao finalizar a súa xornada laboral. Non o sei, pero seguro que pode chegar a ser... molesto.
Está claro que na rúa hai de todo e está estudado que o ruído, ao igual que unha peza de música fatalmente interpretada pode chegar a producir efectos físicos e sociolóxicos negativos sobre os seres humanos, chegando a alterar o pulso, a presión sanguínea, o rendemento no traballo, etc. Pero tamén está claro o carácter subxectivo do ruído e dos gustos musicais e que polo tanto creo que, ademais de antidemocrático, é imposible que un xurado poida decidir sobre os gustos ou preferencias musicais de toda unha cidade, sobre quen pode ou non se expresar na rúa e se pode facer blues, jazz, reggae, clásica, country, ópera, rap, pop, soul ou o que sexa. Para iso está a autoselección, xa que se es francamente malo ou a túa arte non di nada na rúa, ninguén colaborará botándoche un euro na gorra e rematarás deixándoo.


Por citar unos ejemplos, la gaita puede alcanzar unos 120 dB, muy por encima de un amplificador de por ejemplo 65 dB y de muchos instrumentos de percusión; la bocina de un coche unos 90-100 dB., lo cual no está nada mal si tenemos en cuenta que el tráfico asume casi el 80% de los ruidos diarios. Los ruidos que soportan a diario los trabajadores no sé que cantidad de decibelios suman. No sé lo que llegarán a molestar a los ujieres, administrativos, cámaras y demás trabajadores del Parlamento,  las carcajadas, los aplausos o los pitidos que de dedican los representantes de unos grupos a otros, o cuantos decibelios puede alcanzar el ruido que producen sus tacones al bajar por la escalinata corriendo para abandonar el recinto al finalizar su jornada laboral. No lo sé, pero seguro que puede llegar a ser... molesto.

Está claro que en la calle hay de todo y está estudiado que el ruido, al igual que una pieza de música fatalmente interpretada puede llegar a producir efectos físicos y sociológicos negativos sobre los seres humanos, llegando a alterar el pulso, la presión sanguínea, el rendimiento en el trabajo, etc. Pero también está claro el carácter subjetivo del ruido y de los gustos musicales y que por lo tanto creo que, además de antidemocrático,  es imposible que un jurado pueda decidir sobre los gustos o preferencias musicales de toda una ciudad, sobre quien puede o no expresarse en la calle y si puede hacer blues, jazz, reggae, clásica, country, ópera, rap, pop, soul o lo que sea. Para eso está la autoselección, ya que si eres francamente malo o tu arte no dice nada en la calle, nadie colaborará echándote un euro en la gorra y terminarás dejándolo.

Tampouco acabo de comprender a esixencia de presentación dun currículo para aspirar a tocar na rúa, pero ben, parece que é outra forma de seleccionar moi típica desta sociedade e que cada día se esixe máis a todos os colectivos; ben, a todos os colectivos menos a un, porque aos políticos non se lles esixe nin currículo, nin estudos, nin ningún tipo de proba selectiva, nin sequera se lles esixe que sexan electos; é unha mágoa, porque un mínimo, un pouquiño se lles debía esixir aos que pretenden representarnos. Así evitariamos que o Ministerio de Traballo, o encargado de realizar as reformas laborais, puidera estar a cargo dunha persoa que na súa vida traballou; ou que teñamos que escoitar destes representantes frases como que "O matrimonio homosexual é coma se se suman unha mazá e unha pera... nunca poden dar dúas mazás! ' ou nos demóstren a súa falta de cultura xeral ao dicir que se aínda non nos decatamos que o meridiano de Greenwich pasa por Canarias ou que Carmina Burana é unha das boas cantantes deste país.
Ruído non é a percusión que se lles transmite a súa sociedade aos nenos Anang; ruído é o que transmite esta sociedade aos seus nenos ao levalos a festas cun volume esaxerado ou con animadores que lles berran para incitalos a berrar a eles tamén, ou cando se lles dan xoguetes de última xeración que emiten uns sons desorbitados e moitas veces distorsionados

Non se pode excluír cada día máis á música da educación e da sociedade, porque a música é unha linguaxe universal, un medio universal de comunicación que favorece a imaxinación e a capacidade creativa das persoas e serve para expresar libremente ideas, sentimentos e estados de ánimo.

Bo Nadal.

Tampoco acabo de comprender la exigencia de presentación de un currículum para aspirar a tocar en la calle, pero bueno, parece que es otra forma de seleccionar muy típica de esta sociedad y que cada día se exige más a todos los colectivos; bueno, a todos los colectivos menos a uno, porque a los políticos no se les exige ni currículum, ni estudios, ni ningún tipo de prueba selectiva, ni siquiera se les exige que sean electos;  es una pena, porque un mínimo, un poquito se les debía exigir a quienes pretenden representarnos. Así evitaríamos que el Ministerio de Trabajo, el encargado de realizar las reformas laborales, pudiera estar a cargo de una persona que en su vida trabajó; o que tengamos que escuchar de estos representantes frases como que “El matrimonio homosexual es como si se suman una manzana y una pera... ¡nunca pueden dar dos manzanas!' o nos demuestren su falta de cultura general al decir que si aún no nos enteramos que el meridiano de Greenwich pasa por Canarias o que Carmina Burana es una de las buenas cantantes de este país.


Ruido no es la percusión que se les transmite su sociedad a los niños Anang; ruido es el que transmite esta sociedad a sus niños al llevarlos a fiestas con un volumen exagerado o con animadores que les gritan para incitarlos a gritar a ellos también, o cuando se les dan juguetes de últimísima generación que emiten unos sonidos desorbitados y muchas veces distorsionados

No se puede excluir cada día más a la música de la educación y de la sociedad, porque la música es un lenguaje universal, un medio universal de comunicación que favorece la imaginación y la capacidad creativa de las personas y sirve para expresar libremente ideas, sentimientos y estados de ánimo.

Feliz Navidad

15 comentarios:

  1. Calrús, gústame o teu "tono".
    Xa só nos falta que os mandamases nos fagan un exame para poder ter un blog.
    Bicos e Feliz Nadal !!!!

    ResponderEliminar
  2. Tengo que leer esto con más calma (estos días estoy de mudanza de domicilio...) pero esos B/W, están que tumban de espaldas tanto en la realización, como en la edición y por descontado con lo que transmiten.
    Como bien dices, Feliz Navidad ;-)

    ResponderEliminar
  3. INCREIBLE ! Es muy cierto todo lo que manifestás. Fueron por todo, ahora van por los artistas... Penoso.

    ResponderEliminar
  4. Buena denuncia, buenas fotos y un video interesante.

    ResponderEliminar
  5. Tienes toda la razón en lo que dices. Un país en el que se le pone trabas a la cultura terminará en el cieno de la ignorancia. Buenas fotos. Feliz Navidad.
    P.D. En unos días limitaré aún más mis horas de conexión, ese 11% en la subida de la luz tiene la culpa.

    ResponderEliminar
  6. Tienes razón... Tus fotos cada vez mejores. Feliz Navidad!

    ResponderEliminar
  7. Totalmente de acuerdo con tú análisis,, estamos volviendo a épocas anteriores,, una vergüenza!!!
    Feliz Navidad

    ResponderEliminar
  8. Suscribo absolutamente todo lo que dices, cómo no. Que pases felices fiestas y a ver si conseguimos seguir disfrutando de la música de alguna manera (espero que dejen alguna)
    Saludos.

    ResponderEliminar
  9. Aínda hai alguén que se cree iso de que os políticos traballan para nós?
    Si, moitos dos votantes; pero sobre todo os que votan á dereita.
    Salud y buena música.

    Otrosí digo: los que examinan a los músicos qué son, ¿funcionarios?, ¿contratados a tal efecto?, ¿parientes?
    Aínda por riba, nos tempos que corren, gástanse o noso diñeiro niso?
    Saúde.

    ResponderEliminar
  10. Gracias,el tema y las fotos buenísimas,me toca profundamente,soy exploradora de la música y fotógrafa y pienso que si se invirtiera mas en la cultura en la música dar a cada niño una guitarra por ej en vez de metralletas,o alimentar la guerra el mundo seria distinto,es cierto la claridad musical que tienen los niños,me encanta,se les debería enseñar,mas música pero claro,una cultura que persigue el éxito,ganar dinero,en fin que viva la música.

    ResponderEliminar
  11. Obrigada pelo convite, muito lindo as fotografias, parabéns pelo blog :)

    ResponderEliminar
  12. Hola,
    Seguramente es lɑ սnikca ocasion que he visitado tu
    blog y tengo quue comentar que esta bastante Ьien y segսramentе me verаs mmas frеcuentemente por aqui.


    Un saludo!

    Noticiaѕ гelacionadas ; Esteban

    ResponderEliminar
  13. MARAVILLOSAS TODAS ESTAS FOTOGRAFÍAS , Y TOTALMENTE DE ACUERDO CON SU OPINIÓN , ME ENCANTA ENCONTRARME MÚSICOS POR LAS CALLES , ES UN PLACER Y UN HONOR PODERLOS ESCUCHAR .

    ResponderEliminar

COMENTARIOS