ÚLTIMAS ENTRADAS : " "DANAKIL IV: DALLOL: A EXCEPCIÓN" "OS AFAR" "A RUTA 6 (I)"
gadgets para blogger

BOSQUE PETRIFICADO


O Parque Nacional do Bosque Petrificado de Arizona é unha das maiores concentracións de madeira petrificada do mundo.

Declarado Monumento Nacional en 1906, é un bosque prehistórico que se formou a partir de solemnes coníferas do período xeolóxico do Triásico -hai máis de 200 millóns de anos- caídos e arrastrados polos ríos e correntes de auga e posteriormente sepultos.

El Parque Nacional del Bosque Petrificado de Arizona es una de las mayores concentraciones de madera petrificada del mundo.

Declarado Monumento Nacional en el año 1906, es un bosque prehistórico que se formó a partir de solemnes coníferas del período geológico del Triásico -hace más de 200 millones de años- caídos y arrastrados por los ríos y corrientes de agua y posteriormente sepultados.


Ao estar privados de osíxeno baixo as capas de sedimentos de lamas e cinzas volcánicas diminúese a descomposición do material orgánico.

O proceso de fosilización ou petrificación ten lugar cando o sílice e outros minerais arrastrados polas augas se filtran e pegan aos troncos, alterando as súas propiedades, xa que parte dos tecidos vexetais que forman o material orgánico da árbore son substituídos por estes minerais que, co transcurso do tempo, se converten en materiais cunha dureza e aspecto similares ao cuarzo, cuarzo transparente, amarelo, vermello e doutras cores.

Os movementos das placas terrestres motivados por grandes actividades volcánicas e sísmicas foron os responsables de elevar os terreos, deixando á vista aos troncos petrificados sobre o chan do deserto, ao redor dunha paisaxe impresionante.

Al estar privados de oxígeno bajo las capas de sedimentos de lodos y cenizas volcánicas se disminuye la descomposición del material orgánico.

El proceso de fosilización o petrificación tiene lugar cuando el sílice y otros minerales arrastrados por las aguas se filtran y adhieren a los troncos, alterando sus propiedades, ya que parte de los tejidos vegetales que forman el material orgánico del árbol son sustituidos por estos minerales que, con el transcurso del tiempo, se convierten en materiales con una dureza y aspecto similares al cuarzo, cuarzo transparente, amarillo, rojo y de otros colores.

Los movimientos de las placas terrestres motivados por grandes actividades volcánicas y sísmicas fueron los responsables de elevar los terrenos, dejando a la vista a los troncos petrificados sobre el suelo del desierto, alrededor de un paisaje impresionante.


É incrible como conservan a súa estrutura na que se poden ver os aneis de crecemento e todo luxo de detalles das árbores.

Es increíble como conservan su estructura en la que se pueden ver los anillos de crecimiento y todo lujo de detalles de los árboles.

O conxunto forma unha paisaxe única…surealista.

El conjunto forma un paisaje único...surrealista.