ÚLTIMAS ENTRADAS : "THANAKA" "ALDEAS DE KENGTUNG" "GRAND POPÓ I: A DANZA RITUAL"
gadgets para blogger

Hong Kong está situada na costa sueste de China, na desembocadura do río das Perlas, ten máis de 7 millóns de habitantes (unha media de 6500 habitantes por quilómetro cadrado) e está formada por unha península (Kowloon) e máis de 260 illas.

Hong Kong está situada en la costa sureste de China, en la desembocadura del río de las Perlas, tiene más de 7 millones de habitantes (una media de 6500 habitantes por kilómetro cuadrado) y está formada por una península (Kowloon) y más de 260 islas.




Un cúmulo de imaxes en contraste mergúllante nun mundo de sensacións: a riqueza e a pobreza, centos de rañaceos fronte a unha ampla zona rural, muros de formigón e natureza, centros comerciais e unha variedade indescritible de mercados como o Ladies Market ou o mercado nocturno do Temple. Canellóns estreitos e escuros conviven co espectáculo permanente de luz e son máis grande do mundo no que, raios láser multicolores provenientes de máis de 40 edificios situados a ambos lados da bahía poboan o ceo de Hong Kong.

Un cúmulo de imágenes en contraste te sumergen en un mundo de sensaiones: la riqueza y la pobreza, cientos de rascacielos frente a una amplia zona rural, muros de hormigón y naturaleza, centros comerciales y una variedad indescriptible de mercados como el Ladies Market o el mercado nocturno del Temple. Callejones estrechos y oscuros conviven con el espectáculo permanente de luz y sonido más grande del mundo en el que, rayos láser multicolores provenientes de más de 40 edificios situados a ambos lados de la bahía pueblan el cielo de Hong Kong.


O contraste ou a fusión do mundo occidental e o oriental, da infuencia colonial e os costumes tradicionais de Oriente fan que sexa un lugar especial.

El contraste o la fusión del mundo occidental y el oriental, de la influencia colonial y las costumbres tradicionales de Oriente hacen que sea un lugar especial

Hong Kong foi unha colonia de Gran Bretaña ata 1997, ano no que pasou de novo ao control chinés tras unha Declaración Conxunta asinada por China e o Reino Unido o 19 de decembro de 1984 en Beijing. Na actualidade é unha Rexión Administrativa Especial de China, quen prometeu que, baixo a política de “un país, dous sistemas”, o sistema económico socialista de China non se aplicaría, comprometéndose a respectar o sistema legal existente en Hong Kong  e unha democracia limitada por 50 anos, ata o ano 2047.

Hong Kong fue una colonia de Gran Bretaña hasta 1997, año en el que pasó de nuevo al control chino tras una Declaración Conjunta firmada por China y el Reino Unido el 19 de diciembre de 1984 en Beijing. En la actualidad es una Región Administrativa Especial de China, la cual prometió que, bajo la política de "un país, dos sistemas" el sistema económico socialista de China no se aplicaría, comprometiéndose a respetar el sistema legal existente en Hong Kong y una democracia limitada por 50 años, hasta el año 2047.
Cando percorres as súas rúas, chama a atención a gran cantidade de persoas que, afeitas a un clima moi cambiante, portan nas súas mans un paraugas, ben para protexerse do sol, ben da choiva. Hoxe o paraugas converteuse nunha icona internacional, grazas á dispar contenda nada entre un grupo multitudinario de hongkoneses pacifistas e un xigante asiático e os seus antidisturbios.
Cuando recorres sus calles, llama la atención la gran cantidad de personas que, acostumbradas a un clima muy cambiante, llevan en sus manos un paraguas, bien para protegerse del sol, bien de la lluvia. Hoy el paraguas se convirtió en un icono internacional, gracias a la dispar contienda nacida entre un grupo multitudinario de hongkoneses pacifistas y un gigante asiático y sus antidisturbios.



Miles de mozos universitarios aos que se van sumando familias e diferentes seguidores, que cada día reciben máis apoios internacionais de solidariedade, iniciaron unha protesta contra o goberno chinés a favor dun sufraxio universal sen filtros...a favor dunha democracia real.



Miles de jóvenes universitarios a los que se van sumando familias y diferentes seguidores, que cada día reciben más apoyos internacionales de solidaridad, iniciaron una protesta contra el gobierno chino a favor de un sufragio universal sin filtros…a favor de una democracia real.




Os dirixentes chineses decidiron que os cidadáns elixan o seu gobernador a través dunhas “eleccións libres” que se celebrarán en 2017. Pero trátase dunha noticia enganosa que ten letra pequena, xa que as candidaturas “abertas” terán que obter polo menos o 50% dos votos dun Comité Electoral de 1.200 persoas, o que na práctica tradúcese en que a última palabra a terá Beijing.
Los dirigentes chinos decidieron que los ciudadanos elijan su gobernador a través de unas "elecciones libres" que se celebrarán en 2017. Pero se trata de una noticia engañosa que tiene letra pequeña, ya que las candidaturas "abiertas" tendrán que obtener por lo menos el 50% de los votos de un Comité Electoral de 1200 personas, lo que en la práctica se traduce en que la última palabra la tendrá Beijing.
Ante esta situación xurdiron manifestacións pacifistas reivindicando unha democracia real, que foron adquirindo un cariz violento pola represión policial que utilizou gas pementa e gases lacrimóxenos para tentar disolvelas. Os manifestantes comezaron a utilizar os seus paraugas para “se protexer”, polo que o movemento identificouse como  “Umbrella revolution” (Revolución do Paraugas).
Ante esta situación surgieron manifestaciones pacifistas reivindicando una democracia real, que fueron adquiriendo un cariz violento por la represión policial que utilizó gas pimienta y gases lacrimógenos para intentar disolverlas. Los manifestantes comenzaron a utilizar sus paraguas para "protegerse", por lo que el movimiento se identificó como "Umbrella revolution" (Revolución del paraguas)



Do mesmo xeito que nas protestas da praza de Tiananmen de 1989, un home anónimo sen armas enfrontouse aos tanques (foto gañadora do World Press Photo de 1989), agora a imaxe do paraugas é a icona da  resistencia pacífica que se vive nas rúas de Hong Kong e que, segundo os analistas, supón a peor crise política de China desde aquelas manifestacións de Tiananmen , que acabaron nun masacre con miles de persoas feridas ou mortas.
De igual manera que en las protestas de la plaza de Tiananmen de 1989, un hombre anónimo sin armas se enfrentó a los tanques (foto ganadora del World Press Photo de 1989), ahora la imagen del paraguas es el icono de la resistencia pacífica que se vive en las calles de Hong Kong y que, según los analistas, supone la peor crisis política de China desde aquellas manifestaciones de Tiananmen, que acabaron en una masacre con miles de personas heridas o muertas.


A principal organización que está detrás do movemento faise chamar “Occupy Central with Love and Peace” (Ocupa o Centro con Paz e Amor), coñecida mundialmente como “Occupy Central”. Foi fundada por Benny Tai, un profesor de dereito da Universidade de Hong Kong, e o seu amigo Chan Kin-man, sociólogo e ex profesor universitario. Destacar nesta revolución o papel importante de Chu Yiu-ming,  un reverendo que axudou a escapar de China a moitos sobreviventes de Tiananmen, e Joshua Wong, un mozo de 17 anos que foi o fundador do Scholarism, un movemento estudantil que loitou contra o “Plan Nacional e Moral de Educación” imposto desde China, e que acadou que 120.000 persoas apoiasen as súas ideas.
La principal organización que está detrás del movimiento se hace llamar “Occupy Central with Love and Peace” (Ocupa el Centro con Paz y Amor), conocida mundialmente como "Occupy Central". Fue fundada por Benny Tai, un profesor de derecho de la Universidad de Hong Kong, y su amigo Chan Kin-man, sociólogo y ex profesor universitario. Destacar en esta revolución el papel importante de Chu Yiu-ming, un reverendo que ayudó a escapar de China a muchos sobrevivientes de Tiananmen, y Joshua Wong, un joven de 17 años que fue el fundador de Scholarism, un movimiento estudiantil que luchó contra el "Plan Nacional y Moral de Educación" impuesto desde China, y que consiguió que 120.000 personas apoyasen sus ideas.
As manifestacións están sendo un exemplo de organización: repártense bocadillos, froita,  auga, toallas e medicamentos; o lixo clasifícase e recóllese separando o papel do plástico e dos restos orgánicos; facilítanse cargadores para os móbiles e algunhas persoas que viven preto do lugar da protesta  colocan letreiros co seu número de teléfono para que quen o necesite, poida contactar con eles e usar a súa electricidade para recargar as baterías. Deste xeito os manifestantes poden seguir conectados. Non hai que esquecerse do rol importante que xogan os teléfonos móbiles nestas situacións, tanto para a intercomunicación entre eles como para que a información se comparta por todo o mundo a través de internet e as redes sociais; como tampouco hai que esquecer que Hong Kong é o  Lugar do mundo con máis teléfonos móbiles per cápita.

Las manifestaciones están siendo un ejemplo de organización: se reparten bocadillos, fruta, agua, toallas y medicamentos; la basura se clasifica y se recoge separando el papel del plástico y de los restos orgánicos; se facilitan cargadores para los móviles y algunas personas que viven cerca del lugar de la protesta colocan letreros con su número de teléfono para que quien lo necesite, pueda contactar con ellos y usar su electricidad para recargar las baterías. De esta forma los manifestantes pueden seguir conectados. No hay que olvidarse del rol que juegan los teléfonos móviles en estas situaciones, tanto para la intercomunicación como para que la informacción se comparta a través de internet y de las redes sociales; como tampoco hay que olvidar que Hong Kong es el lugar del mundo con más teléfonos móviles per cápita.


Parece ser que o goberno fixo uso do seu aparello represor, censurando a información ou filtrando vídeos en internet e sobre todo nas redes sociais como Instagram ou Weibo, esta última, a rede social oficial do país.

Parece ser que el gobierno hizo uso de su aparato represor, censurando la información o filtrando vídeos en internet y sobre todo en las redes sociales como Instagram o Weibo, esta última, la red social oficial del país.

A posibilidade de que nalgún momento se desactivasen as redes de telefonía móbil ou de que se saturasen por acumulación de tantas persoas nun mesmo lugar, levou á descarga masiva dunha aplicación de mensaxería chamada FireChat, que permite o intercambio de mensaxes sen dispoñer de wifi ou conexión de datos.

La posibilidad de que en algún momento se desactivasen las redes de telefonía móvil o de que se saturasen por acumulación de tantas personas en un mismo lugar, llevó a la descarga masiva de una aplicación de mensajería llamada FireChat, que permite el intercambio de mensajes sin disponer de wifi o conexión de datos.



Os teléfonos sustitúen tamén as veas, cada vez máis en desuso nos acontecementos multitudinarios, xa que son prácticos e o brillo das súas pantallas destaca entre as multitudes creando unha bonita imaxe solidaria.
Los teléfonos sustituyen también a las velas, cada vez más en desuso en los acontecimientos multitudinarios, ya que son prácticos y el brillo de sus pantallas destaca entre las multitudes creando una bonita imagen solidaria.


Un cuarteto de cordas interpreta o "Do you hear the people sing", converténdose no seu himno. Esta peza cántase no musical "lles Miserables" mentres os revolucionarios de París se preparan para rebelarse contra o seu goberno.
Un cuarteto de cuerdas interpreta el “Do you hear the people sing”, convirtiéndose en su himno. Esta pieza se canta en el musical “les Miserábles” mientras los revolucionarios de París se preparan para rebelarse contra su gobierno.

En distintos países foron convocadas protestas a favor da democracia en Hong Kong. Estados Unidos, manifestou o seu apoio ao sufraxio universal de acordo coa Lei Fundamental e as aspiracións do pobo de Hong Kong. Gran Bretaña faise eco das protestas e pide que se protexa a liberdade de expresión.
En distintos países fueron convocadas protestas a favor de la democracia en Hong Kong. Estados Unidos manifestó su apoyo al sufragio universal de acuerdo con la Ley Fundamental y las aspiraciones del pueblo de Hong Kong. Gran Bretaña se hace eco de las protestas y pide que se proteja la libertad de expresión.


China ve nestas mensaxes un intento de intervención no territorio e cualifica de extremistas aos manifestantes e de ilegais as protestas; non senta a dialogar con lideres do movemento, limitándose a deixar claro que non tolerará a disidencia e a manifestar que Hong Kong é China e os conflitos internos de Hong Kong son cuestión a resolver por China, sen preocuparlle as promesas realizadas, os compromisos adquiridos con outros países ou a opinión pública internacional.
China ve en estos mensajes un intento de intervención en el territorio y califica de extremistas a los manifestantes y de ilegales las protestas; no se sienta a dialogar con líderes del movimiento, limitándose a dejar claro que no tolerará la disidencia y a manifestar que Hong Kong es China y los conflictos internos de Hong Kong son cuestión a resolver por China, sin preocuparle las promesas realizadas, los compromisos adquiridos con otros países o la opinión pública internacional.

Oxalá que o éxito vos acompañe na procura dunha DEMOCRACIA REAL e non dunha democracia formal coma a de moitos dos países que hoxe se escandalizan co que está pasando en Hong Kong, mentras contemplan como os tres poderes das súas democracias, o executivo, o lexislativo e o xudicial (sen esquecerse do poder da prensa) responden a un único poder aboluto: o económico.
Ojalá que el éxito os acompañe en la consecución de una DEMOCRACIA REAL e deuna democracia formal como la de muchos de los países que hoy se escandalizan con lo que está pasando en Hong Kong, mientras contemplan como los tres poderes de sus democracias, el ejecutivo, el legislativo y el judicial (sin olvidarse del poder de la prensa) responden a un único poder absoluto: el económico


Non sei que é o que tanto nos asombra do que está ocorrendo en Hong Kong cando todos os días saen novas indicativas do que hai tempo ven sucedendo na nosa marabillosa Europa, na que o poder económico nunca tivo tanto poder de decisión; unha Europa na que con diñeiro mércanse presidentes e ministros, parlamentarios e senadores, xuices, policías e funcionarios, sindicalistas, banqueiros e outros cargos de todo tipo de institucións, eso si...todas elas democráticas!
No sé que es lo que tanto nos asombra de lo que está ocurriendo en Hong Kong cuando cada día salen noticias indicativas de lo que hace tiempo viene sucediendo en nuestra maravillosa Europa, en la que el poder económico nunca tuvo tanto poder de decisión; una Europa en la que con dinero se compran presidentes y ministros, parlamentarios y senadores, jueces, policías y funcionarios, sindicalistas, banqueros y otros cargos de todo tipo de instituciones, eso si…¡todas ellas democráticas! 


Quérennos facer crer que se substituímos a estes por outros, chegará a solución para a crise do sistema,  cando calquera recambio será máis do mesmo. 

O peor é que a acumulación desmesurada de riqueza por parte duns poucos delincuentes, sostémola todos os demais a costa do noso cada día máis grande empobrecemento. 

E algo terrible...non facemos nada para evitalo. 

Non precisamos un recambio, precisamos un cambio, un cambio radical: que acabe coa legalización da corrupción e que todos estes ladróns financeiros algún día sexan xulgados  como criminais, que é o que son: criminais que acaban co benestar e a saúde de moitas familias.

Nos quieren hacer creer que si sustituimos a estos por otros, llegará la solución para la crisis del sistema, cuando cuaquier recambio será más de los mismo.

Lo peor es que la acumulación desmesurada de riqueza por parte de unos pocos delincuentes, la sostenemos todos los demás a costa de nuestro cada día más grande emprobrecimiento. 

Y algo terrible...no hacemos nada para evitarlo.

No precisamos un recambio, precisamos un cambio, un cambio radical: que acabe con la legalización de la corrupción y que todos estos ladrones financieros algún día sean juzgados como criminales, que es lo que son: criminales que acaban con el bienestar y la salud de muchas familias.





8 comentarios:

  1. Sí necesitamos un Cambio y de Raíz¡¡¡¡
    Muy buens tus fotos com siempre¡¡

    ResponderEliminar
  2. Deséxolles moita sorte. Ogallá poidan acadar unha democracia real, xa que aquí -como vostede ben di- non a temos.

    Viaxa vostede moito, ten moito tempo libre. É funcionario? Concelleiro?

    ResponderEliminar
  3. Carlos, un tema de profundo contenido y como siempre,
    maravillosas fotografías
    Un abrazo
    Yvette

    ResponderEliminar
  4. Muy interesante la lectura, con imagenes preciosas. Estoy contigo, en eso del cambio.
    No debemos perder la esperanza que algun dia caeran los corruptos.
    Saludos

    ResponderEliminar
  5. Totalmente de acuerdo con lo que dices. Las fotografías impresionantes, sobre todo me ha encantado la primera mitad de ellas, más o menos.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  6. una visión de la realidad que presiona a nosotros cada vez más. Acompañada de unas fotos espectaculares. Impresionantes!
    Estoy de acuerdo com tus palabras. Tenemos que no desesperanos de que un día los corruptos caerán.
    magnífico Carlos, como siempre.
    besos

    ResponderEliminar

COMENTARIOS