ÚLTIMAS ENTRADAS : " "DANAKIL IV: DALLOL: A EXCEPCIÓN" "OS AFAR" "A RUTA 6 (I)"
gadgets para blogger



FOREVER YOUNG




Que Deus te bendiga e estea sempre contigo,
que todos os teus desexos se fagan realidade,

que sempre fagas polos demais
e os demais fagan por ti.

  Que constrúas unha escaleira ás estrelas,
e que ao subir cada banzo,
permanezas sempre novo.
Que crezas para ser xusto,
que crezas para ser auténtico
que sempre saibas a verdade
e vexas as luces que te rodean.
Que sempre sexas valente,
que esteas ergueito e sexas forte,
e permanezas sempre novo
Sempre novo, sempre novo,
que permanezas sempre novo
Que as túas mans estean sempre ocupadas
que os teus pés sempre sexan rápidos,
e que sempre teñan unha base sólida
cando os ventos cambien de quenda.
Que o teu corazón estea sempre alegre
 e que a túa canción sempre poida ser cantada,
e que permanezas sempre novo
Sempre novo, sempre novo,
que permanezas...por sempre novo 
(Bob Dylan)