Como unha lóxica evolución dos bicirickshaw, outro dos principais modelos de transporte urbano que abundan no Rajasthan son os autorickshaw (tamén denominados tuk-tuk), unha réplica dos motocarros que Vespa fabricaba nos anos 50, e que tanta aceptación tiveron en España no transporte urbano de mercadorías e de persoas, pola súa dureza, economía e axilidade nas manobras.
Como una lógica evolución de los bicirickshaw, otro de los principales modelos de transporte urbano que abundan en el Rajasthan son los autorickshaw (también denominados tuk-tuk), una réplica de los motocarros que Vespa fabricaba en los años 50, y que tanta aceptación tuvieron en España en el transporte urbano de mercancías y de personas, por su dureza, economía y agilidad en las maniobras.
Consomen practicamente como unha moto, de feito non deixan de ser motos de tres rodas cunha especie de cabina, e a maioría están propulsadas por gas, co fin de ser menos contaminantes.
Consumen prácticamente como una moto, de hecho no dejan de ser motos de tres ruedas con una especie de cabina, y la mayoría están propulsadas por gas, con el fin de ser menos contaminantes.
As rúas das principais cidades do Rajasthan están ateigadas de autorickshaws dedicados ao transporte de persoas, ao servizo de taxi; estes, sen portas e cubertos por unha lona fina, están deseñados para aloxar o seu condutor e dous pasaxeiros, aínda que non é difícil ver moitos deles levando seis ou mesmo máis persoas. Os destinados ao transporte de mercadorías teñen unha caixa de chapa cunha capacidade de carga igual ou superior á dun turismo.
Las calles de las principales ciudades del Rajasthan están atestadas de autorickshaws dedicados al transporte de personas, al servicio de taxi; éstos, sin puertas y cubiertos por una lona fina, están diseñados para alojar a su conductor y dos pasajeros, aunque no es difícil ver muchos de ellos llevando seis o incluso más personas. Los destinados al transporte de mercancías tienen una caja de chapa con una capacidad de carga igual o superior a la de un turismo.
Como acontecemento curioso e digno de salientar, dende hai uns anos organízase na India un proxecto solidario chamado o Rickshaw Run, que consiste en atravesar a India en autoricksaw, dende a zona sur do país e finalizando en Nepal. A travesía lévase a cabo sen ningún tipo de apoio técnico, ao longo de dúas semanas. O obxectivo principal é recadar fondos para axudar a familias necesitadas; un xeito de conxugar a aventura co apoio solidario ao país.
Como acontecimiento curioso y digno de destacar, desde hace unos años se organiza en la India un proyecto solidario llamado el Rickshaw Run, que consiste en atravesar la India en autoricksaw, desde la zona sur del país y finalizando en Nepal. La travesía se lleva a cabo sin ningún tipo de apoyo técnico, a lo largo de dos semanas. El objetivo principal es recaudar fondos para ayudar a familias necesitadas; una manera de conjugar la aventura con el apoyo solidario al país.














