ÚLTIMAS ENTRADAS : " "OS AFAR" "A RUTA 66 (I)" "A RUTA 66(II): CHICAGO
gadgets para blogger



… está claro, a xente reflexiona, sempre REFLEXIONA. 
… está claro, la gente reflexiona, siempre REFLEXIONA.
uns deciden ir,  outros non…
unos deciden ir, otros no...
Ao expor esta galería de fotos podería semellar que tento dar a sensación de que os sindicatos están unidos, unidos contra unha gran causa común,  contra o gran problema social e laboral que ten o noso país; nada máis lonxe da miña intención, porque a realidade é a que hai. Así que as miñas desculpas por adiantado.

Al exponer esta galería de fotos podría parecer que intento dar la sensación de que los sindicatos están unidos, unidos contra una gran causa común, contra el gran problema social y laboral que tiene nuestro país; nada más lejos de mi intención, porque la realidad es la que hay. Así que mis disculpas por adelantado.

Ver a todos os participantes xuntos na manifestación sería un bonito testemuño gráfico, seguro. É unha mágoa!!! Dúas manifestacións paralelas que comezan en lugares distintos (A Alameda e a Praza Roxa) e rematan tamén en lugares distintos (Praterías/Obradoiro e Praza da Quintana), fan que iso sexa imposible. Non hai grande angular capaz de capturalo.


Ver a todos los participantes juntos en la manifestación sería un bonito testimonio gráfico, seguro. Es una lástima!!! Dos manifestaciones paralelas que comienzan en lugares distintos (La Alameda y la Plaza Roja)y finalizan también en lugares distintos (Platerías/Obradoiro y plaza de La Quintana), hacen que eso sea imposible. No hay gran angular capaz de capturarlo.
Pero esta galería non é para eles, vai dedicada a aquelas persoas que polo seu carácter, ideoloxía ou xeito de pensar,  están de acordo cos motivos da folga xeral e gustarían de participar nesta convocatoria, pero que non o fixeron  por medo á perda do seu posto de traballo a curto ou medio prazo, a algún tipo de represalias, por razóns económicas ou porque xa están fartos dos partidos políticos e das organizacións sindicais e do seu xeito de "xestionar" esta crise e de "representar" os traballadores... e para aqueles que, incluso,  están incluídos en máis dunha destas situacións.


Pero esta galería no es para ellos, va dedicada a aquellas personas que por su carácter, ideología o manera de pensar, están de acuerdo con los motivos de la huelga general y gustarían de participar en la convocatoria, pero que no lo hicieron por miedo a la pérdida de su puesto de trabajo a corto o medio plazo, a algún tipo de represalias, por razones económicas o porque ya están hartos de los partidos políticos y de las organizaciones sindicales y de su manera de "gestionar" esta crisis y de "representar" a los trabajadores…y para aquellos que, incluso, están incluidos en más de una de estas situaciones.
Tamén quero dedicar esta reportaxe, e dun xeito moi especial, aos "NINIS". Para aquelas persoas seguidoras deste blog que se estrañen cando vexan o termo "NINI", dicirlles que se refire a  un colectivo, un gran colectivo parece ser,  de xente moza que "NI estudia NI trabaja". É un término con connotacións despectivas xurdido, supoño, dentro do ámbito político.


Encadran neste grupo á xente moza que non quere nin estudar nin traballar, porque non lle peta, porque non quere... porque o que lle gusta é folgar e non facer nada, agás pasalo ben e irse de botellón.
 
Desceñezo cantas persoas se atopan nesa situación. O que si saben os políticos e as centrais sindicais, que son os que manexan datos porcentuais de todo tipo, gráficos, diagramas, estatísticas e comparativas, sobre todo COMPARATIVAS  (aínda que moitas das veces non saben nin para que), é o número cada vez máis grande de mozas e mozos que nin estudan, nin traballan. Non estudan porque xa remataron os seus estudios dun xeito, normalmente impecable (nalgúns casos diría eu anormalmente impecable); e non traballan porque non lles ofertan traballo, porque non teñen esa posibilidade, porque, en moitos casos, logo de rematar unha carreira, saber cando menos dous idiomas, ampliar os seus estudios a través de másters ou cursos de posgrao...teñen que dar grazas a non sei que tipo de deidade terreal, se acaban contratados polo tempo que sexa, nas condicións que sexan, para o tipo de  traballo que sexa…iso si, legal, por suposto. Para vós  "NINIS POR COJONES".



También quiero dedicar este reportaje, y de una manera muy especial, a los "NINIS". Para aquellas personas seguidoras de este blog que se extrañen cuando vean el término "NINI", decirles que se refiere a un colectivo, un gran colectivo parece ser, de gente joven que "NI"" estudia "NI" trabaja. Es un término con connotaciones despectivas surgido, supongo, dentro del ámbito político.



Encajan en este grupo a la gente joven que no quiere ni estudiar ni trabajar, porque no le da la gana, porque no quiere… porque lo que le gusta es descansar y no hacer nada, excepto pasarlo bien e irse de botellón.



Desconozco cuantas personas se encuentran en esa situación. Lo que si saben los políticos y las centrales sindicales, que son los que manejan datos porcentuales de todo tipo, gráficos, diagramas, estadísticas y comparativas, sobre todo COMPARATIVAS (aunque muchas de las veces no saben ni para qué), es el número cada vez más grande de jóvenes y chicos que ni estudian, ni trabajan. No estudian porque ya acabaron sus estudios de una manera, normalmente impecable (en algunos casos diría yo anormalmente impecable), y no trabajan porque no les ofertan trabajo, porque no tienen esa posibilidad, porque, en muchos casos, después de acabar una carrera, saber cuando menos dos idiomas, ampliar sus estudios a través de másters o cursos de postgrado… tienen que dar gracias a no sé que tipo de deidad terrenal, si acaban contratados por el tiempo que sea, en las condiciones que sean, para el tipo de trabajo que sea… eso si, legal, por supuesto. Para vosotros/as "NINIS POR COJONES"
Como esta situación non torne a mellor, a estes NINIS só lles quedará abandonar o seu país na busca dun futuro laboral. De ser así, só me queda, moi ao meu pesar, transmitirlles os meus parabéns aos países receptores porque contarán con xente nova, moi preparada e con gañas de traballar.


Como esta situación no mejore, a estos NINIS sólo les quedará abandonar su país en busca de un futuro laboral. De ser así, sólo me queda, muy a mi pesar, transmitir mis enhorabuenas a los países receptores porque contarán con gente joven, muy preparada y con ganas de trabajar.