GRAND
POPÓ I: A DANZA RITUAL
Grand Popó é un pequeno pobo de Benin, situado nun
lugar marabilloso e bastante virxe da antiga costa dos escravos, cunha
espectacular praia de fina e dourada area, bañada polo bravo mar do Golfo de
Guinea.
Grand Popó es un pequeño pueblo de Benin, ubicado en
un lugar maravilloso y bastante virgen de la antigua costa de los esclavos, con
una espectacular playa de fina y dorada arena, bañada por el bravo mar del
Golfo de Guinea.
Os seus habitantes viven fundamentalmente da pesca
tradicional, un traballo duro que precisa dun gran número de pescadores para
retirar do mar as redes e as súas grandes e coloridas barcazas, axudándose da
forza das ondas e compasados polo ritmo dos seus cantos, nun afán de
sincronizar os seus movementos.
Sus habitantes viven fundamentalmente de la pesca
tradicional, un trabajo duro que precisa de un gran número de pescadores para retirar
del mar las redes y sus grandes y coloridas barcazas, ayudándose de la fuerza
de las olas y acompasados por el ritmo de sus cantos, en un afán de sincronizar
sus movimientos.
Unha tarde sorprendéronme
uns cánticos acompañados do son duns tambores, que comezaron a saír da parte
traseira dunha casa, á que puiden acceder tras o permiso oportuno. Descoñecía se
se trataba dunha danza, un ritual
ou ambas as cousas. En calquera caso, algúns antropólogos consideran que a
danza é un acto ritual que, xunto co ritmo dos tambores, ten o poder de atraer os
espíritos e de inducir aos bailaríns ao transo necesario para comunicarse con
eles. Iso foi o que eu realmente vivín.
No patio, sobre area da
praia, destacaba a figura central dunha muller que, pronunciando unhas suaves
palabras e realizando rítmicos movementos, semellaba ser a mestra de
cerimonias.
Una tarde me sorprendieron
unos cánticos acompañados del sonido de unos tambores, que comenzaron a salir
de la parte trasera de una casa, a la que pude acceder tras el permiso
oportuno. Desconocía si se trataba de una danza, un ritual o ambas cosas. En
cualquier caso, algunos antropólogos consideran que la danza es un acto ritual
que, junto con el ritmo de los tambores, tiene el poder de atraer a los
espíritus y de inducir a los bailarines al trance necesario para comunicarse
con ellos. Eso fue lo que yo realmente viví.
En el patio, sobre arena de
la playa, destacaba la figura central de una mujer que, pronunciando unas
suaves palabras y realizando rítmicos movimientos, semejaba ser la maestra de
ceremonias.
Persoas de diferente idade e sexo presenciaban a
execución das danzas con interese.
Personas de diferente edad y sexo presenciaban la
ejecución de las danzas con interés.
Nunha beira do patio, uns homes fan soar os seus
tambores tradicionais. A música é repetitiva e o ritmo monótono; os seus
cánticos apenas teñen texto, só murmurios e gritos.
A un lado del patio, unos hombres hacen sonar sus
tambores tradicionales. La música es repetitiva y el ritmo monótono; sus
cánticos apenas tienen texto, sólo murmullos y gritos.
Mulleres cos seus corpos decorados con debuxos en
branco e engalanadas con colares de cauris, cunchas e abelorios, participan
expresando os seus sentimentos mediante o movemento dos seus corpos.
Mujeres con sus cuerpos decorados con dibujos en
blanco y engalanadas con collares de cauris, conchas y abalorios, participan
expresando sus sentimientos mediante el movimiento de sus cuerpos.
Unha
espectacular e colorista danza que ía rematar cunha cerimonia na praia...
Una
espectacular y colorista danza que iba a terminar con una ceremonia en la
playa...


















