ÚLTIMAS ENTRADAS : " "DANAKIL IV: DALLOL: A EXCEPCIÓN" "OS AFAR" "A RUTA 6 (I)"
gadgets para blogger
DANAKIL IV: DALLOL, A EXCEPCIÓN

O Dallol (entrada ao inferno, na lingua Afar ) é unha inhóspita chaira considerada por algúns como o lugar máis cruel da Terra. Atópase a máis de 100 metros por debaixo do nivel do mar e, xunto co Val da Morte de California, son os lugares máis cálidos do planeta, con temperaturas que superan os 34º todos os días do ano e que poden chegar até os 63º.

El Dallol (entrada al infierno, en la lengua Afar) es una inhóspita llanura considerada por algunos como el lugar más cruel de la tierra. Se encuentra a más de 100 metros por debajo del nivel del mar y, con el Valle de la Muerte de California, son los lugares más cálidos del planeta, con temperaturas que superan los 34º todos los días del año y que pueden llegar hasta los 63º

Desde que comecei con estas publicacións de fotografías en branco e negro, hai xa máis de 5 anos, nalgunha ocasión, seguidores do meu blogue puxéronse en contacto comigo animándome a que incluíse de cando en vez algunha imaxe en cor. Grazas que tiña a coartada do propio nome do blogue (fotografías en branco e negro)porque, a verdade, é algo que non me pasou pola imaxinación, xa que a fotografía en branco e negro é a miña paixón, a que verdadeiramente me cativa, non sei se porque xa me cativaban, e o seguen a facer, as películas de cine en branco e negro, porque as grandes iconas da fotografía están capturadas en branco e negro, ou por todas as satisfaccións que me deu a “época analóxica” co pequeno laboratorio que montei nun armario encaixado na miña casa.


Vou facer unha excepción, porque penso que as saturadas cores amarelas, verdes, azuís e encarnadas do Gallol así o demandan.
Para acceder ao Dallol, súbese por unha costa de cor chocolate, entre cheiro a xofre e a presenza inquietante de soldados.

Desde que comencé con estas publicaciones de fotografías en blanco y negro, hace ya más de 5 años, en alguna ocasión, seguidores de mi blog se pusieron en contacto conmigo animándome a que incluyera de vez en cuando alguna imagen en color. Gracias que tenía la coartada del propio nombre del blog (fotografías en blanco y negro) porque, la verdad, es algo que no me pasó por la imaginación, ya que la fotografía en blanco y negro es mi pasión, la que verdaderamente me cautiva, no sé si porque ya me cautivaban, y lo siguen haciendo, las películas de cine en blanco y negro, porque los grandes iconos de la fotografía están capturados en blanco y negro, o por todas las satisfacciones que me dio la "época analógica" con el pequeño laboratorio que monté en un armario empotrado de mi casa.

Voy a hacer una excepción, porque pienso que los saturados colores amarillos, verdes, azules y rojizos del Gallol así lo demandan.

Para acceder al Dallol, se sube por una cuesta de color chocolate, entre olor a azufre y la presencia inquietante de soldados.


Está cuberto por un manto de sal que o mar Vermello depositou en varias ocasións, baixo o cal hai un magma quente que provoca a saída de líquidos, gases e vapores atrapados no seu interior.

Está cubierto por un manto de sal que el mar Rojo depositó en varias ocasiones, bajo el cual hay un magma caliente que provoca la salida de líquidos, gases y vapores atrapados en su interior.

Cando camiñas por esa especie de costra de sal, baixo os teus pes sentes a calor e unha presión de algo que tenta saír á superficie. Débese a que está cheo de nacentes termais de sal de pouca altura, creados pola forte presión que exerce o vapor nas capas de sal; respiradoiros volcánicos que emanan auga mesturada con ácidos e sales que, unha vez cristalizadas, forman lombeiros a modo de niños de termites, inicialmente brancos puros e relucentes.

Cuando caminas por esa especie de costra de sal, bajo tus pies sientes el calor y una presión de algo que intenta salir a la superficie. Se debe a que está lleno de nacientes termales de sal de poca altura, creados por la fuerte presión que ejerce el vapor en las capas de sal, respiraderos volcánicos que emanan agua mezclada con ácidos y sales que, una vez cristalizados, forman montículos a modo de nidos de termitas, inicialmente blancos puros y brillantes.


As oxidacións dos minerais en contacto co osíxeno van escurecendo e tinguindo as augas e a terra, pintándoas de cores amarelas, laranxas, distintos tons de verdes, vermellos azuis e chocolates, todos eles mesturados entre si e tamén separados en pequenos lagos naturais que se forman pola acumulación do sal, creando unha paisaxe verdadeiramente impresionante e única.

Las oxidaciones de los minerales en contacto con el oxígeno van oscureciendo y tiñendo las aguas y la tierra, pintándolas de colores amarillos, naranjas, distintos tonos de verdes, rojos, azules y chocolates, todos ellos mezclados entre sí y también separados en pequeños lagos naturales que se forman por la acumulación de la sal, creando un paisaje verdaderamente impresionante y único.

A pesar de que faltan palabras para describir a beleza deste capricho da natureza, que parece máis propio dunha paisaxe doutro planeta extraído dunha película de ciencia ficción, non é moi probable que se converta nun sitio turístico para masas, debido a que o acceso a este remoto lugar non é precisamente sinxelo e a que as súas temperaturas son insufribles.

A pesar de que faltan palabras para describir la belleza de este capricho de la naturaleza, que parece más propio de un paisaje de otro planeta extraído de una película de ciencia ficción, no es muy probable que se convierta en un sitio turístico para masas, debido a que el acceso a este remoto lugar no es precisamente sencillo y a que sus temperaturas son insufribles.


Ademais de científicos que consideran que queda moito por descubrir no Dallol, tamén están interesadas empresas dedicadas á elaboración de fertilizantes, polos enormes depósitos de potasio que se atopan debaixo da superficie. A Unesco, debería analizar a situación e protexer este patrimonio natural.

Además de científicos que consideran que queda mucho por descubrir en el Dallol, también están interesadas empresas dedicadas a la elaboración de fertilizantes, por los enormes depósitos de potasio que se encuentran debajo de la superficie. La Unesco debería analizar la situación y proteger este patrimonio natural.

Na viaxe de volta a Addis Abeba, cando o avión ía collendo altura, tiven a sensación de ter o privilexio de coñecer un lugar máxico.

En el viaje de vuelta a Addis Abeba, cuando el avión iba cogiendo altura, tuve la sensación de terner el privilegio de conocer un lugar mágico.


DANAKIL III: O LAGO E O VOLCÁN




Emprendemos a ruta en 4x4 co fin de visitar o lago Afrera e o volcán Erta Ale.
Emprendemos la ruta en 4x4 con el fin de visitar el lago Afrera y el volcán Erta Ale.
O lago está situado a 100 metros por baixo do nivel do mar e atópase rodeado de montañas brancas de sal. Unhas tubaxes que se meten no lago bombean a auga salgada a unhas piscinas das que, unha vez evaporada a auga (pasados uns 3 meses) se recolle o sal a pico e pa.
El lago está situado a 100 metros por debajo del nivel del mar y se encuentra rodeado de montañas blancas de sal. Unas tuberías que se meten en el lago bombean el agua salada a unas piscinas de las que, una vez evaporada el agua (pasados unos 3 meses) se recoge la sal a pico y pala.


As súas augas teñen unha densidade de sal moi elevada e os nativos frecuentan esta zona para darse un baño relaxante nelas ou nos mananciais de augas termais que hai nas súas beiras.

Sus aguas tienen una densidad de sal muy elevada y los nativos frecuentan esta zona para darse un baño relajante en ellas o en los manantiales de aguas termales que hay en sus orillas.
Non hai hoteis,  nin bares,  nin outra infraestrutura máis ca un pequeno campamento con camas de madeira ao aire libre. Supoño que non pasará moito tempo antes de que esta situación cambie, sobre todo agora que os Chineses están a facer estradas por todas partes.
No hay hoteles,  ni bares,  ni otra infraestructura más que un pequeño campamento con camas de madera al aire libre. Supongo que no pasará mucho tiempo antes de que esta situación cambie, sobre todo ahora que los Chinos están haciendo carreteras por todas partes.

Despois dunhas horas por pistas de area e restos basálticos chegamos á Aldea de Karawat,  para pasar os controis e obter os permisos necesarios establecidos pola comunidade Afar para visitar o Erta Ale, un volcán situado na fronteira con Eritrea, que leva activo máis de 90 anos.
Después de unas horas por pistas de arena y restos basálticos llegamos a la Aldea de Karawat,  para pasar los controles y obtener los permisos necesarios establecidos por la comunidad Afar para visitar el Erta Ale, un volcán situado en la frontera con Eritrea, que lleva activo más de 90 años.

O seu nome, en lingua Afar, significa “montaña que fumea” e tamén se lle coñece como “a porta do inferno”. Os habitantes da zona apenas se achegan a el, xa que consideran que no lugar habitan espíritos maléficos que se pasean en cabalo.

Su nombre, en lengua Afar, significa “montaña que humea” y también se le conoce como “la puerta del infierno”. Los habitantes de la zona apenas se acercan a él, ya que consideran que en el lugar habitan espíritus maléficos que se pasean en caballo.
Ten unha altura de tan só 613m. e toda a súa contorna atópase entre 90 e 150m. por baixo do nivel do mar. Iso fai que pareza máis alcanzable do que en realidade é, pero para ascender ata o seu cráter necesítanse case catro horas camiñando.
En setembro de 2005 o volcán abría as súas fauces e unha erupción provocaba o traslado dunha aldea próxima e a morte de 250 cabezas de gando, entre cabuxas e camelos, mentres unha nube de cinza escurecía o ceo; dous anos despois, un desborde forzou o abandono da zona de centos de residentes; outra do 2008 non causou danos e en xaneiro de 2017 produciuse unha nova explosión con saída de lava.
Tiene una altura de tan sólo 613 m y todo su entorno se encuentra entre 90 y 150 metros por debajo del nivel del mar. Eso hace que parezca más asequible del que en realidad es, pero para ascender hasta su cráter se necesitan casi 4 horas caminando.
En septiembre de 2005 el volcán abría sus fauces y una erupción provocaba el traslado de una aldea próxima y la muerte de 250 cabezas de ganado, entre cabras y camellos, mientras una nube de ceniza oscurecía el cielo; dos años después, un desborde forzó el abandono de la zona de cientos de residentes; otra del 2008 no causó daños y en enero de 2017 se produjo una nueva explosión con salida de lava.
Ao estar situado na fronteira con Eritrea, algunhas ocasións xorden conflitos, como en marzo de 2007, cando foron secuestrados cinco turistas europeos que, despois de dúas semanas e previo pago do seu rescate, foron liberados. Posteriormente, en xaneiro de 2012, cando 22 turistas occidentais se atopaban nas inmediacións do volcán, un grupo armado asasinou a cinco deles e secuestrou a outros dous. Por esta razón é obrigatorio realizar o ascenso escoltado por militares do exército.

No campamento base, os militares alóxanse en cabanas de pedra cubertas por ramas.

Al estar situado en la frontera con Eritrea, algunas ocasiones surgen conflictos, como en marzo de 2007, cuando fueron secuestrados cinco turistas europeos que, después de dos semanas y previo pago de su rescate, fueron liberados. Posteriormente, en enero de 2012, cuando 22 turistas occidentales se encontraban en las cercanías del volcán, un grupo armado asesinó la cinco de ellos y secuestró la otros dos. Por esta razón es obligatorio realizar el ascenso escoltado por militares del ejército.
En el campamento base, los militares se alojan en cabañas de piedra cubiertas por ramas.
Para evitar as altas temperaturas, ceamos e esperamos á noitiña para comezar a ascensión ao cráter. A subida transcorre entre dunas e montículos de lava solidificada, sempre guiándonos polo resplandor do volcán no negro ceo e o apoio de lanternas.

Para evitar las altas temperaturas, cenamos y esperamos al anochecer para comenzar la ascensión  al cráter. La subida transcurre entre dunas y montículos de lava solidificada, siempre guiándonos por el resplandor del volcán en el negro cielo y el apoyo de linternas .

Unha vez na cima, atópaste cun espectáculo dantesco que te enfeitiza: unha especie de río bravo de lava flúe do corazón da terra entre fumarolas de fedento e asfixiante diósico de xofre, circulando e explotando na caldeira mentres engole rochas entre as súas chamas.

Una vez en la cima, te encuentras con un espectáculo dantesco que te hechiza: una especie de río bravo de lava fluye del corazón de la tierra entre fumarolas de apestoso y asfixiante dióxido de azufre, circulando y explotando en la caldera, mientras devora rocas entre sus llamas.
Logo de descansarmos unha hora e media sobre os colchóns que nos subiron en camelos, iniciamos o descenso para reencontramos cos nosos 4x4, cos que continuar a viaxe ata a rexión do Dallol.
Después de descansar una hora y media sobre los colchones que nos subieron en camellos, iniciamos el descenso para reencontramos con nuestros 4x4, con los que continuar el viaje hasta la región del Dallol.

DANAKIL II: MEKELLE


O atraso na saída do voo de Gondar a Addis motivou que perdese a conexión de Addis a Mekele; outro susto máis, que deixou de selo no momento en que me informaban da posibilidade de partir noutro voo un par de horas máis tarde.

Así que co meu cartón de embarque, relaxeime, dispúxenme a limpar o meu equipo fotográfico e a documentarme un pouco sobre Mekele.

Mekele, capital da rexión do Tigrai, é unha cidade que ten sobre 170.000 habitantes (a quinta máis poboada de Etiopía) e que está situada a máis de 2000 metros de altitude.

As súas rúas asfaltadas, bancos, numerosos e bos hoteis, edificios de recente construción, etc. non teñen moito que ver co que coñecía de Etiopía.

El retraso en la salida del vuelo de Gondar a Addis motivó que perdiera la conexión de Addis a Mekele; otro susto más, que dejó de serlo en el momento en que me informaban de la posibilidad de partir en otro vuelo un par de horas más tarde.

Así que con mi tarjeta de embarque, me relajé, me dispuse a limpiar mi equipo fotográfico y a documentarme un poco sobre Mekele.

Mekele, capital de la región del Tigray, es una ciudad que tiene sobre 170.000 habitantes (la quinta más poblada de Etiopía) y que está situada a más de 2000 metros de altitud. 

Sus calles asfaltadas, bancos, numerosos y buenos hoteles, edificios de reciente construcción, etc. no tienen mucho que ver con lo que conocía de Etiopía.

Chaman a atención as estadas de madeira utilizadas na construción; impresiona ver un gran edificio rodeado por un esqueleto de delgados troncos atados con cordas

Llaman la atención los andamios de madera utilizados en la construcción; impresiona ver un gran edificio rodeado por un esqueleto de delgados troncos atados con cuerdas.

A cidade dispón dun bo hospital, único da rexión, que non tiven tempo de visitar. Comentáronme que non dispón de moito persoal médico, que as medicinas as pagan os pacientes e que só uns poucos teñen acceso aos seus servizos. En España, ao paso que imos, é posible que nos atopemos nunha situación non moi diferente e en non moitos anos.

La ciudad dispone de un buen hospital, único de la región, que no tuve tiempo de visitar. Me comentaron que no dispone de mucho personal médico, que las medicinas las pagan los pacientes y que sólo unos pocos tienen acceso a sus servicios. En España, al paso que vamos, es posible que nos encontremos en una situación no muy diferente y en no muchos años.

Ten unha universidade de recoñecido renome e numerosas igrexas ortodoxas.

Tiene una universidad de reconocido prestigio y numerosas iglesias ortodoxas. 
Tamén conta cun importante mercado que ocupa varias mazás
.
También cuenta con un importante mercado que ocupa varias manzanas. 
Ao contrario do que me ocorre cos centros comerciais das cidades, que basicamente me aborrecen, os mercados me apaixonan, polo seu colorido, o bulicio, o ir e vir das persoas, os aromas, o xogo do regateo e porque, ademais, adoitan ser todo un espectáculo fotográfico, toda unha galería de retratos.

Parécenme espazos emblemàticos de visita obrigada porque son o centro da vida dos pobos e din moito da sociedade, da súa cultura e dos seus costumes.

Al contrario de lo que me ocurre con los centros comerciales de las ciudades, que básicamente me aburren, los mercados me apasionan, por su colorido, el bullicio, el ir y venir de las personas, los aromas, el juego del regateo y porque, además, suelen ser todo un espectáculo fotográfico, toda una galería de retratos.

Me parecen espacios emblemàticos de visita obligada porque son el centro de la vida de los pueblos y dicen mucho de la sociedad, de su cultura y de sus costumbres. 

Os mercados africanos resúltanme especialmente atraentes polo ritmo, a alegría e a hospitalidade das súas xentes, sempre dispostas a recibirte amablemente e tentar comunicarse contigo, superando os impedimentos propios do idioma. Ademais, moitas veces, adoitan ser puntos de reunión de diferentes etnias, nos que podes observar diferentes entidades culturais coas súas tradicións.

Los mercados africanos me resultan especialmente atractivos por el ritmo, la alegría y la hospitalidad de sus gentes, siempre dispuestas a recibirte amablemente e intentar comunicarse contigo, superando las limitaciones propias del idioma. Además, muchas veces, suelen ser puntos de reunión de diferentes etnias, en los que puedes observar diferentes entidades culturales con sus tradiciones. 
Os nenos achéganseche riseiros, collen a túa man en busca de contacto físico e empre están dispostos a xogar contigo ou a que os retrates e soltar unhas risas cando lles ensinas as fotos, para enseguida preguntar:  quen che gusta máis: o Barcelona ou o Real Madrid?. É entón cando eu lles devolvo unhas risas de complicidade

Los niños se te acercan sonrientes, te cogen de la mano en busca de contacto físico y siemrpe están dispuestos a jugar contigo o la que los retrates y soltar unas risas cuando les enseñas las fotos, para enseguida preguntar: ¿quién te gusta más: el Barcelona o el Real Madrid?. Es entonces cuando yo les devuelvo unas risas de complicidad 
Os mercados son os mellores museos que podes atopar.

Los mercados son los mejores museos que puedes encontrar.