ÚLTIMAS ENTRADAS : "ALDEAS DE KENGTUNG" "GRAND POPÓ I: A DANZA RITUAL" "GRAND POPÓ II: A CERIMONIA DA PRAIA"
gadgets para blogger

ALMENDRÓN
 O 22 de decembro de 1946 o Hotel Nacional da Habana pechaba as súas portas ao público para hospedar a algúns dos máis grandes capos da mafia norteamericana, homes de “honra” como Lucky Luciano, Amadeo Barletta ou Meyer Lansky, que se converterían nos responsables do monopolio do xogo dos casinos.

Lansky, xudeu radical que a principios dos anos 30 dedicábase, á fronte da súa banda, a perseguir e dar malleiras a membros do partido nazi, converteríase no amigo máis íntimo que Batista ía ter na mafia dos Estados Unidos. Esta amizade e as alianzas levadas a cabo entre eles e poderosos hostaleiros supuxeron o nacemento de cabarés como o Sans Souci ou o Montmartre Club, e casinos e hoteis como o Capri, o Deauville, o Riviera ou o Nacional, entre outros. Cuba convertíase nun gran bordel e A Habana era coñecida como “a Gomorra das Antillas”.

En pleno apoxeo do xogo, prostitución e narcotráfico, as relacións entre Lansky e Batista debilitábanse pola alta comisión que Batista esixía das ganancias; dise que o gánster decidiu financiar entón con armas a guerrilla de Fidel Castro, para que destituíse a Batista e negociase con el, algo que non entrou nos plans de Fidel, polo que unha vez gañada a revolución os seus investimentos iríanse vindo a abaixo, e o capo abandonaría A Habana.

Parece ser que Lansky era un home solitario, que pretendía pasar inadvertido e ao que poucas veces se podía ver en público, pero ao que lle gustaba pasear amodo polo paseo marítimo a bordo dun Chevrolet Impala, supoño que para relaxarse do tipo de vida que un pode imaxinar que levaba ou para pensar tranquilamente nos seus negocios.
Hoxe na Habana se te detés nunha das súas principais avenidas, non só te podes reencontrar cun Chevrolet Impala como o que utilizaba Lansky, senón cun Ford Thunderbird, un Plymouth, un Oldsmobile, un Buick, distintos modelos de Cadillac, Pontiac e, en definitiva,  unha variedade exquisita de coches dos anos 50, a maioría de orixe americana, que te retrotraen  a eses tempos e conseguen  que poidas imaxinar como era a cidade naquel entón. Calcúlase  que o parque móbil da Habana supera a cifra de 70.000 automóbiles deste tipo, o cal ofrece a posibilidade de presenciar un dos parques automobilísticos máis antigos do mundo, un museo ao descuberto digno de visitar  por viaxeiros e turistas.
El 22 de diciembre de 1946 el Hotel Nacional de la Habana cerraba sus puertas al público para hospedar a algunos de los más grandes capos de la mafia norteamericana, hombres de “honor” como Lucky Luciano, Amadeo Barletta o Meyer Lansky, que se convertirían en los responsables del monopolio del juego de los casinos.

Lansky, judío radical que a principios de los años 30 se dedicaba, al frente de su banda, a perseguir y dar palizas a miembros del partido nazi, se convertiría en el amigo más íntimo que Batista iba a tener en la mafia de los Estados Unidos. Esta amistad y las alianzas llevadas a cabo entre ellos y poderosos hosteleros supusieron el nacimiento de cabarets como el Sans Souci o el Montmartre Club, y casinos y hoteles como el Capri, el Deauville, el Riviera o el Nacional, entre otros. Cuba se convertía en un gran burdel y La Habana era conocida como “la Gomorra de las Antillas”.

En pleno apogeo del juego, la prostitución y el narcotráfico, las relaciones entre Lansky y Batista se debilitaban por la alta comisión que Batista exigía de las ganancias; se dice que el gánster decidió financiar entonces con armas a la guerrilla de Fidel Castro, para que destituyera a Batista y negociara con él, algo que no entró en los planes de Fidel, por lo que una vez ganada la revolución sus inversiones se irían desmoronando, y el capo abandonaría La Habana.


Parece ser que Lansky era un hombre solitario, que pretendía pasar inadvertido y al que pocas veces se le podía ver en público, pero al que le gustaba pasear despacio por el malecón a bordo de un Chevrolet Impala, supongo que para relajarse del tipo de vida que uno se puede imaginar que llevaba o para pensar tranquilamente en sus negocios.

Hoy en la Habana si te detienes en una de sus principales avenidas, no sólo te puedes reencontrar con un Chevrolet Impala como el que utilizaba Lansky, sino con un Ford Thunderbird, un Plymouth, un Oldsmobile, un Buick, distintos modelos de Cadillac, Pontiac y, en definitiva,  una variedad exquisita de coches de los años 50, la mayoría de origen americano, que te retrotraen a esos tiempos y consiguen  que te puedas imaginar cómo era la ciudad en aquel entonces. Se calcula  que el parque móvil de la Habana supera la cifra de 70.000 automóviles de este tipo, lo cual ofrece la posibilidad de presenciar uno de los parques automovilísticos más antiguos del mundo, un museo a cielo abierto digno de visitar por viajeros y turistas.





En contraposición coa ostentación de riqueza que representaban na época dos capos,  os “almendrones” ou máquinas, nome co que hoxe se coñecen, son un medio de subsistencia nacido da necesidade, na década dos noventa do pasado século, cando Cuba se atopaba no denominado “Período Especial”; un período de crise económica na que se afundiu tras a caída do comunismo na Unión Soviética. Nese momento, o goberno cubano autorizaba o transporte de pasaxeiros con automóbiles privados.

En contraposición con la ostentación de riqueza que representaban en la época de los capos,  los "almendrones" o máquinas, nombre con el que hoy se conocen, son un medio de subsistencia nacido de la necesidad, en la década de los noventa del pasado siglo, cuando Cuba se encontraba en el denominado “Período Especial”; un período de crisis económica en la que se hundió tras la caída del comunismo en la Unión Soviética. En ese momento, el gobierno cubano autorizaba el transporte de pasajeros por automóviles privados.



Algúns son auténticas xoias que poden recoller a súa capota, fielmente restaurados e ben conservados, con cores rechamantes e en perfecto estado de funcionamento. O seu mercado vai dirixido aos turistas que queren pasear por diferentes zonas, e desde logo entre elas polo paseo marítimo melena ao vento, por un prezo duns 30 CUC (peso convertible equivalente ao dólar), a hora. Tamén son alugados para matrimonios e festas dos quince anos, moi tradicionais en Cuba.

Algunos son auténticas joyas descapotables, fielmente restaurados y bien conservados, con colores llamativos y en perfecto estado de funcionamiento. Su mercado va dirigido a los turistas que quieren pasear por diferentes zonas, y desde luego entre ellas por el malecón melena al viento, por un precio de unos 30 CUC (peso convertible equivalente al dólar), la hora. También son alquilados para matrimonios y fiestas de quinceañeras, muy tradicionales en Cuba.












Pero a gran maioría non son os convertibles restaurados de xeito impecábel xa que o bloqueo (embargo americano) acabou coa posibilidade de adquirir recambios para estas antigüidades ao mesmo tempo que, e no seu lado positivo, espertou a imaxinación dos cubanos, converténdoos nos mecánicos máis enxeñosos do mundo.
Atópaste con automóbiles cuxos motores están feitos con pezas de diferentes modelos, marcas e épocas que obteñen en talleres clandestinos no mercado informal. Utilizan motores diésel de plantas eléctricas, espirais metálicas de trens para amortecedores, calquera peza de calquera máquina que poidan adaptar, e se non as poden adaptar, fabrícanas de forma artesanal coa axuda dun torneiro.
Pero la gran mayoría no son los descapotables impecablemente restaurados ya que el bloqueo (embargo americano) acabó con la posibilidad de adquirir recambios para estas antigüedades al mismo tiempo que, y en su lado positivo, despertó la imaginación de los cubanos, convirtiéndolos en los mecánicos más ingeniosos e inventivos del mundo.


Te encuentras con automóviles remotorizados con piezas de diferentes modelos, marcas y épocas que obtienen en talleres clandestinos en el mercado informal. Utilizan motores diesel de plantas eléctricas, espirales metálicas de trenes para amortiguadores, cualquier pieza de cualquier máquina que puedan adaptar, y si no las pueden adaptar, las fabrican de forma artesanal con la ayuda de un tornero. 




Os seus desgastados embragues responsables de que as caixas de cambio non engrenen as velocidades, as súas direccións sen asistencia duras en extremo, as súas rodas lisas e o estado das rúas, con fochancas, buracos  e todo tipo de imperfeccións,  farían imposible a súa condución se non fora polos xenios dos “boteros”, que é como se coñece aos condutores dos ““almendrones””.
O ir e vir destes automóbiles é incesante, contaminando a cidade co constante e fedorento fume negro que brota polos seus tubos de escape.


Sus desgastados embragues responsables de que las cajas de cambio no engranen las velocidades, sus direcciones sin asistencia duras en extremo, sus ruedas lisas y el estado de las calles, con baches, agujeros  y todo tipo de imperfecciones,  harían imposible su conducción si no fuera por los genios de los “boteros”, que es cómo se conoce a los conductores de los almendrones.

El ir y venir de estos automóviles es incesante, contaminando medioambientalmente la ciudad con el constante y maloliente humo negro que brota por sus tubos de escape.

Son utilizados como taxis que transportan normalmente ata 5 persoas e o condutor, 8 ou máis nalgúns modelos e contan coa particularidade de que existen rutas fixas, polo que o cliente non escolle o destino exacto da súa viaxe, senón que se adapta ao percorrido do taxista, segundo as rúas polas que transcorre.

Son utilizados como taxis que transportan normalmente hasta 5 personas y el conductor, 8 o más en algunos modelos y cuentan con la particularidad de que existen rutas fijas, por lo que el cliente no escoge el destino exacto de su viaje, sino que se adapta al recorrido del taxista, según las calles por las que transcurre.


 

Outra particularidade é que nunca viaxas só, xa que se trata de taxis nos que os viaxeiros comparten os asentos con outros clientes que o botero vai recollendo ao longo do traxecto, algo que a min paréceme marabilloso, xa que o cubano é unha persoa moi conversadora e nos traxectos vaste decatando das murmuracións do barrio, as súas inquietudes, os seus problemas ou preocupacións e, en definitiva, do día a día da cidade.
Otra particularidad es que nunca viajas sólo, ya que se trata de taxis en la que los viajeros comparten los asientos con otros clientes que el botero va recogiendo a lo largo del trayecto, algo que a mí me parece maravilloso, ya que el cubano es una persona muy conversadora y en los trayectos te vas enterando de los cotilleos del barrio, sus inquietudes, sus problemas o preocupaciones y, en definitiva, del día a día de la ciudad.
 


Para subirte nun destes “almendrones”, só tes que estender o brazo no bordo da beirarrúa ao paso dun deles e, salvo en traxectos especialmente longos, por 10 pesos cubanos (ao redor de 45 céntimos de euro) poderás desprazarte a outro barrio da cidade dunha forma rápida e amena.

Para subirte en uno de estos almendrones, sólo tienes que extender el brazo en el borde de la acera al paso de uno de ellos y, salvo en trayectos especialmente largos, por 10 pesos cubanos (alrededor de 45 céntimos de euro) podrás desplazarte a otro barrio de la ciudad de una forma rápida y amena.



Coa “reconciliación” actual entre Cuba e Estados Unidos, agora que ondea a bandeira estadounidense no paseo marítimo, non se cal será o futuro dos “almendrones” e dos boteros nados da penuria da crise máis dura da historia de Cuba.

Podería xurdir unha época de bonanza na que os recambios para estes coches se consígan de forma máis rápida e a prezos máis accesibles para os cubanos, pero tamén é posible que, ao máis puro estilo europeo, os Estados Unidos presten capital a Cuba con intereses que logo terán que devolver xa se verá como, para que o goberno estableza unha especie de plan prever no que, mediante un sistema de subvencións públicas, se troque o vello parque móbil por un moderno dotado das últimas tecnoloxías, entre as que sen dúbida se atopará a obsolescencia planificada, mediante a cal se programa a súa vida útil para que unha vez transcorrido o período que o fabricante determine, se volvan inservibles. Lóxico, non vaia a ser que o enxeño cubano entre de novo en funcionamento e nos atopemos cun parque renovado para outros 50, 70 ou 100 anos; non sería...rendible?
Con la “reconciliación” actual entre Cuba y Estados Unidos, ahora que ondea la bandera estadounidense en el malecón, no sé cuál será el futuro de los almendrones y de los boteros nacidos de la penuria de la crisis más dura de la historia de Cuba.

Podría surgir una época de bonanza en la que los recambios para estos coches se consigan de forma más rápida y a precios más accesibles para los cubanos, pero también es posible que, al más puro estilo europeo, los Estados Unidos presten capital a Cuba con intereses que luego tendrán que devolver ya se verá cómo, para que el gobierno establezca una especie de plan prever en el que, mediante un sistema de subvenciones públicas, se renueve el viejo parque móvil por uno moderno dotado de las últimas tecnologías, entre las que sin duda se encontrará la obsolescencia planificada, mediante la cual se programa su vida útil para que una vez transcurrido el período que el fabricante determine, se vuelvan inservibles. Lógico, no vaya a ser que el ingenio cubano entre de nuevo en funcionamiento y nos encontremos con un parque renovado para otros 50, 70 o 100 años; no sería...¿rentable?.


Outra posibilidade é que o goberno faga que se recrúan os controis destes automóbiles mediante duras inspeccións técnicas que obriguen aos seus propietarios a unha restauración total con pezas orixinais que obterían vía Estados Unidos a uns prezos que o botero non poderá asumir, polo que se vería obrigado a malvender o seu almendrón. Isto espertaría o capitalismo voraz capaz de chupar o sangue a un país, facendo que coleccionistas, millonarios e empresarios se fosen facendo con eles. Ata é posible que cheguen ao fin da súa existencia e desaparezan.

Otra posibilidad es que el gobierno recrudezca el control de estos automóviles mediante duras inspecciones técnicas que obliguen a sus propietarios a una restauración total con piezas originales que obtendrían vía Estados Unidos a unos precios que el botero no podrá asumir, por lo que se vería obligado a malvender su almendrón. Esto despertaría al capitalismo voraz capaz de chupar la sangre a un país, haciendo que coleccionistas, millonarios y empresarios se fueran haciendo con ellos. Hasta es posible que lleguen al fin de su existencia y desaparezcan. 



A solución que se adopte desde logo non vai ter en conta o traballo, a inventiva e o enxeño co que os cubanos lograron manter á boia estas reliquias, conseguindo unha fonte de emprego honrado que fixo que miles de persoas se gañaran a vida nun período de mega crise, á vez que garantían un importante medio de transporte nunha cidade que carece de metro e que non conta precisamente cunha das redes de transporte público mellores do mundo.

Pero, aínda que só sexa porque forman parte da cultura da Habana, porque son patrimonio nacional e verdadeiras iconas dunha cidade na que convive o contemporáneo co antigo... por favor, que non desaparezan da illa os “almendrones”.

La solución que se adopte desde luego no va a tener en cuenta el trabajo, la inventiva y el ingenio con el que los cubanos lograron mantener a flote estas reliquias, consiguiendo una fuente de empleo honrado que hizo que miles de personas se ganarán la vida en un período de mega crisis, a la vez que garantizaban un importante medio de transporte en una ciudad que carece de metro y que no cuenta precisamente con la una de las redes de transporte público mejores del mundo.

Pero, aunque sólo sea porque forman parte de la cultura de La Habana, porque son patrimonio nacional y verdaderos iconos de una ciudad en la que convive lo contemporáneo con lo antiguo... por favor… que no desaparezcan de la isla los almendrones.




8 comentarios:

  1. Me ha encantado este post... Tanto texto como imágenes. Con las ganas que tengo de ir a Cuba!!!
    Bikos Carlos

    ResponderEliminar
  2. Como siempre un reportaje completo tanto a nivel gráfico como de texto. Hoy he aprendido muchas cosas.

    ResponderEliminar
  3. Muy bueno, he visitado la Habana varias veces y el Hotel nacional es
    exquisito en todo sentido. Hermosas fotografías.
    Yvette

    ResponderEliminar
  4. Gostei demais das fotos em p&b e do texto bem feito.

    ResponderEliminar
  5. Uma viagem no tempo... Com uma narração impecável e fotos que nos remetem ao interior das almas cubanas e que nos fazem refletir sobre os homens e a história. Parabéns amigo Carlos, pela carona que nos destes até está maravilhosa ilha. Ótimo trabalho sempre!

    ResponderEliminar
  6. Preciosa mostra diste querido pais.. Cuba !! Fotos increibles e comentarios magníficos...

    ResponderEliminar
  7. Preciosa mostra! Como siempre ilustras un mundo de belleza y encanto. Haces un viaje a través del túnel del tiempo, Cristalizados en el tiempo y sumergirse en la historia y la fuerza de un pueblo.Un canto a la lucha a la fuerza y la perseverancia. Que jamás desaparecerán estas reliquias que son herencia de un pueblo.
    Un beso

    ResponderEliminar
  8. Fascynujące , pełne tajemnicy zdjęcia.Jestem pod ogromnym wrażeniem.Gabriela z Polski

    ResponderEliminar

COMENTARIOS