
ALMENDRÓN
O 22 de
decembro de 1946 o Hotel Nacional da Habana pechaba as súas portas ao público
para hospedar a algúns dos máis grandes capos da mafia norteamericana, homes de
“honra” como Lucky Luciano, Amadeo Barletta ou Meyer Lansky, que se
converterían nos responsables do monopolio do xogo dos casinos.
Lansky, xudeu
radical que a principios dos anos 30 dedicábase, á fronte da súa banda, a
perseguir e dar malleiras a membros do partido nazi, converteríase no amigo
máis íntimo que Batista ía ter na mafia dos Estados Unidos. Esta amizade e as
alianzas levadas a cabo entre eles e poderosos hostaleiros supuxeron o
nacemento de cabarés como o Sans Souci ou o Montmartre Club, e casinos e hoteis
como o Capri, o Deauville, o Riviera ou o Nacional, entre outros. Cuba convertíase
nun gran bordel e A Habana era coñecida como “a Gomorra das Antillas”.
En pleno apoxeo
do xogo, prostitución e narcotráfico, as relacións entre Lansky e Batista
debilitábanse pola alta comisión que Batista esixía das ganancias; dise que o gánster
decidiu financiar entón con armas a guerrilla de Fidel Castro, para que destituíse
a Batista e negociase con el, algo que non entrou nos plans de Fidel, polo que unha
vez gañada a revolución os seus investimentos iríanse vindo a abaixo, e o capo abandonaría
A Habana.
Parece ser que Lansky
era un home solitario, que pretendía pasar inadvertido e ao que poucas veces se
podía ver en público, pero ao que lle gustaba pasear amodo polo paseo marítimo
a bordo dun Chevrolet Impala, supoño que para relaxarse do tipo de vida que un
pode imaxinar que levaba ou para pensar tranquilamente nos seus negocios.
Hoxe na Habana se te detés nunha
das súas principais avenidas, non só te podes reencontrar cun Chevrolet Impala como o que
utilizaba Lansky, senón cun Ford Thunderbird, un Plymouth, un Oldsmobile, un Buick,
distintos modelos de Cadillac, Pontiac e, en definitiva, unha variedade exquisita de coches dos anos
50, a maioría de orixe americana, que te retrotraen a eses tempos e conseguen que poidas imaxinar como era a cidade naquel
entón. Calcúlase que o parque móbil da Habana
supera a cifra de 70.000 automóbiles deste tipo, o cal ofrece a posibilidade de
presenciar un dos parques automobilísticos máis antigos do mundo, un museo ao
descuberto digno de visitar por viaxeiros
e turistas.
El 22 de diciembre
de 1946 el Hotel Nacional de la Habana cerraba sus puertas al público para
hospedar a algunos de los más grandes capos de la mafia norteamericana, hombres
de “honor” como Lucky Luciano, Amadeo Barletta o Meyer Lansky, que se convertirían
en los responsables del monopolio del juego de los casinos.
Lansky, judío
radical que a principios de los años 30 se dedicaba, al frente de su banda, a
perseguir y dar palizas a miembros del partido nazi, se convertiría en el amigo
más íntimo que Batista iba a tener en la mafia de los Estados Unidos. Esta
amistad y las alianzas llevadas a cabo entre ellos y poderosos hosteleros supusieron
el nacimiento de cabarets como el Sans Souci o el Montmartre Club, y casinos y
hoteles como el Capri, el Deauville, el Riviera o el Nacional, entre otros.
Cuba se convertía en un gran burdel y La Habana era conocida como “la Gomorra
de las Antillas”.
En pleno apogeo
del juego, la prostitución y el narcotráfico, las relaciones entre Lansky y
Batista se debilitaban por la alta comisión que Batista exigía de las
ganancias; se dice que el gánster decidió financiar entonces con armas a la
guerrilla de Fidel Castro, para que destituyera a Batista y negociara con él,
algo que no entró en los planes de Fidel, por lo que una vez ganada la
revolución sus inversiones se irían desmoronando, y el capo abandonaría La
Habana.
Parece ser que Lansky
era un hombre solitario, que pretendía pasar inadvertido y al que pocas veces
se le podía ver en público, pero al que le gustaba pasear despacio por el malecón
a bordo de un Chevrolet Impala, supongo que para relajarse del tipo de vida que
uno se puede imaginar que llevaba o para pensar tranquilamente en sus negocios.
Hoy en la
Habana si te detienes en una de sus principales avenidas, no sólo te puedes reencontrar con un
Chevrolet Impala como el que utilizaba Lansky, sino con un Ford Thunderbird, un
Plymouth, un Oldsmobile, un Buick, distintos modelos de Cadillac, Pontiac y, en
definitiva, una variedad exquisita de
coches de los años 50, la mayoría de origen americano, que te retrotraen a esos
tiempos y consiguen que te puedas
imaginar cómo era la ciudad en aquel entonces. Se calcula que el parque móvil de la Habana supera la
cifra de 70.000 automóviles de este tipo, lo cual ofrece la posibilidad de
presenciar uno de los parques automovilísticos más antiguos del mundo, un museo
a cielo abierto digno de visitar por viajeros y turistas.
En contraposición coa ostentación de
riqueza que representaban na época dos capos,
os “almendrones”
ou máquinas, nome co que hoxe se coñecen, son un medio de subsistencia nacido
da necesidade, na década dos noventa do pasado século, cando Cuba se atopaba no
denominado “Período Especial”; un período de crise económica na que se afundiu
tras a caída do comunismo na Unión Soviética. Nese momento, o goberno cubano
autorizaba o transporte de pasaxeiros con automóbiles privados.
En contraposición con la ostentación de riqueza que
representaban en la época de los capos, los
"almendrones" o máquinas, nombre con el que hoy se conocen, son un medio de
subsistencia nacido de la necesidad, en la década de los noventa del pasado
siglo, cuando Cuba se encontraba en el denominado “Período Especial”; un
período de crisis económica en la que se hundió tras la caída del comunismo en
la Unión Soviética. En ese momento, el gobierno cubano autorizaba el transporte
de pasajeros por automóviles privados.
Algúns son
auténticas xoias que poden recoller a súa capota, fielmente restaurados e ben conservados, con
cores rechamantes e en perfecto estado de funcionamento. O seu mercado vai
dirixido aos turistas que queren pasear por diferentes zonas, e desde logo entre
elas polo paseo marítimo melena ao vento, por un prezo duns 30 CUC (peso
convertible equivalente ao dólar), a hora. Tamén son alugados para matrimonios
e festas dos quince anos, moi tradicionais en Cuba.
Algunos son
auténticas joyas descapotables, fielmente restaurados y bien conservados, con
colores llamativos y en perfecto estado de funcionamiento. Su mercado va
dirigido a los turistas que quieren pasear por diferentes zonas, y desde luego entre
ellas por el malecón melena al viento, por un precio de unos 30 CUC (peso
convertible equivalente al dólar), la hora. También son alquilados para
matrimonios y fiestas de quinceañeras, muy tradicionales en Cuba.
Pero a gran maioría non son os convertibles restaurados de xeito impecábel xa que o bloqueo (embargo americano) acabou coa posibilidade de adquirir recambios para estas antigüidades ao mesmo tempo que, e no seu lado positivo, espertou a imaxinación dos cubanos, converténdoos nos mecánicos máis enxeñosos do mundo.
Atópaste
con automóbiles cuxos motores están feitos con pezas de diferentes modelos,
marcas e épocas que obteñen en talleres clandestinos no mercado informal.
Utilizan motores diésel de plantas eléctricas, espirais metálicas de trens para
amortecedores, calquera peza de calquera máquina que poidan adaptar, e se non
as poden adaptar, fabrícanas de forma artesanal coa axuda dun torneiro.
Pero la gran
mayoría no son los descapotables impecablemente restaurados ya que el bloqueo (embargo
americano) acabó con la posibilidad de adquirir recambios para estas
antigüedades al mismo tiempo que, y en su lado positivo, despertó la
imaginación de los cubanos, convirtiéndolos en los mecánicos más ingeniosos e
inventivos del mundo.
Te encuentras
con automóviles remotorizados con piezas de diferentes modelos, marcas y épocas
que obtienen en talleres clandestinos en el mercado informal. Utilizan motores
diesel de plantas eléctricas, espirales metálicas de trenes para
amortiguadores, cualquier pieza de cualquier máquina que puedan adaptar, y si
no las pueden adaptar, las fabrican de forma artesanal con la ayuda de un
tornero.

Os seus desgastados embragues responsables de que as caixas de cambio non engrenen as velocidades, as súas direccións sen asistencia duras en extremo, as súas rodas lisas e o estado das rúas, con fochancas, buracos e todo tipo de imperfeccións, farían imposible a súa condución se non fora polos xenios dos “boteros”, que é como se coñece aos condutores dos ““almendrones””.
O ir e vir
destes automóbiles é incesante, contaminando a cidade co constante e fedorento
fume negro que brota polos seus tubos de escape.
Sus desgastados
embragues responsables de que las cajas de cambio no engranen las velocidades,
sus direcciones sin asistencia duras en extremo, sus ruedas lisas y el estado
de las calles, con baches, agujeros y
todo tipo de imperfecciones, harían
imposible su conducción si no fuera por los genios de los “boteros”, que es
cómo se conoce a los conductores de los almendrones.
El ir y venir
de estos automóviles es incesante, contaminando medioambientalmente la ciudad
con el constante y maloliente humo negro que brota por sus tubos de escape.
Son utilizados
como taxis que transportan normalmente ata 5 persoas e o condutor, 8 ou máis
nalgúns modelos e contan coa particularidade de que existen rutas fixas, polo
que o cliente non escolle o destino exacto da súa viaxe, senón que se adapta ao
percorrido do taxista, segundo as rúas polas que transcorre.
Son utilizados como taxis que transportan normalmente hasta 5 personas y el conductor, 8 o más en algunos modelos y cuentan con la particularidad de que existen rutas fijas, por lo que el cliente no escoge el destino exacto de su viaje, sino que se adapta al recorrido del taxista, según las calles por las que transcurre.
Outra
particularidade é que nunca viaxas só, xa que se trata de taxis nos que os viaxeiros
comparten os asentos con outros clientes que o botero vai recollendo ao longo
do traxecto, algo que a min paréceme marabilloso, xa que o cubano é unha persoa
moi conversadora e nos traxectos vaste decatando das murmuracións do barrio, as
súas inquietudes, os seus problemas ou preocupacións e, en definitiva, do día a
día da cidade.
Otra
particularidad es que nunca viajas sólo, ya que se trata de taxis en la que los
viajeros comparten los asientos con otros clientes que el botero va recogiendo
a lo largo del trayecto, algo que a mí me parece maravilloso, ya que el cubano
es una persona muy conversadora y en los trayectos te vas enterando de los
cotilleos del barrio, sus inquietudes, sus problemas o preocupaciones y, en
definitiva, del día a día de la ciudad.

Para subirte nun destes “almendrones”,
só tes que estender o brazo no bordo da beirarrúa ao paso dun deles e, salvo en
traxectos especialmente longos, por 10 pesos cubanos (ao redor de 45 céntimos
de euro) poderás desprazarte a outro barrio da cidade dunha forma rápida e
amena.
Para subirte en uno de estos
almendrones, sólo tienes que extender el brazo en el borde de la acera al paso
de uno de ellos y, salvo en trayectos especialmente largos, por 10 pesos
cubanos (alrededor de 45 céntimos de euro) podrás desplazarte a otro barrio de
la ciudad de una forma rápida y amena.
Coa “reconciliación” actual entre
Cuba e Estados Unidos, agora que ondea a bandeira estadounidense no paseo
marítimo, non se cal será o futuro dos “almendrones” e dos boteros nados da
penuria da crise máis dura da
historia de Cuba.
Podería xurdir unha época de bonanza
na que os recambios para estes coches se consígan de forma máis rápida e a
prezos máis accesibles para os cubanos, pero tamén é posible que, ao máis puro
estilo europeo, os Estados Unidos presten capital a Cuba con intereses que logo
terán que devolver xa se verá como, para que o goberno estableza unha especie
de plan prever no que, mediante un sistema de subvencións públicas, se troque o
vello parque móbil por un moderno dotado das últimas tecnoloxías, entre as que
sen dúbida se atopará a obsolescencia planificada, mediante a cal se programa a
súa vida útil para que unha vez transcorrido o período que o fabricante
determine, se volvan inservibles. Lóxico, non vaia a ser que o enxeño cubano
entre de novo en funcionamento e nos atopemos cun parque renovado para outros
50, 70 ou 100 anos; non sería...rendible?
Con la “reconciliación” actual entre
Cuba y Estados Unidos, ahora que ondea la bandera estadounidense en el malecón,
no sé cuál será el futuro de los almendrones y de los boteros nacidos de la
penuria de la crisis más dura de la historia de Cuba.
Podría surgir una época de bonanza
en la que los recambios para estos coches se consigan de forma más rápida y a
precios más accesibles para los cubanos, pero también es posible que, al más puro estilo europeo, los
Estados Unidos presten capital a Cuba con intereses que luego tendrán que
devolver ya se verá cómo, para que el gobierno establezca una especie de plan
prever en el que, mediante un sistema de subvenciones públicas, se renueve el
viejo parque móvil por uno moderno dotado de las últimas tecnologías, entre las
que sin duda se encontrará la obsolescencia planificada, mediante la cual se
programa su vida útil para que una vez transcurrido el período que el
fabricante determine, se vuelvan inservibles. Lógico, no vaya a ser que el
ingenio cubano entre de nuevo en funcionamiento y nos encontremos con un parque
renovado para otros 50, 70 o 100 años; no sería...¿rentable?.
Outra posibilidade é que o goberno faga
que se recrúan os controis destes automóbiles mediante duras inspeccións técnicas
que obriguen aos seus propietarios a unha restauración total con pezas
orixinais que obterían vía Estados Unidos a uns prezos que o botero non poderá
asumir, polo que se vería obrigado a malvender o seu almendrón. Isto espertaría
o capitalismo voraz capaz de chupar o sangue a un país, facendo que
coleccionistas, millonarios e empresarios se fosen facendo con eles. Ata é posible
que cheguen ao fin da súa existencia e desaparezan.
Otra posibilidad es que el gobierno
recrudezca el control de estos automóviles mediante duras inspecciones técnicas
que obliguen a sus propietarios a una restauración total con piezas originales
que obtendrían vía Estados Unidos a unos precios que el botero no podrá asumir,
por lo que se vería obligado a malvender su almendrón. Esto despertaría al
capitalismo voraz capaz de chupar la sangre a un país, haciendo que
coleccionistas, millonarios y empresarios se fueran haciendo con ellos. Hasta
es posible que lleguen al fin de su existencia y desaparezcan.
A solución que se adopte desde logo
non vai ter en conta o traballo, a inventiva e o enxeño co que os cubanos
lograron manter á boia estas reliquias, conseguindo unha fonte de emprego
honrado que fixo que miles de persoas se gañaran a vida nun período de mega
crise, á vez que garantían un importante medio de transporte nunha cidade que
carece de metro e que non conta precisamente cunha das redes de transporte público
mellores do mundo.
Pero,
aínda que só sexa porque forman parte da cultura da Habana, porque son
patrimonio nacional e verdadeiras iconas dunha cidade na que convive o
contemporáneo co antigo... por favor, que non desaparezan da illa os “almendrones”.
La solución que se adopte desde
luego no va a tener en cuenta el trabajo, la inventiva y el ingenio con el que
los cubanos lograron mantener a flote estas reliquias, consiguiendo una fuente
de empleo honrado que hizo que miles de personas se ganarán la vida en un
período de mega crisis, a la vez que garantizaban un importante medio de
transporte en una ciudad que carece de metro y que no cuenta precisamente con
la una de las redes de transporte público mejores del mundo.
Pero,
aunque sólo sea porque forman parte de la cultura de La Habana, porque son
patrimonio nacional y verdaderos iconos de una ciudad en la que convive lo
contemporáneo con lo antiguo... por favor… que no desaparezcan de la isla los
almendrones.
Me ha encantado este post... Tanto texto como imágenes. Con las ganas que tengo de ir a Cuba!!!
ResponderEliminarBikos Carlos
Como siempre un reportaje completo tanto a nivel gráfico como de texto. Hoy he aprendido muchas cosas.
ResponderEliminarMuy bueno, he visitado la Habana varias veces y el Hotel nacional es
ResponderEliminarexquisito en todo sentido. Hermosas fotografías.
Yvette
Gostei demais das fotos em p&b e do texto bem feito.
ResponderEliminarUma viagem no tempo... Com uma narração impecável e fotos que nos remetem ao interior das almas cubanas e que nos fazem refletir sobre os homens e a história. Parabéns amigo Carlos, pela carona que nos destes até está maravilhosa ilha. Ótimo trabalho sempre!
ResponderEliminarPreciosa mostra diste querido pais.. Cuba !! Fotos increibles e comentarios magníficos...
ResponderEliminarPreciosa mostra! Como siempre ilustras un mundo de belleza y encanto. Haces un viaje a través del túnel del tiempo, Cristalizados en el tiempo y sumergirse en la historia y la fuerza de un pueblo.Un canto a la lucha a la fuerza y la perseverancia. Que jamás desaparecerán estas reliquias que son herencia de un pueblo.
ResponderEliminarUn beso
Fascynujące , pełne tajemnicy zdjęcia.Jestem pod ogromnym wrażeniem.Gabriela z Polski
ResponderEliminarSin duda,esas fotografías portan vida aunque esten en blanco y negro ,me recordaron mi país tal cual,mi ciudad La habana, Tu mama no se equivoco al decirme que era un hermoso blog de fotografías 💖📹🎞
ResponderEliminar