ÚLTIMAS ENTRADAS : "ACEREDO: FASCINANTE TRISTEZA" "A REPÚBLICA DE GALIZA" "DÍA DA FOTOGRAFÍA" "KONYAKS" "FIN DE ANO". "RUTA 61: I-NASHVILLE"
gadgets para blogger

 

Aceredo: subxugante tristura (fascinante tristeza)

 

Aceredo é un antigo pobo do concello de Lobios na provincia de Ourense que, xunto con outros catro (A Reloeira, Buscalque, Lantemil e O Bao) quedaron mergullados baixo as augas o 8 de xaneiro de 1992, grazas a un convenio que anos atrás, alá polos anos 60, asinaron os ditadores Francisco Franco e Salazar para a construción do encoro do Alto Lindoso, entre as fronteiras de España e Portugal.

 

Aceredo es un antiguo pueblo del ayuntamiento de Lobios en la provincia de Ourense que, junto con otros cuatro (A Reloeira, Buscalque, Lantemil y O Bao) quedaron sumergidos bajo las aguas el 8 de enero de 1992, gracias a un convenio que años atrás, allá por los años 60, firmaron los ditadores Francisco Franco y Salazar para la construcción del embalse del Alto Lindoso, entre las fronteras de España y Portugal.

Ese día a hidroeléctrica portuguesa EDP pechou as súas comportas, enchendo a represa e asolagando estes pobos, obrigando a uns 250 poboadores a abandonar as súas casas e as súas hortas, as súas tendas e os seus cabazos, o seu camposanto...as súas orixes, as súas raíces.

 

Ese día la hidroeléctrica portuguesa EDP cerró sus compuertas, llenando la presa y anegando estos pueblos, obligando a unos 250 habitantes a abandonar sus casas y sus huertas, sus tiendas y sus hórreos, su cementerio...sus orígenes, sus raíces.

A veciñanza, apoiada por partidos de esquerda, opúxose fortemente, organizando soadas protestas, revoltas e ata folgas de fame que remataron con movilizacións dos anti-disturbios coas súas respectivas cargas policiais. Veciñas e veciños defendéronse trancando con vigas as portas da igrexa e guindando pedras desde o campanario.

 

La vecindad, apoyada por partidos de izquierda, se opuso fuertemente, organizando sonadas protestas, revueltas y hasta huelgas de hambre que finalizaron con *movilizaciones de los antidisturbios con sus respectivas cargas policiales. Vecinas y vecinos se defendieron atrancando con vigas las puertas de la iglesia y arrojando piedras desde el campanario.

 

Pero ao final chegaron as expropiacións forzosas cos seus estipulados “Prezos xustos” de miseria, a cambio de exterminar unha raza única de laranxeira, un vizoso e fermoso val, un río troiteiro, unha historia e toda unha vida, amais de negarlle a estes núcleos e a Galiza, a capacidade para aproveitar a súa riqueza, mentres outras zonas do estado español se industrializaban. 

 

Pero al final llegaron las expropiaciones forzosas con sus estipulados “Precios justos” de miseria, a cambio de exterminar una raza única de naranja, un fértil y hermoso valle, un río truchero, una historia y toda una vida, además de negarle a estos núcleos y a Galicia, la capacidad para aprovechar su riqueza, mientras otras zonas del estado español se industrializaban. 

 

É incríbel que Galiza non reciba contraprestación ningunha pola ocupación do espazo, o forte dano socioeconómico e o impacto medioambiental xerado; nin tan sequera chegou a bo porto a reivindicación de que a compañía lusitana pague o IBI das localidades afectadas polo encoro, a pesar que o tema debateuse no Senado, a través dunha pregunta presentada polo, naquel entón, senador do BNG (Bloque Nacionalista Galego) Xosé Manuel Pérez Bouza. 

 

Es increíble que Galicia no reciba contraprestación alguna por la ocupación del espacio, el fuerte daño socioeconómico y el impacto medioambiental generado; ni tan siquiera llegó a bueno puerto la reivindicación de que la compañía lusitana pague el IBI de las localidades afectadas por el embalse, a pesar que el tema se debatió en el Senado, a través de una pregunta presentada por el aquel entonces, senador del BNG (Bloque Nacionalista Galego) Xosé Manuel Pérez Bouza. 

Como Galiza produce electricidad con excedentes, o BNG vén reivindicando unha tarifa eléctrica galega que beneficie aos consumidores e estimule a creación de novas industrias, pero socialistas e populares votaron en contra a súa proposición de lei. Mentres parte da poboación galega vive na pobreza enerxética, países como Alemania ou o Reino Unido manteñen tarifas diferentes para zonas produtoras.

 

Como Galicia produce electricidad con excedentes, el BNG viene reivindicando una tarifa eléctrica gallega que beneficie a los consumidores y estimule la creación de nuevas industrias, pero socialistas y populares votaron en contra su proposición de ley. Mientras parte de la población gallega vive en la pobreza energética, países como Alemania o el Reino Unido mantienen tarifas diferentes para zonas productoras.

A auga chegou a coller por sorpresa a varios veciños que se resistían a deixar atrás o legado dos seus devanceiros, a perder as súas raíces e coa esperanza de que a auga non lles chegase, mentres persoas non afectadas pola construción do encoro manifestan que a expropiación foi unha bendición.


Desde entón a lembranza daqueles pobos foise esvaecendo, aínda que de cando en vez, con niveis baixos da auga, asomen os tellados das súas casas. Este mes de xaneiro de 2022, tres décadas despois, quedaron ao descuberto restos das súas construcions de pedra cos seus tellados bastante ben conservados, postes da luz, marcos e portas de madeira, un coche, zapatos e outros obxectos e ata unha fonte que aínda emana auga.

 

El agua llegó a coger por sorpresa a varios vecinos que se resistían a dejar atrás el legado de sus ancestros, a perder sus raíces y con la esperanza de que el agua no les llegara, mientras personas no afectadas por la construcción del embalse manifiestan que la expropiación fue una bendición.

 

Desde entonces el recuerdo de aquellos pueblos fue desapareciendo, aunque de vez en cuando, con niveles bajos del agua, asomen los tejados de sus casas. Este mes de enero de 2022, tres décadas después, quedaron al descubierto restos de sus construcciones de piedra con sus tejados bastante bien conservados, postes de la luz, marcos y puertas de madera, un coche, zapatos y otros objetos e incluso una fuente que aún emana agua.



Unha paisaxe subxugante pero chea de tristura renace das augas para lembrarnos a historia de Aceredo.

 

Un paisaje fascinante pero lleno de tristeza renace de las aguas para recordarnos la historia de Aceredo.

 







































No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMENTARIOS