ÚLTIMAS ENTRADAS : "RUTA 61-I: NASHVILLE". "RUTA 61-II: JACKSON". "RUTA 61-III: BROWNSVILLE". "RUTA 61-IV: MEMPHIS"
gadgets para blogger
Romaría da Virxe do Faro

Nun enclave místico das entrañas de Galiza atópase a Serra do Faro, que divide as provincias de Pontevedra e Lugo e cuxo punto máis alto é o Monte Faro, que supera os 1100 m. de altitude, desde onde poden albiscarse territorios pertencentes ás catro provincias de Galiza. 

En un enclave místico de las entrañas de Galicia se encuentra la Sierra del Faro, que divide las provincias de Pontevedra y Lugo y cuyo punto más alto es el Monte Faro, que supera los 1100 m. de altitud, desde donde pueden vislumbrarse territorios pertenecientes a las cuatro provincias de Galicia. 
Aquí atópase a ermida da Nosa Señora, que enaltece á Virxe do Faro, de gran devoción na zona e en Galiza en xeral. Levantouse no S.XVII sobre os restos de anteriores templos, o primeiro deles, posiblemente de orixe pagá. 

Aquí se encuentra la ermita de Nuestra Señora, que enaltece a la Virgen del Faro, de gran devoción en la zona y en Galicia en general. Se levantó en el S.XVII sobre los restos de anteriores templos, el primero de ellos, posiblemente de origen pagano. 
Ao carón do templo érguese un gran cruceiro coa escena da Crucifixión de Cristo. Os cruceiros son sinal de identidade do pobo galego que se levantan preto das ermidas, igrexas, cemiterios e cruces de camiños, como expresión da devoción popular. Alfonso Rodríguez Castelao, dramaturgo, debuxante, narrador, ensaísta e un dos pais do nacionalismo galego, dicía que os cruceiros son un perdón do ceo que se erixen para facerse perdoar algún pecado. 

A un lado del templo se levanta un gran crucero con la escena de la Crucifixión de Cristo. Los cruceros son señal de identidad del pueblo gallego que se levantan cerca de las ermitas, iglesias, cementerios y cruces de caminos, como expresión de la devoción popular. Alfonso Rodríguez Castelao, dramaturgo, dibujante, narrador, ensayista y uno de los padres del nacionalismo gallego, decía que los cruceros son un perdón del cielo que se erigen para hacerse perdonar algún pecado. 
Unha das romarías máis tradicionais das moitas que se celebran na Galiza acontece neste lugar o 8 de setembro, nunha fusión de festa, tradición, historia e devoción. É un día festivo no que moitas romeiras e romeiros achéganse por tradición para se reunir con amigos e familiares e compartir un xantar campestre sobre a herba ou degustar o tradicional polbo nunha das carpas habilitadas para a ocasión. 

Una de las romerías más tradicionales de las muchas que se celebran en la Galicia acontece en este lugar el 8 de septiembre, en una fusión de fiesta, tradición, historia y devoción. Es un día festivo en el que muchas romeras y romeros se acercan por tradición para reunirse con amigos y familiares y compartir un almuerzo campestre sobre la hierba o degustar el tradicional pulpo en una de las carpas habilitadas para la ocasión. 
Para outras moitas persoas trátase dun compromiso relixioso ao que non poden fallar, para participar nalgunha das procesións que se levan a cabo ou percorrer descalzas ou de xeonllos unha Via Crucis ata chegar ao cumio, pasando por varias fontes cuxas augas atribúense propiedades curativas. 

Para otras muchas personas se trata de un compromiso religioso a lo que no pueden fallar, para participar en alguna de las procesiones que se llevan a cabo o recorrer descalzas o de rodillas un Via Crucis hasta llegar a la cumbre, pasando por varias fuentes cuyas aguas se atribuyen propiedades curativas. 

Un altar ao ar libre situado enfronte da ermida permite que unha grande afluencia de fieis poida presenciar os actos litúrxicos que se celebran. 

Un altar al aire libre situado enfrente de la ermita permite que una gran afluencia de fieles pueda presenciar los actos litúrgicos que se celebran. 

Rematada a procesión, que transcorre darredor da ermida, portadoras e portadores poñen os pasos das dúas virxes enfrontados para que freguesas e fregueses pasen agachados por baixo de cada un deles. 

Finalizada la procesión, que transcurre alrededor de la ermita, portadoras y portadores ponen los pasos de las dos vírgenes enfrentados para que feligresas y feligreses pasen agachados por debajo de cada uno de ellos. 
A romaría deste pasado 8 de setembro, tivo un engadido moi especial, ao se aproveitar a celebración da misa solemne oficiada polo bispo de Lugo ás 13h. para entregar ás Virxes do Faro (nai e filla) unhas xoias confeccionadas pola veciñanza. 

La romería de este pasado 8 de septiembre, tuvo un añadido muy especial, al aprovecharse la celebración de la misa solemne oficiada por el obispo de Lugo a las 13h. para entregar a las Vírgenes del Faro (madre y hija) unas joyas confeccionadas por el vecindario. 

As xoias foron elaboradas uns meses antes no obradoiro “Unha xoia para a Virxe do Faro” organizado por Xosé Figueroa, do Pazo de Sabadelle, en colaboración co Concello de Chantada e a Fundación Pública Artesanía de Galicia, e impartido por Susi Gesto, ourive compostelá de recoñecido prestixio. O traballo colaborativo levouse a cabo por 25 persoas na Casa Losada de Xulio de Sabadelle. Estas pezas foron expostas ao público no mes de xuño con motivo da exposición que co nome de “ O tempo que ficou no olvido”, organizou Xosé no Pazo de Sabadelle

Las joyas fueron elaboradas unos meses antes en el taller “Una joya para la Virgen del Faro” organizado por Xosé Figueroa, del Pazo de Sabadelle, en colaboración con el Ayuntamiento de Chantada y la Fundación Pública Artesanía de Galicia, e impartido por Susi Gesto, orfebre compostelana de reconocido prestigio. El trabajo colaborativo se llevó a cabo por 25 personas en la Casa Losada de Xulio de Sabadelle. Estas piezas fueron expuestas al público en el mes de junio con motivo de la exposición que con el nombre de “ El tiempo que quedó en el olvido”, organizó Xosé en el Pazo de Sabadelle
Manuel Varela, alcalde de Chantada, e Susi Gesto entregaron as xoias ao bispo de Lugo en presenza dos oficiantes da celebración. As Virxes, engalanadas coas xoias, saíron en procesión e todo o mundo puido desfrutar ese momento. 

Manuel Varela, alcalde de Chantada, y Susi Gesto entregaron las joyas al obispo de Lugo en presencia de los oficiantes de la celebración. Las Vírgenes, engalanadas con las joyas, salieron en procesión y todo el mundo pudo disfrutar ese momento. 

Fermoso día para poñer en valor as tradicións e a artesanía do noso país. 

Hermoso día para poner en valor las tradiciones y la artesanía de nuestro país.


1 comentario:

  1. Cando se saben apreciar as miradas da xente tense moi adiantado o camiño na comprensión dos mitos que fan universal tódalas caras reflexadas , que...como decia o Lorca, nos doces ollos das vacas.

    ResponderEliminar

COMENTARIOS