ÚLTIMAS ENTRADAS : "ACEREDO: FASCINANTE TRISTEZA" "A REPÚBLICA DE GALIZA" "DÍA DA FOTOGRAFÍA" "KONYAKS" "FIN DE ANO". "RUTA 61: I-NASHVILLE"
gadgets para blogger

 NOMOFOBIA

Aqueles tempos nos que facer una “conferencia" telefónica requiría o desprazamento a unha das poucas centralitas existentes e realizar longas esperas, pasaron á historia coa chegada do teléfono móbil.


Foi o 3 de abril de 1973 cando o directivo da Compañía Motorola Martin Cooper, realizaba a primeira chamada desde un DynaTAC 800x, o primeiro teléfono móbil comercializado no mundo. Realizábaa desde a Sexta Avenida de Nova York e ao seu maior rival do sector.


O celular, de case 800 gramos de peso e 33 centímetros de altura por 9 de groso, tiña unha autonomía de media hora, para a que precisaba 10 horas de carga e o seu prezo actual equivalente era duns 7.200 euros.

 

Aquellos tiempos en los que hacer una “conferencia" telefónica requería el desplazamiento a una de las pocas centralistas existentes y realizar largas esperas, pasaron a la historia con la llegada  del teléfono móvil.

 

Fue el 3 de abril de 1973 cuando el directivo de la Compañía Motorola Martin Cooper, realizaba la   primera llamada desde un DynaTAC 800x, el primer teléfono móvil comercializado en el mundo. La realizaba desde la Sexta Avenida de Nueva York y a su mayor rival del sector.


El celular, de casi 800 gramos de peso y 33 centímetros de altura por 9 de grueso, tenía una autonomía de media hora, para la que precisaba 10 horas de carga y su precio actual equivalente era de unos 7.200 euros.

Durante moito tempo, serviron unicamente para realizar e recibir chamadas, até que se lles dotou da capacidade de enviar e recibir mensaxes de texto (SMS)

 

Durante mucho tiempo, sirvieron únicamente para realizar y recibir llamadas, hasta que se les dotó de la capacidad de enviar y recibir mensajes de texto (SMS)

Co paso dos anos, as pantallas evolucionaron desde o branco e negro con textos verdes e números laranxas ata os millóns de cores cunhas resolucións impresionantes.


Os teléfonos móbiles actuais dispoñen de  reloxo, blogue de notas, gps, radio, televisión, cámara de fotos, lectores de códigos de barras, etc, etc, etc. Ademais, a variedade das Apps que están a disposición dos usuarios ofrece unha amplitude de servizos inacabable. Sempre atopas unha App para todo. 


Contan tamén con acceso a internet, abríndoche as portas á información permanente do mundo e ás aditivas redes sociais. En definitiva, son ordenadores persoais, aínda que o control que se poida exercer sobre eles sexa inferior ao que se pode levar a cabo cunha computadora.

 

Con el paso de los años, las pantallas evolucionaron desde el blanco y negro con textos verdes y números naranjas hasta  los millones de colores  con unas resoluciones impresionantes.

 

Los teléfonos móviles actuales disponen de reloj, blog de notas, gps, radio, televisión, cámara de fotos, lectores de códigos de barras, etc, etc, etc. Además, la variedad  de Apps que están a disposición de los usuarios ofrece una amplitud de servicios inacabable. Siempre encuentras una App para todo. 

  

Cuentan también con acceso a internet, abriéndote las puertas a la información permanente del mundo y a las adictivas redes sociales. En definitiva, son ordenadores personales, aunque el control que se pueda ejercer sobre ellos sea inferior al que se puede llevar a cabo con una computadora. 

Toda esta tecnoloxía cambiou os usos e costumes en toda a poboación mundial e innegablemente mellorou a vida en moitos aspectos, pero tamén está a influír negativamente.

 

Toda esta tecnología cambió los usos y costumbres en toda la población mundial e innegablemente mejoró la vida en muchos aspectos, pero también está influyendo negativamente.

 

Os teléfonos intelixentes naceron coa idea de facilitar o contacto e a relación entre as persoas pero a súa utilización de maneira compulsiva está a crear o efecto contrario, xa que está demostrado que o seu uso excesivo está relacionado cun maior illamento social, problemas no traballo e conflitos con amigos e familiares.

 

Los teléfonos inteligentes nacieron con la idea de facilitar el contacto y la relación entre las personas pero su utilización de manera compulsiva está creando el efecto contrario, ya que está demostrado que su uso excesivo está relacionado con un mayor aislamiento social, problemas en el trabajo y conflictos con amigos y familiares.

 

Persoas inmersas na pantalla, camiñando pola rúa ou cruzando un paso de peóns sen atender ao tráfico; pantallas que se iluminan na iintima escuridade dun cinema para que consultar os Watsapp; parellas en bares e restaurantes, parques ou outros lugares públicos, que nin se miran nin se falan, cada un pendente do mundo particular agochado no seu móbil; comidas de amigas e amigos, nas que os móbiles semellan ser uns convidados máis, aos que frecuentemente se lles consulta durante a velada ata que, nun momento dado, os/as paparazzi comezan a disparar as súas cámaras por doquier, entre voces que reclaman compartir as imaxes con celeridade. As ditas fotos moitas veces nin se gozan, simplemente vanse acumulando nas memorias dos teléfonos até que un día acaban na papeleira de reciclaxe.

 

Personas inmersas en la pantalla, caminando por la calle o cruzando un paso de cebra  sin atender al tráfico; pantallas que se iluminan en la íntima oscuridad de un cine para que consultar los Watsapp; parejas en bares y restaurantes, parques u otros lugares públicos, que ni se miran ni  se hablan, cada uno pendiente del mundo particular escondido en su móvil; comidas de amigas y amigos,  en las que los móviles parecen unos convidados más, a los que frecuentemente se les consulta durante la velada hasta que, en un momento dado, los/las paparazzi comienzan a disparar sus  cámaras por doquier, entre voces que reclaman compartir las imágenes con celeridad. Dichas fotos muchas veces ni se disfrutan, simplemente se van acumulando en las memorias de los teléfonos hasta que un día acaban en la papelera de reciclaje.

 




Familias ignorándose no máis absoluto silencio, porque cada membro está centrado no móbil que ten entre as mans, sen compartir anécdotas dun feito, dunha película, dun espectáculo… As caricias, os bicos ou o contacto físico cada día están máis ausentes. Chegarán a desaparecer algún día?

 

Familias ignorándose en el más absoluto silencio, porque cada miembro está centrado en el móvil que tiene entre las manos, sin compartir anécdotas de un hecho, de una película, de un espectáculo… Las caricias, los besos o el contacto físico cada día están más ausentes. ¿Llegarán a desaparecer algún día?

 




Os teléfonos móbiles é certo que acompañan, pero tamén te acantoan, mergullándote na túa burbulla virtual particular, facéndote unha persoa senlleira. O verdadeiramente importante é estar pendente, non vaia a ser que non respondamos “a tempo” a un WhatsApp ou que alguén se adiante e publique algo en Instagran ou en Twiter antes ca ti.  Que frustración!!!


Los teléfonos móviles es cierto que acompañan, pero también te arrinconan, sumergiéndote en tu burbuja virtual particular, haciéndote una persona solitaria. Lo verdaderamente importante es estar pendiente, no vaya a ser que no respondamos “a tiempo” a un WhatsApp o que alguien se adelante y publique  algo en Instagran  o en  Twiter antes que tú.   ¡¡¡Que frustración!!!

  


Por outra banda, cada vez nos facemos  máis cómodos mentres o móbil vai dominando. Para que cultivar a memoria se temos un motor de procura permanente? Mesmo coa escritura, utilizando palabras recortadas do tipo de “bcs” ou “tq” ou o emprego de emoticonas, nun intento de que expresen un estado de ánimo ou unhas sensacións que cada vez custa máis traballo transmitir.

 

Por otra parte, cada vez nos hacemos más cómodos mientras el móvil va dominando. ¿Para qué cultivar la memoria si tenemos un motor de búsqueda permanente?  Incluso con la escritura , utilizando palabras recortadas del tipo de “bss” o “ tq” o el  empleo de emoticonos , en un intento de que expresen un estado de ánimo o unas sensaciones que cada vez cuesta más trabajo transmitir.

 

Unha historia real arrepiou ao mundo en 2011 e resulta imposible de crer; é a historia de Xiao   Wang, un estudante da provincia de Hunan (China) que aos 17 anos, ansioso por posuír un Iphone e non dispoñer de cartos, decide contactar cunha rede ilegal de tráfico de órganos e vender un dos seus riles por 3.000 $. Oito anos máis tarde viuse forzado a permanecer encamado e terá que pasar o resto da súa vida conectado a unha máquina de diálise.

 

Una historia real horrorizó al mundo en 2011 y resulta imposible de creer; es la historia de Xiao    Wang, un estudiante de la provincia de Hunan (China) que a los 17 años, ansioso por poseer un Iphone y no disponer de dinero, decide contactar con una red ilegal de tráfico de órganos y vender uno de sus riñones por 3.000 $. Ocho años más tarde se vio forzado a permanecer encamado y tendrá que pasar el resto de su vida conectado la una máquina de diálisis.

 

No tema laboral, os móbiles inciden tamén negativamente xa que, ao dispoñer do correo, axenda, aplicacións e acceso remoto ao traballo, cada día desconectamos menos fóra do horario laboral mentres, contraditoriamente, reclamamos unhas xornadas máis reducidas.

 

En el tema laboral, los móviles inciden también negativamente ya que, al disponer del correo, agenda, aplicaciones y acceso remoto al trabajo, cada día desconectamos menos fuera del horario laboral mientras, contradictoriamente, reclamamos unas jornadas más reducidas.

 


Outro aspecto negativo e preocupante é o relacionado co tema do control das persoas. Os teléfonos móbiles envían sinais que permanentemente anuncian a localización e posibilitan a un goberno que acceda a ela, como fixo Ucraína no 2014 para obter unha lista das persoas presentes nunha manifestación anti-gobernamental. Resulta contraditorio que alguén tema que coa vacina do Covid instalen un microchip para ternos localizados, mentres a través das redes informa desa localización, ademais da súa dirección, as súas amizades, o seu físico e unha lista sen fin dos seus datos persoais con todo luxo de detalles.


Pero o máis triste e preocupante é que a un neno ou a unha nena de curta idade se lle agasalle un Smartphone co que poderá acceder sen control á información de todo tipo. 

 

Adolescentes desinformados que se expoñen a adiccións, consumo de pornografía,  visualización de vídeos de acoso escolar e todo tipo de escenas cargadas de violencia. Unha nena ou un neno pode enviar ou solicitar fotos con contido sexual (sexting) que logo circulan libremente polas redes ou enviar por Whatsapp  insultos ou ameazas (cyberbulling) ou outro tipo de mensaxes vexatorias.


Otro aspecto negativo y preocupante es el relacionado con el tema del control de las personas. Los teléfonos móviles envían señales que permanentemente anuncian la localización y posibilitan a un gobierno que acceda a ella, como hizo Ucrania en el 2014 para obtener una lista de las personas presentes en una manifestación anti-gubernamental. Resulta contradictorio que alguien tema que con la vacuna  del Covid instalen un microchip para tenernos localizados, mientras a través de las redes informa de esa localización, además de su dirección, sus amistades, su físico y una  lista sin fin de sus datos personales con todo lujo de detalles.

 

Pero el más triste y preocupante  es que a un niño o a una   niña de corta edad se le regale  un Smartphone con el que podrá acceder sin control a información de todo tipo. 

 

Adolescentes desinformados que se exponen a adicciones, consumo de pornografía,  visualización de vídeos de acoso escolar y todo tipo de escenas cargadas de violencia. Una niña o un niño puede enviar o solicitar fotos con contenido sexual (sexting) que luego circulan libremente por las redes o enviar por Whatsapp  insultos o amenazas  (cyberbulling) u otro tipo de mensajes  vejatorios. 

Poden acceder a xogos virtuais como o de “A balea azul” que se difundiu no 2016 e que acabou coa vida de mozas que tentaban realizar as probas que se lles ofrecían; ou como “O Momo”, que induce a menores a autolesionarse para ir avanzando niveis. Outro, chamado Fortnite, é un videoxogo entre persoas descoñecidas coas que se pode interactuar, cos riscos que iso conleva: non é difícil que unha persoa adulta gáñe a confianza dunha persoa adolescente e os xogos poidan continuar fóra da pantalla do móbil. O “grooming” é un delito que levan a cabo persoas adultas que buscan amizades pola rede con adolescentes co fin de obter información. Hai quen acaba vítima dunha chantaxe e requirida de servizos sexuais.

 

Pueden acceder a juegos virtuales como lo de “La ballena azul” que se difundió en el 2016 y que acabó con la vida de jóvenes que intentaban realizar las pruebas que se les ofrecían; o como  “El Momo”, que induce a menores a autolesionarse para ir avanzando niveles. Otro, llamado Fortnite, es un videojuego entre personas desconocidas con las que se puede interactuar, con los riesgos que eso conlleva: no es difícil que una persona adulta gane la confianza de una persona adolescente y los juegos puedan continuar fuera de la pantalla del móvil. El “grooming” es un delito que llevan a cabo personas adultas que buscan amistades por la red con adolescentes con el  fin de obtener información. Hay quien acaba víctima de un chantaje y requerida  de servicios  sexuales.

 

A realidade non é outra, a pesar de que algúns pais se desentendan de controlar a actividade online dos seus fillos ou fillas porque non lle dan a importancia que require, porque consideran que non teñen a capacidade suficiente ou co estúpido pretexto de que non queren invadir a súa privacidade.

 

La realidad no es otra, a pesar de que algunos padres se desentiendan de controlar la actividad  online de sus hijos o hijas  porque no le dan la importancia que requiere, porque consideran que no tienen la capacidad suficiente o con el estúpido pretexto de que no quieren invadir su privacidad.


Unha xestión razoable do uso do móbil faranos sentir máis libres e, polo tanto, máis felices.


Una gestión razonable del uso del móvil nos hará sentir más libres y, por tanto, más felices.

 

2 comentarios:

  1. Como siempre Carlos, pones el dedo en la herida. El uso de los móviles se ha convertido en un flagelo de nuestros días. Hace que los padres no sean responsables, deja a adultos y niños apartados, perdidos de la realidad y la belleza que nos rodea.
    Se ha perdido el sentido de lo razonable y lo correcto. Tenemos todo al alcance de un clic, un toque, un deslizamiento del dedo por la pantalla y perdemos la humanidad, el toque, el abrazo y el beso. La sensacion y la emocion. Corremos el riesgo de convertirnos en autómatas, máquinas desprovistas de sentimientos.
    Que tu mirada no se canse nunca de observar, nunca se canse de registrar y mostrarnos tanto la belleza como la fealdad del mundo.
    Gracias por este llamado de atención y por la belleza de tus imágenes, siempre presente.
    Un beso

    ResponderEliminar
  2. Me saltan dudas en tu remate del artículo: una gestión razonable del uso del celular nos hará sentir más libres y más felices. Me queda de tarea; no creo que sea así...para reflexionar!
    Saludos desde El país de las últimas cosas.

    ResponderEliminar

COMENTARIOS