ÚLTIMAS ENTRADAS : "ACEREDO: FASCINANTE TRISTEZA" "A REPÚBLICA DE GALIZA" "DÍA DA FOTOGRAFÍA" "KONYAKS" "FIN DE ANO". "RUTA 61: I-NASHVILLE"
gadgets para blogger

RUTA 61-III: BROWNSVILLE

Brownsville é unha pequeña cidade ubicada no condado de Haywood, no estadounidense de Tennessee. No censo de 2021, contaba cunha poboación de 9.807 habitantes, conformada segundo o seguinte detalle:

a) 65,8% de negros ou afroamericanos

b) 27,2% de brancos non hispanos

c) 5,09% de hispanos ou latinos 

d) 1,91% doutras razas (amerindios, asiáticos…) 

En Brownsville atópase Flagg Grove, unha pequena escola dunha soa aula á que Anna Mae Bullock asistiu na súa infancia. Anna naceu o 26 de novembro de 1939 no soto sen xanelas dun hospital no que as mulleres negras daban a luz. Esta nena chegaría a converterse nunha das grandes figuras do Rock&Roll, que pasaría á historia co nome de Tina Turner. 

Brownsville es una pequeña ciudad ubicada en el condado de Haywood, en el estadounidense de Tennessee. En el censo de 2021, contaba con una población de 9.807 habitantes, conformada según el siguiente detalle: 

a) 65,8% de negros o afroamericanos

b) 27,2% de blancos no hispanos

c) 5,09% de hispanos o latinos 

d) 1,91% de otras razas (amerindios, asiáticos…) 

En Brownsville se encuentra Flagg Grove, una pequeña escuela de una sola aula a la que Anna Mae Bullock asistió en su infancia. Anna nació el 26 de noviembre de 1939 en el sótano sin ventanas de un hospital en el que las mujeres negras daban la luz. Esta niña llegaría a convertirse en una de las grandes figuras del Rock&Roll, que pasaría a la historia con el nombre de Tina Turner. 

A escola é representativa das institucións para nenos afroamericanos que xurdiron nas zonas rurais do sur despois da Guerra Civil estadounidense. O cidadán  Benjamín Flagg  comezou a construíla no ano 1889, en terreos da súa propiedade, cando viu a necesidade de facer unha escola para nenas e nenos negros da zona. A escola pechou as súas portas na década dos 60 e no ano 2014 foi restaurada para se converter nun museo no que se exhiben indumentarias que Tina utilizou nas súas actuacións, algún dos seus discos de ouro e platino, diversos obxectos persoais e fotografías, así como os pupitres e o encerado orixinal que evocan as súas orixes.

La escuela es representativa de las instituciones para niños afroamericanos que surgieron en las zonas rurales del sur después de la Guerra Civil estadounidense. El ciudadano Benjamín Flagg comenzó a construirla en el año 1889, en terrenos de su propiedad, cuando vio la necesidad de hacer una escuela para niñas y niños negros de la zona. La escuela cerró sus puertas en la década de los 60 y en el año 2014 fue restaurada para convertirse en un museo en el que se exhiben indumentarias que Tina utilizó en sus actuaciones, alguno de sus discos de oro y platino, diversos objetos personales y fotografías, así como los pupitres y el encerado original que evocan sus orígenes.

Esta raíña do Rock converteuse desde moi nova nunha icona musical, forxando o seu éxito na década dos 80, na que acadou o cume do panorama musical. A música foi a salvación da súa dramática vida, marcada por unha infinidade de tráxicas historias, dende unha infancia infeliz, o inferno dos continuos malos tratos e abusos sexuais aos que foi sometida polo seu home Ike e a dolorosa morte de dous dos seus fillos. 

Zelma, a súa nai, farta dos ininterrompidos malos tratos e abusos do seu home, decidiu marchar, abandonando a Tina cando era unha nena de 11 anos que axudaba na recollida do algodón. 

“A miña nai adoitaba sentar na xanela da cociña os domingos mentres preparaba o xantar; un día ela xa non estaba aí, e nunca volveu”

“quería que volvese por min e esperei , pero nunca o fixo”

Esta reina del Rock se convirtió desde muy joven en un icono musical, forjando su éxito en la década de los 80, en la que alcanzó la cumbre del panorama musical. La música fue la salvación de su dramática vida, marcada por una infinidad de trágicas historias, desde una infancia infeliz, el infierno de los continuos maltratos y abusos sexuales a los que fue sometida por su marido Ike y la dolorosa muerte de dos de sus hijos. 

Zelma, su madre, harta de los ininterrumpidos maltratos y abusos de su esposo, decidió marcharse, abandonando a Tina cuando era una niña de 11 años que ayudaba en la recogida del algodón. 

“Mi madre solía sentarse en la ventana de la cocina los domingos mientras preparaba el almuerzo; un día ella ya no estaba ahí, y nunca volvió”

"Mi madre solía sentarse en la ventana de la cocina los domingos mientras preparaba la comida; un día ella ya no estaba ahí, y nunca volvió"

“quería que volviera por mí y esperé , pero nunca lo hizo”

Anna e a súa irmá quedaron baixo o acubillo do seu pai, quen dous anos despois, namórase doutra muller e tamén as abandona. 

Aos 18 anos, froito dun breve amorío co saxofonista Raymond Hill, nace Craig, o seu primeiro fillo, quen se suicidaría o 4 de xullo de 2018, á idade de 59 anos. 

“Hoxe é ou meu día máis triste como nai; finalmente despedinme do meu fillo, Craig Raymond Turner, cando axuntéi á miña familia para aventar as cinzas pola costa de California. Tiña 59 anos cando finou traxicamente, pero sempre será ou meu bebé”

Dous anos máis tarde nace Ronald Renelle Turner (Ronnie), da súa relación con Ike, co que posteriormente casaría. Ronnie morre de cancro no 2022, aos 62 anos de idade. 

“Roonie, deixaches este mundo demasiado cedo. Con dor pecho os ollos e penso en ti, o meu amado fillo” 

Ademais dos fillos biolóxicos, afillou a dous dos que Ike tivo con Lorraine Taylor: Ike Jr e Michael. 

Anna y su hermana quedaron bajo el cobijo de su padre, quien dos años después, se enamora de otra mujer y también las abandona. 

A los 18 años, fruto de un breve romance con el saxofonista Raymond Hill, nace Craig, su primer hijo, que se suicidaría el 4 de julio de 2018, a la edad de 59 años. 

“Hoy es mi día más triste como madre; finalmente me despedí de mi hijo, Craig Raymond Turner, cuando reuní a mi familia para aventar las cenizas por la costa de California. Tenía 59 años cuando falleció trágicamente, pero siempre será mi bebé” 

Dos años más tarde nace Ronald Renelle Turner (Ronnie), de su relación con Ike, con el que posteriormente se casaría. Ronnie muere de cáncer en el 2022, a los 62 años de edad. 

“Roonie, dejaste este mundo demasiado temprano. Con dolor cierro los ojos y pienso en ti, mi amado hijo” 

Además de los hijos biológicos, adoptó a dos de los que Ike tuvo con Lorraine Taylor: Ike Jr y Michael. 

Xa era coñecida como Tina, cando en 1962, para a súa malura, cruzaba a fronteira mexicana para casar en Tijuana con Ike Turner. Antes, durante e despois da súa voda Tina foi vítima dunha dolorosa historia de malos tratos físicos e psicolóxicos. Para Ike só era un valioso investimento que podería achegarlle moito diñeiro. 

“El estaba a tratar de escapar dunha situación difícil cunha ex esposa que en canto se decatou de que tiñamos un disco de éxito quixo conseguir algo de diñeiro del”

“Adiviñade onde fomos? A un bordel… na miña noite de vodas! Nunca, nunca lle contei esta historia a ninguén porque eu tamén estaba desconcertada”

Ya era conocida como Tina, cuando en 1962, para su desgracia, cruzaba la frontera mexicana para casar en Tijuana con Ike Turner. Antes, durante y después de su boda Tina fue víctima de una dolorosa historia de maltratos físicos y psicológicos. Para Ike solo era una valiosa inversión que podría aportarle mucho dinero.

 “Él estaba tratando de escapar de una situación difícil con una ex esposa que en cuanto se enteró de que teníamos un disco exitoso quiso conseguir algo de dinero de él”

 “Adivinad donde fuimos? A un burdel… en mi noche de bodas! Nunca, nunca le conté esta historia a nadie porque yo también estaba desconcertada”

Ike era un adicto á cocaína e unha persoa tremendamente violenta que foi diagnosticada de trastorno bipolar. 

"Os beizos crebados, os ollos morados, as articulacións dislocadas, os ósos rotos e o tormento psicolóxico convertéronse en parte da vida cotiá”

Ike era un adicto a la cocaína y una persona tremendamente violenta que fue diagnosticada de trastorno bipolar. 

"Los labios rotos, los ojos morados, las articulaciones dislocadas, los huesos rotos y el tormento psicológico se convirtieron en parte de la vida cotidiana” 

Anna iniciou a súa carreira musical a finais da década dos 50, como integrante de Kings of Rhythm, o grupo musical que dirixía Ike Turner. O seu primeiro gran éxito foi en 1960, co tema “A Fool in Love”, co que debutou como Tina Turner, coma un dos membros da banda musical Ike&Tina Turner. 

Outros éxitos dos anos 60 foron “Poor Fool” ou o “River Deep-Mountain High”, cuxo éxito no Reino Unido abriu unha xira dos Rolling Stones en 1966. 

Anna inició su carrera musical a finales de la década de los 50, como integrante de Kings of Rhythm, el grupo musical que dirigía Ike Turner. Su primer gran éxito fue en 1960, con el tema “A Fool in Love”, con el que debutó como Tina Turner, como uno de los miembros de la banda musical Ike&Tina Turner. 

Otros éxitos de los años 60 fueron “Poor Fool” o el “River Deep-Mountain High”, cuyo éxito en el Reino Unido abrió una gira de los Rolling Stones en 1966. 

Unha depresión no ano 1968 levouna a tentar suicidarse: 

“En 1968, estaba tan deprimida e abatida que non podía pensar con claridade. Unha noite, antes de prepararme para saír ao escenario, tentei suicidarme tomando 50 pastillas para durmir”

Una depresión en el año 1968 la llevó a intentar suicidarse: 

“En 1968, estaba tan deprimida y desolada que no podía pensar con claridad. Una noche, antes de prepararme para salir al escenario, intenté suicidarme tomando 50 pastillas para dormir” 

A principios dos 70 fixo unha versión do tema “Proud Mary”, que John Fogerty escribira para a banda Creedence Clearwater Revival. A súa versión, máis dinámica e cun son máis funk que a orixinal de Creedence, foi un punto de inflexión na súa carreira; converteuse nun éxito mundial e segue a ser unha das cancións máis coñecidas da música rock. Aínda que foi producida por Ike Turner, converteuse nun dos maiores éxitos de Tina en solitario. 

A principios de los 70 hizo una versión del tema “Proud Mary”, que John Fogerty había escrito para la banda Creedence Clearwater Revival. Su versión, más dinámica y con un son más funk que la original de Creedence, fue un punto de inflexión en su carrera; se convirtió en un éxito mundial y sigue siendo una de las canciones más conocidas de la música rock. Aunque fue producida por Ike Turner, se convirtió en un de los mayores éxitos de Tina en solitario. 

https://youtu.be/T2T5_seDNZE?se=YC8T-ec4YfXKLdFl

Outros moitos éxitos en Estados Unidos e Europa marcaron a súa carreira musical, ademais das súas irrupcións na gran pantalla, entre outras “Tommy”, unha ópera rock irreverente na que Tina era a Raíña Aceda que despachaba LSD, ou “Mad Max, máis aló da cúpula do trono”, coa que gañou o premio Image á mellor actriz.

En xullo de 1976, con 36 anos, sepárase de Ike e solicita o divorcio que se produciría dous anos despois. Ike falece en decembro de 2007 dunha sobredose de cocaína.

Otros muchos éxitos en Estados Unidos y Europa marcaron su carrera musical, además de sus irrupciones en la gran pantalla, entre otras “Tommy”, una ópera rock irreverente en la que Tina era la Reina Ácida que despachaba LSD, o “Mad Max, más allá de la cúpula del trueno”, con la que ganó el premio Image a la mejor actriz. 

En julio de 1976, con 36 años, se separa de Ike y solicita el divorcio que se produciría dos años después. Ike fallece en diciembre de 2007 de una sobredosis de cocaína.

Tras 54 anos de carreira Tina retírase definitivamente no ano 2013. Renuncia á nacionalidade estadounidense, casa con Erwin Bach, produtor discográfico suízo, tras 27 anos de relación, e acada a nacionalidade suiza. 

Tras 54 años de carrera Tina se retira definitivamente en el año 2013. Renuncia a la nacionalidad estadounidense, se casa con Erwin Bach, productor discográfico suizo, tras 27 años de relación, y adquiere la nacionalidad suiza. 

Nese mesmo ano tivo un derrame cerebral que a obrigou a aprender a camiñar de novo e tres anos despois diagnosticáronlle cancro de intestino e unha insuficiencia renal pola que tivo que someterse a diálese. Inscribiuse na Organización Internacional Exit, que avoga pola eutanasia e o suicidio voluntario, e no ano 2017 sométese a un transplante de ril. 

Entre os seus moitos recoñecementos destacan os numerosos nomeamentos aos premios Grammy, recibindo o galardón en varias ocasións; Rolling Stone clasificouna entre os 100 mellores artistas de todos os tempos e tamén entre os 100 mellores cantantes; recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood e outra no Paseo da Fama de St. Louis e foi incluída no Salón da Fama do Rock and Roll con Ike Turner en 1991, e no 2021 como solista. 

En ese mismo año tuvo uno derrame cerebral que la obligó a aprender a caminar de nuevo y tres años después le diagnosticaron cáncer de intestino y una insuficiencia renal por la que tuvo que someterse la diálisis. Se inscribió en la Organización Internacional Exit, que aboga por la eutanasia y el suicidio voluntario, y en el año 2017 se somete la un trasplante de riñón. 

Entre sus muchos reconocimientos destacan los numerosos nombramientos a los premios Grammy, recibiendo el galardón en varias ocasiones; Rolling Stone la clasificó entre los 100 mejores artistas de todos los tiempos y también entre los 100 mejores cantantes; recibió una estrella en el Paseo de la Fama de Hollywood y otra en el Paseo de la Fama de St. Louis y fue incluida en el Salón de la Fama del Rock and Roll con Ike Turner en 1991, y en el 2021 como solista. 

Cohabitou con Erwin Bach en Suiza ata o seu falecemento no ano 2023, á idade de 83 anos. 

A súa dramática vida non foi quen de riparlle a enerxía nin o eterno sorriso a esta forte e podente señora que foi un exemplo de superación das mulleres maltratadas. 

«A xente pensa que a miña vida foi dura, pero creo que foi unha viaxe marabillosa».

Cohabitó con Erwin Bach en Suiza hasta su fallecimiento en el año 2023, a la edad de 83 años. 

Su dramática vida no fue quien de arrancarle la energía ni la eterna sonrisa la esta fuerte y pudiente señora que fue un ejemplo de superación de las mujeres maltratadas. 

«La gente piensa que mi vida fue dura, pero creo que fue un viaje maravilloso». 

Xusto á beira do museo de Tina atópase aberta ao público unha humilde cabana de madeira de dúas habitacións, que foi na que viviu John Adam Estes. Ao visitala podes imaxinar as condicións nas que viviu. 

Foi un guitarrista, compositor e vocalista de blues que naceu nas aforas de Ripley, Tennessee, o 25 de xaneiro de 1889, aínda que algúns autores cífrano no mesmo día de 1904.  

Foi coñecido por Sleepy John Estes porque semella quedaba durmido nas súas actuacións, nos momentos máis inoportunos. Díse que esta somnolencia debíase a un problema de presión arterial que sufriu toda a súa vida. 

“Dixéronme que tiña sono pero nunca me perdín unha nota”

Justo al lado del museo de Tina se encuentra abierta al público una humilde cabaña de madera de dos habitaciones, que fue en la que vivió John Adam Estos. Al visitarla puedes imaginar las condiciones en las que vivió. 

Fue un guitarrista, compositor y vocalista de blues que nació en las afueras de Ripley, Tennessee, el 25 de enero de 1889, aunque algunos autores lo cifran en el mismo día de 1904. 

Fue conocido por Sleepy John Estes porque parece que se quedaba dormido en sus actuaciones, en los momentos más inoportunos. Se dice que esta somnolencia se debía a un problema de presión arterial que sufrió toda su vida.

“Me dijeron que tenía sueño pero nunca me perdí una nota”

O seu amor pola música vénlle de neno, cando o seu pai ensinoulle os primeiros acordes nun instrumento de fabricación caseira que el mesmo lle construíu, e chegou a ser un dos grandes pioneiros do blues, fundamental no establecemento do son Country Blues.

Sendo moi novo trasladouse a Brownsville e en 1919 formou a súa propia banda e pouco despois uníuse ao armonicista Hammie Nixon, do que xa non se separaría ata a súa morte. Estes escoitou por primeira vez a Nixon tocando a harmónica nunha fricolada de peixe campestre, cando tiña 12 anos. Ademais de Nixon, na súa banda estiveron tamén grandes músicos como Sonny Boy Williamson (John Le), James Rachell, Charlie Pickett ou Son Bonds. 

Su amor por la música le viene de niño, cuando su padre le enseñó los primeros acordes en un instrumento de fabricación casera que él mismo le construyó, y llegó a ser uno de los grandes pioneros del blues, fundamental en el establecimiento del sonido Country Blues. 

Siendo muy joven se trasladó a Brownsville y en 1919 formó su propia banda y poco después se unió al harmonicista Hammie Nixon, del que ya no se separaría hasta su muerte. Estes escuchó por primera vez a Nixon tocando la armónica en una fritura de pescado campestre, cuando tenía 12 años. Además de Nixon, en su banda estuvieron también grandes músicos cómo Sonny Boy Williamson (John Lee), James Rachell, Charlie Pickett o Son Bonds. 

No 1929 gravou por primeira vez para Victor Records en Memphis. A crítica bautizou o estilo de Estes e a súa banda como Escola de Brownsville, obtivo gran popularidade e chegou a gravar un gran número de discos. 

Cando era pequeno perdeu o seu ollo dereito nun accidente e co paso dos anos o seu outro ollo foise deteriorando ata quedar completamente cego. Asentouse en Memphis, onde chegou a vivir de forma miserábel nunha cabana sen luz nin auga.

Na década dos 60 foi redescuberto polo bluesman Big Joe Williams e actuou nos festivais de blues máis importantes do mundo, chegando a ser moi coñecido en Europa e Xapón.

En 1929 grabó por primera vez para Victor Records en Memphis. La crítica bautizó el estilo de Estes y su banda como Escuela de Brownsville, obtuvo gran popularidad y llegó a grabar un gran número de discos. 

Cuando era pequeño perdió su ojo derecho en un accidente y con el paso de los años su otro ojo se fue deteriorando hasta quedar completamente ciego. Se asentó en Memphis, donde llegó a vivir de forma miserable en una cabaña sin luz ni agua.

En la década de los 60 fue redescubierto por el bluesman Big Joe Williams y actuó en los festivales de blues más importantes del mundo, llegando a ser muy conocido en Europa y Japón.

Estes coa guitarra e Nixon coa súa harmónica cantaban nas rúas, en clubs e festivais e, en definitiva, en calquera espazo que os acollese. Gravaron xuntos pouco antes de empezar a primeira xira que os levaría por Xapón no verán de 1974, nos que serían os primeiros concertos de blues que se fixeron nese país, soamente precedidos por BB King. 

Sleepy John Estes finou o 5 de xuño de 1977 en Brownsville mentres preparaba outra xira europea, e Hammie Nixon o 17 de agosto de 1984, deixándonos orfos da súa música. 

Estes con la guitarra y Nixon con su harmónica cantaban en las calles, en clubes y festivales y, en definitiva, en cualquier espacio que los acogiera. Grabaron juntos poco antes de empezar la primera gira que los llevaría por Japón en verano de 1974, en los que serían los primeros conciertos de blues que se hicieron en ese país, solamente precedidos por BB King. 

Sleepy John Estes falleció el 5 de junio de 1977 en Brownsville mientras preparaba otra gira europea, y Hammie Nixon el 17 de agosto de 1984, dejándonos huérfanos de su música.

Estes tiña un estilo moi persoal, poético e lamentoso que Big Bill Broonzy describiu como “chorando de blues”. Os seus temas trataban as experiencias persoais da súa vida, os problemas cotiáns, os escasos praceres da vida en Brownsville ou a existencia mediocre da vida nunha comunidade agrícola pobre. Un dos seus temas máis coñecidos, “Floating Bridge Blues”, describe unha experiencia próxima á morte que tivo como consecuencia dun accidente e, na canción Stone Blind” fala sobre a súa perda de visión.  

Moitos dos seus temas foron versionados por músicos da talla de Eric Clapton, Elvis Presley ou Muddy Waters.

Estes tenía un estilo muy personal, poético y lamentoso que Big Bill Broonzy describió como “llorando de blues”. Sus temas trataban las experiencias personales de su vida, los problemas cotidianos, los escasos placeres de la vida en Brownsville o la existencia mediocre de la vida en una comunidad agrícola pobre. Uno de sus temas más conocidos, “Floating Bridge Blues”, describe una experiencia próxima a la muerte que tuvo a consecuencia de un accidente y, en la canción Stone Blind” habla sobre su pérdida de visión. 

Muchos de sus temas fueron versionados por músicos de la talla de Eric Clapton, Elvis Presley o Muddy Waters. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMENTARIOS